Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2011 pola que se abre un novo prazo de presentación de solicitudes relativo á Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior e se modifica o prazo de xustificación previsto na dita resolución.

A Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, publicada no DOG n.º 12, do 19 de xaneiro, convocou, por primeira vez, as axudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalación de equipamentos de iluminación interior existentes, co obxecto de cumprir coas exixencias mínimas que establece o código técnico de edificación (HE3), reducindo desta forma o consumo de enerxía.

Logo da tramitación dos expedientes de axudas, do orzamento previsto inicialmente quedou un remanente de 170.000 €.

As causas que deron lugar a este remanente foron: non xustificar documentalmente a compra realizada, xustificación inferior á correspondente ao importe da axuda solicitada, solicitudes que non cumpriron as bases da convocatoria, cancelación por renuncia do solicitante e a non presentación ou presentación incorrecta da documentación requirida na emenda.

Co obxecto de que o crédito inicial se destine na súa totalidade ao obxectivo que pretendía a convocatoria, ábrese un novo prazo para a presentación de novas solicitudes.

Nesta resolución o prazo de xustificación de 60 días naturais indicados na Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, redúcese a 45 días naturais. A redución no prazo de xustificación débese á obriga de resolver as novas solicitudes de axuda antes do 31.12.2011 debido a que o remanente de 170.000 € previsto para esta reapertura forma parte do orzamento do Plan Renove de Iluminación Interior 2011,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto.

É obxecto desta resolución a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de equipamentos de iluminación interior existentes, a que fai referencia a Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, publicada no DOG n.º 12, do 19 de xaneiro.

Artigo 2. Solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ou ata o esgotamento dos fondos, neste último caso publicarase esta circunstancia na páxina web do Inega e no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3. Financiamento.

A cantidade máxima destinada para este novo prazo de presentación de solicitudes de axudas ascende a 170.000 € e forma parte do orzamento de 493.409 € destinado na Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior.

Artigo 4. Réxime aplicable.

Serán de aplicación as bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva,  salvo no relativo ao prazo de xustificación. Así, o prazo de 60 días previsto nos artigos 3.4, 7.4, 10.b.4 e 11 da Resolución do 7 de xaneiro de 2011 citada, queda modificado polo prazo de 45 días naturais desde o día seguinte ao da data de reserva dos fondos (cumprimentación de formulario de solicitude). Do mesmo modo, o anexo II queda substituído polo que se acompaña a esta resolución.

Artigo 5. Entidades colaboradoras.

O establecido nesta resolución non supón a apertura de novo prazo para a adhesión das entidades colaboradoras que, para a xestión das solicitudes presentadas neste novo prazo de presentación de solicitudes, serán as autorizadas conforme a Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior.

Respecto dos convenios de colaboración asinados entre o Inega e as entidades colaboradoras, a que fai referencia o artigo 10.b.4 da resolución antes citada, seguirán rexendo en todos os seus puntos, agás no referido ao prazo de remisión da documentación que será a que se sinala no parágrafo anterior de 45 días. De non estar de acordo co sinalado anteriormente, a entidade colaboradora poderá renunciar a seguir como tal, debendo comunicalo ao Inega.

A Resolución do 4 de agosto de 2011 pola que se dá publicidade á relación das entidades colaboradoras dos plans Renove de Fiestras 2010, Electrodomésticos 2010 e Iluminación Interior, publicada no DOG n.º 156, do 17 de agosto de 2011, dá conta da publicación das entidades colaboradoras adheridas a este plan, que se pode consultar na páxina web do Inega: www.inega.es.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2011.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
22/09/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina