Usuario - - Acceso de usuarios
Viernes - 29.Marzo.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Plan Renove para talleres de reparación de vehículos

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

 

 

 

Obxecto
Incentivar actuacións de investimento en equipamento e/ou instalacións en establecementos dedicados á reparación de vehículos en Galicia.

 

Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas.

 
A) Terán a consideración de investimentos subvencionables, os seguintes:
 
1. Equipamento:
 
a) Equipamentos de diagnose multimarca.
 
b) Analizadores de gases.
 
c) Opacímetros.
 
d) Elevadores.
 
e) Cabinas de pintura para base auga.
 
f) Sistemas de medición electrónicos de carrozaría sen bancada.
 
g) Aliñador de direccións, con tecnoloxía sen fíos, computerizado.
 
h) Sistemas de pintura acuosas con hidróxeno.
 
i) Equipamentos de soldadura de alta resistencia en aluminio e aceiro de alto índice elástico.
 
 
j) Compresores de tuso con secador.
 
k) Liñas Pre ITV con bancos de suspensión, de freos e medidor de diverxencia.
 
Formarán parte do investimento subvencionable aquelas actuacións imprescindibles para a posta en marcha do equipamento sempre que fosen levadas a cabo polo provedor do equipamento e se inclúan nas facturas que, con relación ao equipamento, este emita.
 
 
2. Instalacións:
 
a) Instalacións eléctricas conforme o Regulamento de baixa tensión.
 
b) Instalacións de aire comprimido.
 
c) Sistemas de filtración, aspiración e extracción centralizada.
 
B) Consideracións xerais sobre os gastos subvencionables.
 
1. Tanto o equipamento do punto A.1 como os elementos que conforman as instalacións do punto A.2, que se presenten para o seu financiamento, serán de primeiro uso.
 
 
2. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2011 e a data de presentación da solicitude de subvención. Todos os investimentos obxecto de axuda deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables a partir desta última data.
 
 
3. Os elementos susceptibles de ser considerados como subvencionables, para cada solicitude presentada, pertencerán a un único centro de traballo en territorio galego.
 
 
4. Non se considerará subvencionable o imposto sobre valor engadido (IVE).
 
5. Non se admitirán a trámite as solicitudes cun investimento subvencionable inferior aos 6.000 euros.
 
 
6. En relación ás instalacións a que se refire o punto A.2 deste artigo e independentemente do importe a que ascenda o conxunto das que se inclúan na solicitude, considerarase subvencionable, como máximo, un importe de 7.000 euros.
 
 
7. Non se considerarán subvencionables aqueles conceptos das facturas que non se poidan facer corresponder, dun xeito inequívoco, cos considerados como subvencionables no punto A deste artigo.

 

Beneficiarios.

 
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sempre que cumpran cos requisitos de microempresa: as persoas xurídicas validamente constituídas no momento da presentación de solicitudes, as persoas físicas e as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade, sempre que teñan o centro de traballo, ao que destinen os bens e/ou as instalacións obxecto de subvención, radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que acrediten a inscrición da súa actividade, na epígrafe 691.2 Reparación de vehículos automóbiles, bicicletas e outros vehículos do IAE (Imposto sobre Actividades Económicas), todo o anterior sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases. Os beneficiarios deberán reunir os requisitos que fundamentan a concesión, así como os demais que se prevexan nesta orde e na normativa aplicable

 

Prazo de presentación de solicitudes e duración do procedemento de concesión.
 
 
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 7 de outubro de 2011, salvo que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Neste caso, informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través das páxinas web da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e no Diario Oficial de Galicia.
 
 
Unha vez presentadas as solicitudes por parte dos interesados, estas serán tramitadas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras que non poderá ter unha duración superior a nove meses.
Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
04/04/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina