Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Plan Renove de Electrodomésticos,

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativas ao Plan Renove de Electrodomésticos, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se convocan as ditas axudas.

A sensibilidade especial que para a cidadanía está a ter o uso racional da enerxía incidiu de forma importante no enfoque das administracións públicas, que unanimemente están a actuar neste campo, prestando o seu apoio ás iniciativas que sobre aforro e eficiencia enerxética se están a desenvolver na actualidade.

O Instituto Enerxético de Galicia contén xa na súa lei de creación, Lei 3/1999, do 11 de marzo, unha referencia expresa ao fomento destas actividades, concretada a través do impulso das iniciativas e programas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, á mellora do aforro e a eficiencia enerxética, ao fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, á óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia. Igualmente prevé a participación na xestión e prestación de servizos noutros campos sinérxicos ao enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.

En consonancia con todo isto, o Consello de Ministros, con data do 20 de xullo de 2007, aprobou un Plan de Acción para o período 2008-2012, para o desenvolvemento da Estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España 2004-2012 (PAE4+), cumprindo así cos compromisos internacionais na materia.

Para o desenvolvemento dos referidos plans, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) deseñaron mecanismos de colaboración con todas as comunidades autónomas que faciliten a articulación das medidas en todo o territorio estatal, tendo en consideración, ademais, as necesidades e obxectivos de cada comunidade en razón ás súas propias peculiaridades e ao seu ámbito competencial. Neste sentido, asinouse entre o IDAE e o Instituto Enerxético de Galicia, con data 3 de xullo de 2008, o convenio de colaboración para a execución das actuacións de aforro e eficiencia enerxética establecidas no marco do plan de acción 2008-2012 da Estratexia de aforro e eficiencia enerxética (PAE4+).

No caso de Galicia, segundo o plan de traballo do PAE4+, 2011, aprobado polo Consello da Xunta o 28 de xullo de 2011, a cantidade asignada para esta actuación cífrase en 1.800.000 euros.

Como un dos órganos encargado de desenvolver a política enerxética da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia considera de máximo interese potenciar as actuacións de renovación de elementos domésticos que supoñan un aforro enerxético significativo en Galicia

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a reducir o consumo de enerxía eléctrica no sector doméstico, a través da substitución de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas, fornos e placas de indución e de gas por equipamentos con etiquetaxe enerxética de clase A ou superior segundo o establecido no artigo 3, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2011.

Artigo 2. Réxime das subvencións.

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.

2. As subvencións reguladas nesta resolución totalizan un orzamento de 1.800.000 euros que se distribúe por anualidades do seguinte xeito: 300.000 euros en 2011 e 1.500.000 euros en 2012, tramitándose este último como expediente anticipado de gasto. O total do orzamento destas subvencións, 1.800.000 euros, impútase á conta contable 6565001 e está financiado ao 100% con fondos procedentes do convenio de colaboración subscrito entre o IDAE e o Inega con data do 3 de xullo de 2008, dentro do Plan de Acción 2008-2012 (PAE4+) da Estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España.

3. As axudas reguladas nesta resolución, agás aquelas cuxos beneficiarios sexan particulares, entidades e institucións sen ánimo de lucro que non poidan levar a cabo actividades económicas que repercutan en terceiros, encóntranse sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento comunitario número 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379, 28.12.2006), en virtude do cal a contía global de axudas de minimis non poderá superar o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Polo que respecta ás axudas ás empresas que operan no sector do transporte por estrada, este límite debería fixarse en 100.000 euros. A axuda total de minimis concedida a unha empresa redúcese a 30.000 euros para as empresas do sector pesqueiro, de acordo co establecido no Regulamento (CE) 875/2007, do 24 de xullo (DOUE 25.7.2007) e a 7.500 euros para as empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas, de acordo co establecido no Regulamento (CE) 1535/2007, do 20 de decembro (DOUE 21.12.2007). Estes límites aplicaranse independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido nos mencionados regulamentos.

Artigo 3. Actuacións e gastos subvencionables e contía das axudas.

1. O obxectivo deste plan é mellorar a eficiencia enerxética a través da substitución de electrodomésticos por outros con etiqueta A ou superior. No caso de cociñas, inclúese a substitución de placas eléctricas convencionais ou vitrocerámicas por placas de indución ou placas de gas.

Os electrodomésticos subvencionables son os seguintes:

Electrodomésticos subvencionables

Importe da axuda (€/equipamento)

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A++

125

Conxelador con clasificación enerxética A++

 

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A+

105

Conxelador con clasificación enerxética A+

 

Lavadora termoeficiente de clase enerxética A e eficacia de lavado A

 

Lavadora con clasificación enerxética A, eficacia de lavado A e consumo enerxético igual ou inferior a 170 Wh/kg

 

Lavalouza termoeficiente de clase enerxética A e eficacia de lavado A

 

Lavalouza clase enerxética A, eficacia de lavado A e consumo enerxético ≤ 0,98 kWh/ciclo

 

Placa de indución total

 

Lavalouza clase enerxética A e eficacia de lavado A

85

Forno con clasificación enerxética A

 

Placas de gas

50

Como máximo subvenciónase por cada beneficiario a substitución dun único electrodoméstico de cada un dos equipamentos incluídos no número 1 deste artigo.

En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico.

Os equipamentos que se instalarán deberán estar incluídos na listaxe do Plan Renove de Electrodomésticos. Esta listaxe poderá consultarse na páxina web do Inega (www.inega.es).

2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro da vixencia do Plan Renove de Electrodomésticos.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo do equipamento.

3. En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos á compra de electrodomésticos que xa fosen obxecto de subvención nas anteriores campañas do Plan Renove de Electrodomésticos.

Artigo 4. Concorrencia con outras axudas.

1. O importe da subvención outorgada en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou doutros organismos internacionais, supere o 100% do investimento subvencionable. En todo caso, deberán respectarse as condicións establecidas para cada réxime de axudas na normativa que resulte de aplicación.

2. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Enerxético de Galicia tan axiña como o interesado teña coñecemento e, en todo caso, con anterioridade á xustificación do investimento realizado.

3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 20 destas bases reguladoras.

Artigo 5. Vixencia do plan.

O plan inicia a súa vixencia o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de decembro de 2011 ou ata que se esgoten os fondos correspondentes.

Artigo 6. Financiamento.

A cantidade inicial destinada para esta convocatoria de axudas ascende a 1.800.000 euros. Eventualmente esta cantidade poderá incrementarse como consecuencia da maior dispoñibilidade orzamentaria co fin de atender todas as solicitudes, e con partidas sobrantes da xestión do Convenio marco de colaboración entre o Inega e o IDAE, para a definición e posta en práctica das actuacións previstas no Plan de Acción 2008-2012 (PAE4+) da Estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España. En todo caso, a concesión de axudas queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

De producirse esta ampliación de fondos unha vez esgotado o orzamento inicial, reabrirase o prazo de presentación das solicitudes, e as entidades colaboradoras adheridas serán informadas mediante o correo electrónico de contacto, unha nota de prensa e un aviso na páxina web www.inega.es, así como a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 7. Entidades colaboradoras.

Para os efectos desta resolución, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten nos prazos que se indican, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As entidades colaboradoras seleccionaranse de acordo co procedemento que se establece no artigo 8 destas bases, con suxeición á normativa que resulte de aplicación.

De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de adhesión entre elas e o Instituto Enerxético de Galicia, no cal se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, que figuran no anexo III desta resolución. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.

En canto á solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas exixibles poderán consultarse na páxina web do Inega (www.inega.es).

As entidades colaboradoras terán como labor a venda, a promoción da substitución e a instalación dos equipamentos indicados no artigo 3, actuando como enlace entre os beneficiarios das accións subvencionables e o Inega.

Na súa relación co Instituto Enerxético de Galicia, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:

• Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda.

• Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.

• Desenvolvemento das accións vinculadas.

• Xustificación da axuda e a súa certificación ante o Inega.

Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda Pública do Estado, da Administración autónoma así como coa Seguridade Social.

b) Someterse ás actuacións de inspección e control que o Inega poida efectuar respecto á xestión destas axudas, e que permitan a xustificación financeira perante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e o Tribunal de Contas, así como as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas, de acordo co establecido na letra d) do artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do cofinanciamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3.º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o cofinanciamento pola Xunta de Galicia a través do Inega e, se é o caso, o cofinanciamento con fondos do IDAE no marco do convenio do 3 de xullo de 2008.

d) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión, e deberán restituír a subvención outorgada nos casos en que concorra causa de reintegro.

As entidades colaboradoras adheridas ao Plan Renove de Electrodomésticos asumirán os seguintes compromisos:

1. Mostrar nun lugar visible o logotipo da iniciativa e os soportes publicitarios facilitados e informar sobre ela, así como retirar os logotipos e a publicidade unha vez que peche o plan. Así mesmo, poderán incorporar na publicidade propia os logotipos do Plan Renove de Electrodomésticos que se lles facilitarán para tal efecto. Na información comercial e publicitaria dos electrodomésticos debe figurar obrigatoriamente de forma diferenciada o prezo antes e despois da subvención con cargo ao Plan Renove.

2. Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda, incorporando os datos á aplicación informática habilitada para o efecto, e comprobar que a residencia do comprador está na Comunidade Autónoma de Galicia (no suposto de que o comprador manifestase residir na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu NIF non reflectise tal circunstancia, deberá xuntarse certificado de empadroamento expedido polo concello en que radique a localidade de residencia).

3. Vender no marco da iniciativa só os equipamentos que cumpran coas condicións establecidas no artigo 3 destas bases.

4. Instalar o electrodoméstico no prazo de 90 días desde a data da venda, e retirar o existente, entregándoo a un xestor de residuos autorizado.

5. Aplicar os descontos correspondentes á subvención conforme o establecido no artigo 3 destas bases.

6. Facilitarlle ao cliente a instalación e posta en marcha do equipamento adquirido. Así mesmo, comprométese a retirar o substituído para a súa posterior reciclaxe segundo o procedemento establecido no Real decreto 208/2005, do 25 de febreiro, sobre aparellos eléctricos e electrónicos e a xestión de seus residuos. Deste xeito, a entidade colaboradora deberá achegar ao Inega certificado de entrega do electrodoméstico retirado a un xestor de residuos autorizado. O equipamento substituído debe chegar íntegro ao centro de xestión de residuos, sen desmontar e sen carecer de ningunha das súas pezas.

7. Facilitarlle ao Inega canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.

8. Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do Plan Renove de Electrodomésticos.

Artigo 8. Adhesión de entidades colaboradoras.

1. Existirán dous procesos de adhesión diferenciados:

A) Adhesión simplificada (renovación de entidades colaboradoras).

Esta forma de adhesión vai dirixida exclusivamente a entidades colaboradoras adheridas ao convenio do Plan Renove 2010 e que desexen volver adherirse ao convenio do Plan Renove 2011.

O prazo para a adhesión simplificada será de 5 días hábiles desde o comezo da vixencia deste plan.

a.1) Solicitudes e documentación.

As entidades colaboradoras interesadas na adhesión simplificada deberán entrar na aplicación informática do Plan Renove 2011 dispoñible na páxina web do Inega, www.inega.es, e sinalar na recadro correspondente o seu desexo de adherirse ao convenio do ano 2011.

Para acceder á aplicación informática e solicitar a adhesión simplificada, utilizarán o usuario e a contrasinal outorgados polo Inega na adhesión do ano 2010. No caso de que algunha entidade non lembre a clave deberá enviar un correo electrónico a renoveelectrodomesticos@inega.es. O usuario e o contrasinal anteriores son necesarios para poder crear solicitudes de axuda.

A entidade imprimirá dous exemplares do convenio de colaboración e remitiraos asinados polo representante legal da entidade ao Inega, así como, se é o caso, achegará a documentación necesaria para actualizar ou modificar os datos da entidade.

Toda a información da entidade que deba ser modificada ou actualizada, con relación ao compromiso de adhesión do ano anterior, deberá ser xustificada documentalmente cos mesmos documentos requiridos no proceso de adhesión ordinaria. Esta documentación presentarase en soporte papel ante o Rexistro do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, número 5, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña); ou ben no rexistro de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se subscribise o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

a.2) Emenda.

De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase a entidade colaboradora para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos exixidos, con indicación de que, de non facelo así, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita Lei 30/1992.

Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT); Tesouraría Xeral da Seguridade Social; Consellería de Facenda; Rexistro Mercantil e outros rexistros públicos.

De conformidade coa Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, así como co Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e segundo o establecido no artigo 7 en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, se entenderá que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.

a.3) Instrución do procedemento e audiencia.

Logo de revisar as solicitudes e as emendas feitas, e inmediatamente antes da resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días hábiles, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

a.4) Competencia.

É competente para a instrución do procedemento de selección de entidades colaboradoras o director do Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Inega; e para a súa resolución o director do Inega, quen resolverá por delegación do Consello de Administración.

a.5) Resolución.

O prazo máximo para resolver sobre as adhesións simplificadas é de 15 días naturais, contados desde a presentación da documentación no Inega. Pasado o dito prazo os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán adheridos ao Plan Renove de Electrodomésticos 2011. A dita adhesión será notificada a través da aplicación informática establecendo a seguinte mensaxe: «entidade colaboradora adherida».

a.6) Notificación das resolucións.

Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade coa Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, así como co Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e segundo o establecido no artigo 7 en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación transcorran 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, se entenderá que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.

Ademais, a adhesión destas entidades colaboradoras será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

a.7) Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro desta resolución de convocatoria poñen fin á vía administrativa e contra elas poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á recepción da notificación da resolución ou de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Potestativamente, poderá interporse recurso de reposición ante o director do Inega no prazo dun mes, desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución ou 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas.

B) Adhesión ordinaria (alta de novas entidades colaboradoras).

Esta forma de adhesión vai dirixida ás entidades colaboradoras que non estivesen adheridas ao convenio do ano 2010.

O prazo para a adhesión ordinaria será de 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

O procedemento de adhesión ordinaria será o seguinte:

b.1) Solicitudes e documentación.

Os formularios das solicitudes e do convenio de adhesión como entidade colaboradora formalizaranse obrigatoriamente a través da aplicación informática creada para tal efecto. O dito enlace para acceder á aplicación publicarase na web do Inega www.inega.es.

Ao cubrir a través da aplicación informática a solicitude de adhesión, facilitaránselles aos solicitantes, automaticamente e mediante correo electrónico, o usuario e o contrasinal, necesarios para poder crear solicitudes de axuda.

O formulario da solicitude e o convenio de colaboración, unha vez cuberto a través da aplicación informática, imprimirase e presentarase por duplicado e debidamente asinado e selado polo representante legal da entidade, xunto coa documentación establecida neste artigo, ante o rexistro do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, número 5, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña); ou ben no rexistro de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se subscribise o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O formulario de solicitude para adherirse como entidade colaboradora, segundo o modelo establecido no anexo I (que se publicará no Diario Oficial de Galicia exclusivamente para os efectos informativos), conterá os seguintes datos:

a) Identificación da entidade.

b) Identificación do representante legal da entidade colaboradora.

c) Declaración expresa de coñecer o contido destas bases e do convenio e que cumpre cos requisitos establecidos nelas.

d) Declaración expresa de ter o domicilio social ou centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Declaración expresa da solvencia técnica e económica segundo o establecido no artigo 7 das bases reguladoras.

f) Declaración expresa de consentimento da utilización de medios electrónicos na comunicación entre as entidades colaboradoras e o Inega segundo o establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

g) Declaración expresa de non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Compromiso de comunicación de calquera variación que poida acontecer nos datos recollidos nos documentos achegados.

i) Autorización ao órgano xestor para que solicite a información necesaria para coñecer se o solicitante está ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría da Seguridade Social ou coa Facenda da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. De non dar a autorización para a comprobación do mencionado anteriormente, deberá presentar certificación xustificativa de estar ao día coas súas obrigas cos organismos sinalados anteriormente.

j) Autorización ao órgano xestor para que solicite a información necesaria en relación co NIF da entidade colaboradora. De non dar a autorización para a comprobación do mencionado anteriormente, deberá presentar copia do NIF.

A documentación que debe achegarse ao formulario da solicitude é a seguinte:

1. Copia orixinal ou compulsada do documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade.

2. Certificación expedida pola entidade bancaria da titularidade da conta onde se realizarán os ingresos á entidade colaboradora.

3. Fotocopia do último recibo do imposto de actividades económicas (IAE) ou, de ser o caso, declaración xurada de exención de pagamento (poderase consultar un modelo na web do Inega).

b.2) Emenda.

De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase a entidade colaboradora para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos exixidos, con indicación de que, de non facelo así, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei.

Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta cos organismos seguintes: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT); Tesouraría Xeral da Seguridade Social; Consellería de Facenda; Rexistro Mercantil e outros rexistros públicos.

De conformidade coa Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, así como co Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e segundo o establecido no artigo 7 en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, se entenderá que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.

b.3) Instrución do procedemento e audiencia.

Logo de revisar as solicitudes e as emendas feitas, e inmediatamente antes da resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de 10 días hábiles, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

b.4) Competencia.

É competente para a instrución do procedemento de selección de entidades colaboradoras o director do Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Inega; e para a súa resolución o director do Inega, quen resolverá por delegación do Consello de Administración.

b.5) Resolución.

O prazo máximo para resolver sobre as adhesións ordinarias é de 15 días naturais, contados desde a presentación da documentación no Inega. Pasado o dito prazo os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán adheridos ao Plan Renove de Electrodomésticos 2011. A dita adhesión será notificada a través da aplicación informática establecendo a seguinte mensaxe: «entidade colaboradora adherida».

b.6) Notificación das resolucións.

Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade coa Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, así como co Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e segundo o establecido no artigo 7 en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, se entenderá que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.

Ademais, a adhesión destas entidades colaboradoras será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

b.7) Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro desta resolución de convocatoria poñen fin á vía administrativa e contra elas poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á recepción da notificación da resolución ou de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Potestativamente, poderá interporse recurso de reposición ante o director do Inega no prazo dun mes, desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución ou 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas.

Artigo 9. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia que adquiran un equipamento dos mencionados no artigo 3 e que se instale na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que se publiquen no Diario Oficial de Galicia.

Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo do disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia as seguintes:

a) As descritas no artigo 7, letras a), b) e d), obrigas comúns ás entidades colaboradoras.

b) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención.

c) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.

d) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma.

e) Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida polo Inega no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

f) Realizar o pagamento da facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data de xustificación establecida no artigo 10. O pagamento corresponderá ao prezo total do electrodoméstico descontando a axuda outorgada polo Inega.

g) Non adquirir un electrodoméstico nunha entidade colaboradora con que exista algún tipo de vinculación. Considerarase que existe vinculación con aquelas persoas físicas ou xurídicas en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

– Persoas físicas unidas por relación conxugal ou persoas ligadas con análoga relación de afectividade, parentesco de consanguinidade ata o cuarto grao ou de afinidade ata o segundo.

– As persoas físicas e xurídicas que teñan unha relación laboral retribuída mediante pagamentos periódicos.

– Ser membros asociados do beneficiario.

– Unha sociedade e os seus socios maioritarios ou os seus conselleiros ou administradores, así como os cónxuxes ou persoas ligadas con análoga relación de afectividade e familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou de afinidade ata o segundo.

– As sociedades que, de acordo co artigo 4 da Lei 24/1988, do 28 de xullo, reguladora do mercado de valores, reúnan as circunstancias requiridas para formar parte do mesmo grupo.

– As persoas xurídicas e os seus representantes legais, patróns ou quen exerza a súa administración, así como os cónxuxes ou persoas ligadas con análoga relación de afectividade e familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou de afinidade ata o segundo.

– As persoas xurídicas e as persoas físicas ou xurídicas que conforme as normas legais, estatutarias ou os acordos contractuais teñan dereito a participar en máis dun cincuenta por cento no beneficio das primeiras.

A presentación da solicitude de axuda asinada polo representante da entidade colaboradora e polo solicitante da axuda no rexistro do Inega autoriza a este a solicitar a información necesaria en relación ao NIF do solicitante da axuda ou, de ser o caso, do certificado de empadroamento. De non dar a autorización para a comprobación do mencionado anteriormente, deberá presentar copia do NIF ou do certificado de empadroamento expedido polo concello en que radique a localidade de residencia.

Artigo 10. Procedemento para acceder ás axudas.

O procedemento estrutúrase en dúas fases:

a) Rexistro de operacións:

1. O comprador dirixirase a unha entidade colaboradora adherida a esta iniciativa e elixirá un elemento subvencionable que cumpra os requisitos mínimos exixidos no artigo 3 destas bases.

2. Unha vez adquirido o equipamen

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
22/09/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina