Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Plan Removete Galicia

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

o Instituto Galego de Promoción Económica ( IGAPE) ven de publicar no DOGA  unha subvención a fondo perdido para a adquisición de vehículos co obxetivo de Incentivar a modernización de vehículos nas pemes e autónomos e aos particulares.

BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios das axudas:

a) Persoas físicas con residencia en Galicia á data de adquisición do vehículo obxecto das axudas.

b) Autónomos e pemes que cumpran os requisitos de pequena e mediana empresa según Regulamento 800/2008 domiciliadas ou con algún centro de actividade en Galicia á data de adquisición do vehículo obxecto das axudas.


 REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Serán subvencionables as operacións de compravenda de vehículos nunha entidade colaboradora formalizadas desde o día 1 de agosto de 2010 ata o 15 de decembro de 2010 ou, en todo caso, ata o esgotamento do orzamento asignado, nas que os compradores cumpran as seguintes condicións:

Para pemes e autónomos:

a) Adquirir un vehículo novo ou matriculado orixinalmente en Galicia con menos de dous anos de antigüidade, categoría M1 (emisións de CO2 non superiores a 149gr/Km) e cun  custo non superior a 30.000 €.

b) Ou ben un vehículo comercial lixeiro novo ou matriculado en Galicia con menos de dous anos de antigüidade, categoría N1, con Masa Máxima Autorizada non superior a 3.5 Tm. e pouco contaminante (emisión non superior a 160 g/km de CO2) e cun custo non superior a 30.000 €. O vehículo adquirido deberá matricularse en Galicia.

c) Entregar para achatarramento un vehículo antigo, con antigüidade superior a 10 anos ou máis de 250.000 kms, propiedade da empresa ou autónomo

d) Achegar para adquisición do vehículo unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

• Para persoas físicas:

a) Adquirir un turismo novo ou matriculado orixinalmente en Galicia con menos de dous anos de antigüidade, categoría M1 pouco contaminante (emisión non superior a 149 g/km de CO2) e cun custo non superior a 30.000 €.

b) Ou ben un vehículo comercial lixeiro novo ou matriculado en Galicia con menos de dous anos de antigüidade, categoría N1, con Masa Máxima Autorizada non superior a 3.5 Tm. e pouco contaminante (emisión non superior a 160 g/km de CO2) e cun custo non superior a 30.000 €. O vehículo adquirido deberá matricularse en Galicia.

c) Entregar para achatarramento un vehículo antigo, con antigüidade superior a 10 anos ou máis de 250.000 kms., propiedade da persoa que realiza a compravenda.

Non serán subvencionables as operacións de substitución de vehículos que puideran levar a cabo os propios establecementos de venda de vehículos, para automatriculación ou con calquera outro fin.

CONTÍA DAS AXUDAS
A contía das axudas non excederá do 20% dos custos subvencionables para o caso de pequenas empresas e do 10% para o caso de medianas empresas, sen que en ningún caso superen:

a) 500 € na adquisición dun turismo M1 cuxo custo non alcance os 10.000€, IVE engadido
b) 700 € cando o turismo M1 a adquirir teña un custo entre 10.000 e 30.000€, IVE engadido
c) 1.000 € na adquisición dun vehículo categoría N1, salvo no caso indicado no epígrafe seguinte.
d) 1.500 € cando o vehículo a adquirir sexa un vehículo categoría N1, e sexa adquirido por unha PEME ou autónomo cuxa actividade principal se desenvolva nos sectores da pesca, agroindustrial, téxtil - confección, naval e industria auxiliar, transformación da madeira, rochas ornamentais, audiovisual ou turismo. (Os epígrafes correspondentes son os listados no anexo IV, as empresas que acrediten mediante alta no IAE algunha destas actividades, deberán ter sido dadas de alta na mesma con anterioridade ao 1 de agosto de 2010).

Para o cómputo do custo do automóbil incluirase a base impoñible e o IVE, pero non a axuda do Igape nin outras axudas de organismos ou institucións públicas ou privadas establecidas no Real Decreto 898/2009 do 22 de maio.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes comezará aos sete días naturais desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (data de publicación: 3-agosto-2010 ) e rematará o 15 de decembro de 2010.

PLAN REMOVETE 2010

CORRECCIÓN ERROS PLAN REMOVETE 2010


 

 

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
11/08/2010 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina