Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Plan Renove Fiestras

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Resolución do 27 de outubro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2010.

A sensibilidade especial que para a cidadanía está a ter o uso racional da enerxía, calou de forma importante no enfoque das administracións públicas, que unanimemente están a actuar neste campo, prestando o seu apoio ás iniciativas que sobre aforro e eficiencia enerxética se están a desenvolver na actualidade.


O Instituto Enerxético de Galicia, contén xa na súa Lei de creación, Lei 3/1999, do 11 de marzo, unha referencia expresa ao fomento destas actividades, concretada a través do impulso das iniciativas e programas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, á mellora do aforro e a eficiencia enerxética, ao fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, á óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia. Igualmente recolle a participación na xestión e prestación de servizos noutros campos sinérxicos ao enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.


En consonancia con todo isto, o Consello de Ministros, con data do 20 de xullo de 2007, aprobou un Plan de acción para o período 2008-2012, para o desenvolvemento da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España 2004-2012 (PAE4+), cumprindo así cos compromisos internacionais na materia.


Para o desenvolvemento dos referidos plans, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) deseñaron mecanismos de colaboración con todas as comunidades autónomas, que facilitan a articulación das medidas en todo o territorio estatal, tendo en consideración, ademais, as necesidades e obxectivos de cada comunidade en razón ás súas propias peculiaridades, e ao seu ámbito competencial. Neste sentido, asinouse entre o IDAE e o Instituto Enerxético de Galicia, con data do 3 de xullo de 2008, o convenio de colaboración para a execución das actuacións de aforro e eficiencia enerxética establecidas no marco do Plan de acción 2008-2012 da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética (PAE4+).


No caso de Galicia e para o ano 2010, e segundo se establece no Plan de traballo aprobado con data do 20 de xullo de 2010 e modificado posteriormente, a cantidade asignada para esta actuación cífrase en 1.840.775 €.


Como un dos órganos encargado de desenvolver a política enerxética da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia considera do máximo interese potenciar as actuacións de renovación das fiestras que leven consigo un aforro enerxético significativo en Galicia.


DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos.


Por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2010.

Artigo 2º.-Réxime das subvencións.

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2º establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.


2. As subvencións reguladas nesta resolución impútanse á conta contable 6565024, cun orzamento de 1.840.775 €, e atópanse financiadas ao 100% con fondos procedentes do convenio de colaboración subscrito entre o IDAE e o Inega con data do 3 de xullo de 2008, dentro do Plan de acción 2008-2012 (PAE4+) da estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España.


3. As axudas reguladas nesta resolución, agás aquelas cuxos beneficiarios sexan particulares, entidade e institucións sen ánimo de lucro quen non podan levar a cabo actividades económicas que repercutan en terceiros, atópanse sometidas aos requisitos e cos límites establecidos no Regulamento comunitario nº 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379, do 28 de decembro de 2006), en virtude do cal a contía global de axudas de minimis non poderá superar o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Polo que respecta ás axudas ás empresas que operan no sector do transporte por estrada este límite debería fixarse en 100.000 euros. Estes límites aplicaranse independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 2 do citado regulamento.


Artigo 3º.-Actuacións e gastos subvencionables e contía das axudas.

1. Será subvencionable a renovación de fiestras que separen estancias calefactadas do exterior pola compra de novas fiestras que cumpran coas seguintes especificacións técnicas:


-Dispor de marcaxe CE.

-Exixencias mínimas de eficiencia enerxética:

a) Opción A: carpintería de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos:


a.1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior.

a.2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal exterior baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).


b) Opción B: carpintería metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal exterior baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).


-Dispoñer dunha persiana, contra ou cortinón completamente opaco capaz de cerrar toda a superficie da fiestra (non se admitirán persianas venecianas, cortinas translúcidas,...). Este elemento pode ser novo ou reutilizado da instalación anterior. Se é novo, o seu importe incluirase no investimento total do custo da obra.


O IVE (imposto sobre o valor engadido) será subvencionable para os particulares, entidades sen animo de lucro e administracións publicas para o cal será necesaria realizar unha declaración responsable (opción establecida no formulario de solicitude) indicando que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional ou, no caso de ser Administración pública, que non pode repercutir o IVE.


A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño.


Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados.


As únicas portas subvencionables son as portas balconeiras, é dicir, as que dan a un balcón ou terraza cerrados (non a patios, xardíns,...), sempre e cando separen estancias calefactadas do exterior.


Non son subvencionables:

-Os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros), por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda.


-Os lucernarios de cuberta.

-As fiestras que se atopen nos pechamentos interiores das vivendas (fiestras interiores, fiestras de cuartos de baño interiores,...)


-A renovación de todas as portas, a excepción feita, das portas balconeiras nos termos descritos anteriormente.


A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 euros/m2, cuns límites de 5.000 euros por vivenda unifamiliar e 100.000 euros en edificios do sector terciario. No caso, de que o beneficiario obtivese outras axudas relativas ao cambio de fiestras na mesma vivenda para a que solicita a axuda a través de convocatorias anteriores de plans renoves de fiestras, o límite máximo será de 10.000 euros por vivenda unifamiliar tendo en conta o sumatorio de todas as axudas otorgadas e solicitadas e 300.000 € en edificios do sector terciario, agás axudas outorgadas a empresas cuxo límite será de 200.000 euros (Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión de 15 de decembro relativo á aplicación dos artígos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis).


En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.


2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubitable respondan á natureza da actividade subvencionable.


Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro da vixencia do Plan Renove de Fiestras.


En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.




3. En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a actuacións que xa foran obxecto de subvención nas anteriores campañas do Plan Renove de Fiestras.


Soamente se concederá unha subvención por solicitante e vivenda ou edificio do sector terciario (referencia catastral), a excepción da renovación de fiestras en vivendas ou edificios que foran obxecto de axuda en plans renove de fiestras de anos anteriores, e sempre que o solicitante execute unha actuación non subvencionada anteriormente. Neste caso a nova actuación si poderá ser subvencionable.


Artigo 4º.-Concorrencia con outras axudas.

1. O importe da subvención outorgada en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou doutros organismos internacionais, supere o 100% do investimento subvencionable. En todo caso, deberán respectarse as condicións establecidas para cada réxime de axudas na normativa que resulte de aplicación.


2. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Enerxético de Galicia tan pronto como o interesado teña coñecemento e, en todo caso, con anterioridade á xustificación do investimento realizado.


3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 20º destas bases reguladoras.


Artigo 5º.-Vixencia do plan.

1. O Plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 29 de outubro de 2011 ou ata que se esgoten os fondos correspondentes.


Artigo 6º.-Financiamento.

A cantidade inicial destinada para esta convocatoria de axudas ascende a 1.840.775 euros. Eventualmente, esta cantidade poderá incrementarse como consecuencia da maior dispoñibilidade orzamentaria co fin de atender todas as solicitudes, e con partidas sobrantes da xestión do Convenio marco de colaboración entre o Inega e o IDAE, para a definición e posta en práctica das actuacións recollidas no Plan de acción 2008-2012, (PAE4+) da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España, en todo caso a concesión de axudas no exercicio 2011 queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución de concesión.


De producirse esta ampliación de fondos unha vez esgotado o orzamento inicial, reabrirase o prazo de presentación das solicitudes, informando ás entidades colaboradoras adheridas mediante o correo electrónico de contacto, unha nota de prensa na páxina web www.inega.es, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


Artigo 7º.-Entidades colaboradoras.

Para os efectos desta resolución, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.


Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten nos prazos que se indican, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


As entidades colaboradoras seleccionaranse de acordo co procedemento que se establece no artigo 8º destas bases, con suxeición á normativa que resulte de aplicación.


De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de adhesión entre elas e o Instituto Enerxético de Galicia, no que se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, que figuran no anexo III desta resolución. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.


En orde a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán estar inscritas nunha epígrafe do imposto de actividades económicas relacionado coa instalación de fiestras e deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así coma, a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas exixibles poderán consultarse na paxina web do Inega (www.inega.es, Plan Renove de Fiestras 2010).


As entidades colaboradoras terán como cometido servir de enlace entre os beneficiarios das accións subvencionables e o Inega, nos seguintes termos:


-Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda.

-Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.

-Desenvolvemento das accións vinculadas.

-Xustificación da axuda e a súa certificación ante o Inega.

Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:


a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autónoma así como coa Seguridade Social.


b) Someterse ás actuacións de inspección e control que o Inega poida efectuar respecto á xestión destas axudas, e que permitan a xustificación financeira perante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e o Tribunal de Contas, así como as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas, de acordo co establecido na liña d) do artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do cofinanciamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o cofinanciamento pola Xunta de Galicia a través do Inega e, se é o caso, o cofinanciamento con fondos do IDAE no marco do Convenio do 3 de xullo de 2008.


d) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión, e deberán restituír a subvención outorgada nos casos en que concorra causa de reintegro.


As entidades colaboradoras adheridas ao Plan Renove de Fiestras asumirán os seguintes compromisos:


1. Mostrar nun lugar visible o logotipo da iniciativa e os soportes publicitarios facilitados e informar sobre esta, así como retirar os logos e a publicidade unha vez peche o plan. Así mesmo, poderán incorporar na publicidade propia os logotipos do Plan Renove de Fiestras que se lle facilitarán para tal efecto. Na información comercial e publicitaria debe figurar obrigatoriamente de forma diferenciada o prezo antes e despois da subvención con cargo ao Plan renove 2010.


2. Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda, incorporando os datos á aplicación informática habilitada para o efecto, e comprobar que o solicitante cumpre co establecido no 9º ( beneficiarios das axudas).


3. Vender no marco da iniciativa só as fiestras que cumpran coas condicións establecidas no artigo 3º destas bases.


4. Instalar as fiestras no prazo de 120 días naturais desde o día seguinte a reserva dos fondos, retirar as existentes e presentar no Inega a documentación que xustifique a instalación.


5. Aplicar os descontos correspondentes á subvención conforme as bases.

6. Facilitarlle ao cliente a instalación da fiestra adquirida.

7. Facilitarlle ao Inega canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.


8. Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do Plan Renove de Fiestras.


Artigo 8º.-Adhesión de entidades colaboradoras.

1. Existirán dous procesos de adhesión diferenciados:

a) Adhesión simplificada (renovación de entidades colabroadoras).

Esta forma de adhesión vai dirixida exclusivamente a entidades colaboradoras adheridas ao convenio do Plan Renove de Fiestras 2009 e que desexen volver a adherirse ao convenio do Plan Renove 2010.


O prazo para a adhesión simplificada, incluída, se é o caso, a presentación da documentación que xustifique as modificacións, será de 15 días hábiles desde o comezo da vixencia do Plan Renove de Fiestras 2010.


a.1) Solicitudes e documentación.

As entidades colaboradoras interesadas na adhesión simplificada deberán entrar na aplicación informática do Plan Renove de Fiestras 2010 dispoñible na páxina web do Inega, www.inega.es/planrenovefiestras2010 e sinalar no recadro correspondente o seu desexo de adherirse ao convenio do ano 2010.


Para acceder a aplicación informática e solicitar a adhesión simplificada, utilizarán o usuario e a contrasinal otorgada polo Inega na adhesión do ano 2009. No caso de que algunha entidade non lembre a clave deberá enviar un correo electrónico a renovefiestras1@Inega.es. O usuario e o contrasinal anterior son necesarios para poder crear solicitudes de axuda, tendo en conta que non se poderán crear ata que non estean adheridas ao Plan Renove de Fiestras 2010, segundo o establecido no punto a.5) deste artigo.



A entidade imprimirá dous exemplares do convenio de colaboración, e os remitirá asinados polo representante legal da entidade, ao Inega, así como, se é o caso, achegará a documentación necesaria para actualizar ou modificar os datos da entidade.


Toda a información da entidade que deba ser modificada ou actualizada, con relación ao compromiso de adhesión do ano anterior, deberá ser xustificada documentalmente cos mesmos documentos requiridos no proceso de adhesión ordinaria. Esta documentación presentarase en soporte papel ante o rexistro do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, número 5, CP 15703, Santiago de Compostela (A Coruña); ou ben no rexistro de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se teña subscrito o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


a.2) Emenda.

De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase á entidade colaboradora, para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos exixidos, con indicación de que, de non facelo así, se lle terá por desistido da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita Lei 30/1992.


Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT); Tesouraría Xeral da Seguridade Social; Consellería de Facenda; Rexistro Mercantil e outros rexistros públicos.


De conformidade coa Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e segundo o establecido no artigo 7 en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación, transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, salvo que de oficio ou a instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.


a.3) Instrución do procedemento e audiencia.

Logo de revisar as solicitudes e as emendas feitas, e inmediatamente antes da resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días hábiles, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes.


Porén, poderase prescindir do trámite ao que se refire o parágrafo anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.


a.4) Competencia.

É competente para a instrución do procedemento de selección de entidades colaboradoras o director do Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Inega; e para a súa resolución o director do Inega que resolverá por delegación do Consello de Administración.


a.5) Resolución.

O prazo máximo para resolver sobre as adhesións simplificadas é de 15 días hábiles, contados desde a presentación da documentación no Inega. Pasado o devandito prazo os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.


Aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán adheridos ao Plan Renove de Fiestras 2010. A devandita adhesión será notificada a través da aplicación informática establecendo a seguinte mensaxe: «entidade adherida».


a.6) Notificación das resolucións.

Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


De conformidade coa Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e segundo o establecido no artigo 7º en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da posta a disposición da notificación, haxan transcorridos 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.


Ademais, a adhesión destas entidades colaboradoras será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.


a.7) Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro desta resolución de convocatoria poñen fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á recepción da notificación da resolución ou de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.


Potestativamente, poderá interporse recurso de reposición ante o director do Inega no prazo dun mes, desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución ou 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, segundo o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas.


b) Adhesión ordinaria (alta de novas entidades colaboradoras).

Esta forma de adhesión vai dirixida ás entidades colaboradoras que non estivesen adheridas ao convenio do ano 2009, e poderán presentarse durante toda a vixencia do Plan renove de fiestras 2010.


As entidades colaboradoras que participaron no convenio do ano 2009 que non puidesen adherirse polo proceso simplificado sempre terán a opción de adherirse polo procedemento ordinario.


O procedemento de adhesión ordinaria será o seguinte:

b.1) Solicitudes e documentación.

Os formularios das solicitudes e do convenio de adhesión como entidade colaboradora cubriranse obrigatoriamente a través da aplicación informática creada para tal efecto. O devandito enlace para acceder á aplicación publicarase na web do Inega www.Inega.es.


Ao cubrir a través da aplicación informática a solicitude de adhesión, facilitarase aos solicitantes, automáticamente e mediante correo electrónico, o usuario e o contrasinal, necesario para poder crear solicitudes de axuda, tendo en conta que non poderán crear solicitudes de axuda ata que non estén adheridas ao Plan Renove de Fiestras 2010, segundo o establecido no indicado no punto b.5) deste artigo.


O formulario da solicitude e o convenio de colaboración, unha vez cuberto a través da aplicación informática, imprimirase e presentarase por duplicado e debidamente asinado e selado polo representante legal da entidade, xunto coa documentación establecida neste artigo, ante o rexistro do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, CP 15703, Santiago de Compostela (A Coruña); ou ben no rexistro de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se teña subscrito o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


O formulario de solicitude para adherirse como entidade colaboradora, segundo o modelo establecido no anexo I (que se publicará no Diario Oficial de Galicia exclusivamente para os efectos informativos), conterá os seguintes datos:


a) Identificación da entidade.

b) Identificación do representante legal da entidade colaboradora.

c) Declaración expresa de coñecer o contido destas bases e do convenio e que cumpre cos requisitos establecidos neles.


d) Declaración expresa de ter o domicilio social ou centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.


e) Declaración expresa da solvencia técnica e económica segundo o establecido no artigo 7º das bases reguladoras.


f) Declaración expresa de consentimento da utilización de medios electrónicos na comunicación entre as entidades colaboradoras e o Inega segundo o establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.


g) Declaración expresa de non atoparse incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos números 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


h) Declaración expresa de que non actuará como entidade colaboradora daquelas persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado, que queiran acceder á axuda e que se atopen vinculados con ela ou cos seus órganos directivos ou xestores, nin cando concorran nelas ningunha das prohibicións previstas no número 7º do artigo 27 da Lei 9/2007, e no número 2º do artigo 43 do seu regulamento de desenvolvemento.



i) Compromiso de comunicación de calquera variación que poida acontecer nos datos recollidos nos documentos achegados.


j) Autorización ao órgano xestor para que recabe a información necesaria para coñecer se o solicitante está ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría da Seguridade Social ou coa facenda da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. De non dar a autorización para a comprobación anterior, deberá presentar certificación xustificativa de estar ao día coas súas obrigas cos organismo sinalados anteriormente.


k) Autorización ao órgano xestor para que recabe certificado emitido pola Axencia Tributaria onde se especifiquen os IAE nos que a entidade está dada de alta para este ano. De non dar a autorización para a comprobación do mencionado anteriormente, deberá presentar certificación xustificativa onde se especifiquen os IAEs nos que está inscrito.


A documentación que debe achegarse ao formulario da solicitude é a seguinte:

1. Copia do NIF da entidade colaboradora en vigor.

2. Copia orixinal ou compulsada do documento acreditativo de poder suficiente.

3. Certificación orixinal ou copia compulsada, expedida pola entidade bancaria da titularidade da conta onde se realizarán os ingresos á entidade colaboradora.


4. Fotocopia do último recibo del Impuesto de Actividades Económicas (IAE) ou, se é o caso, declaración xurada de exención de pagamentoo.


b.2) Emenda.

De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase á entidade colaboradora, para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos exixidos, con indicación de que, de non facelo así, se lle terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.


Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta cos organismos seguintes: Axencia Estatal da Administración Tributaria(AEAT); Tesouraría Xeral da Seguridade Social; Consellería de Facenda; Rexistro Mercantil e outros rexistros públicos.


De conformidade coa Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e segundo o establecido no artigo 7º en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da posta a disposición da notificación, transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.


b.3) Instrución do procedemento e audiencia.

Logo de revisar as solicitudes e as emendas feitas, e inmediatamente antes da resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de 10 días hábiles, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes.


Porén, poderase prescindir do trámite ao que se refire o parágrafo anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.


b.4) Competencia.

É competente para a instrución do procedemento de selección de entidades colaboradoras o director do Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Inega; e para a súa resolución o director do Inega que resolverá por delegación do Consello de Administración.


b.5) Resolución.

O prazo máximo para resolver sobre as adhesións ordinarias é de 15 días hábiles, contados desde a presentación da documentación no Inega. Pasado o devandito prazo os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.


Aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán adheridos ao Plan Renove de Fiestras 2010. A devandita adhesión será notificada a través da aplicación informática establecendo a seguinte mensaxe: «entidade adherida».


b.6) Notificación das resolucións.

Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


De conformidade coa Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e segundo o establecido no artigo 7º en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da posta a disposición da notificación, transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.


Ademais, a adhesión destas entidades colaboradoras será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.


b.7) Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro desta resolución de convocatoria poñen fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución ou de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.


Potestativamente, poderá interporse recurso de reposición ante o director do Inega no prazo dun mes, desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución ou 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, segundo o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


Artigo 9º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios de vivendas ou edificios do sector terciario sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3º se realice en vivendas ou edificios terciarios da súa titularidade sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. No caso de que unha comunidade de veciños se poña de acordo para renovar as fiestras do edificio, a axuda solicitarase individualmente por vivenda.


Para ser beneficiario da subvención terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que se publiquen no Diario Oficial de Galicia.


Non poderán obter a condición de beneficiarios, as persoas físicas ou xurídicas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º y 3º de la Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.


Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida polo Inega no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.


Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo do disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia as seguintes:


a) As descritas no artigo 7º letras a), b), c) e d), obrigas comúns ás entidades colaboradoras.


b) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención.


c) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.


d) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.


e) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data de xustificación establecida no artigo 10º. O pagamento corresponderá ao investimento total da renovación descontando a axuda outorgada polo Inega.


Artigo 10º.-Procedemento para acceder ás axudas.

O procedemento estrutúrase en dúas fases:

a) Rexistro de operacións:

1. O comprador dirixirase a unha entidade colaboradora adherida a esta iniciativa e elixirá unha carpintaría que cumpra os requisitos mínimos exixidos no artigo 3º destas bases.



2. Unha vez adquirida a carpintaría, a entidade colaboradora adherida cubrirá o formulario de solicitude de axuda (ver anexo II), mediante a aplicación informática habilitada para o efecto. Cando a aplicación informática reflicte o estado Reservada significa que existen fondos reservados, indicando a contía da axuda solicitada ao Inega. Neste estado xa non se poderán modificar os datos e, en caso que sexa necesario modificalos pola existencia dalgún erro, deberase enviar un correo a renovefiestras1@Inega.es, solicitando a cancelación da solicitude. Unha vez cancelada polo Inega e notificada a dita cancelación, a entidade colaboradora poderá cubrir un novo formulario de solicitude de axuda.


3. Poderán reservarse os fondos a partir dos 30 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia deste plan e ata o esgotamento de crédito ou ata a data de finalización do Plan Renove de Fiestras, previsto no artigo 5º destas bases.


b) Solicitude de axuda e xustificación da actuación:

1. O comprador asinará o formulario de solicitude de axuda, por triplicado, dando a súa conformidade a esta. O comprador quedarase cun exemplar, a entidade colaboradora con outro e remitirase o terceiro asinado polo comprador e pola entidade colaboradora, ao Inega, coa documentación xustificativa da actuación subvencionable.


2. Colocada a carpintaría, a entidade colaboradora adherida procederá a cobrar o prezo resultante de restarlle ao investimento total da obra (IVE incluído) o desconto da axuda establecida no artigo 3º, tal e como se especifica no anexo II destas bases e se indica no exemplo que figura na páxina web deste organismo público (www.inega.es).


3. Nos 120 días naturais desde o día seguinte ao da data da reserva dos fondos a través da aplicación informática e polo tanto da cobertura do formulario de solicitude de axuda, a entidade colaboradora remitirá ao Inega a seguinte documentación xustificativa da execución da actuación subvencionable, consistente en:


-Unha lista coas solicitudes realizadas e executadas das que achega a documentación.


-O citado formulario de solicitude da axuda asinado polo comprador e pola entidade colaboradora.


-Copia do NIF vixente do beneficiario.

-No suposto de que o beneficiario sexa unha persoa xurídica, ademais deberá presentar copia compulsada das escrituras de constitución da entidade así como o poder do representante legal desta.


-Xustificante orixinal ou copia compulsada do marcaxe CE da fiestra, entregándose a marcaxe CE de cada unidade de fiestra colocada ou a declaración CE de conformidade.


-Orixinal ou copia compulsada da factura xustificativa do cobramento do investimento realizado emitida despois da colocación da carpintaría, coas seguintes formalidades:


A factura deberá estar asinada e selada pola entidade colaboradora. No corpo da factura debe describirse o tipo de carpintaría colocada, características do acristalamento, dimensión e número das fiestras instaladas.


A factura debe reflectir con claridade a data de emisión, o nome e o NIF do beneficiario, enderezo onde se realiza a obra, número da referencia catastral, así coma os seguintes conceptos: base impoñible, IVE, total da base impoñible máis IVE, desconto do Plan Renove Fiestras do Inega e o total a pagar polo beneficiario (datos calculados na aplicación informática).


Non se admitirán as facturas que non cumpran co indicado ou que se manipulen manualmente.


Na páxina web www.inega.es publicarase un modelo orientativo de factura.

-Orixinal ou copia compulsada perfectamente lexible, sen emendas nin riscaduras, de xustificante bancario do pagamento realizado polo beneficiario (transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso efectivo por portelo ou certificación bancaria) en que conste a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación da persoa, empresa ou entidade que recibe o pagamento, e o concepto do pagamento.


-Fotografías que reflicten a situación anterior e posterior do lugar onde se realiza a obra e que xustifiquen graficamente o cambio das fiestras.


4. A presentación da documentación xustificativa será ante o rexistro do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, CP 15703 Santiago de Compostela (A Coruña); ou ben no rexistro de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se teña subscrito o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cómpre a utilización da aplicación informática indicando a data de presentación da documentación no rexistro e se establecerá o estado Entregada. De non efectuarse esta operación nos 120 días naturais desde o día seguinte da reserva dos fondos, liberaranse os fondos automaticamente e reverterán nos fondos dispoñibles.


5. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase a entidade colaboradora, para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos esixidos, con indicación de que, de non facelo así, se lle terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
08/11/2010 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina