Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 17.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Pontedeume : Axudas destinadas a adquisición de material escolar a familias con escasos recursos eco

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Administración Local

Municipal

Pontedeume

Aprobación definitiva da Ordenanza específica reguladora das bases de concesión de axudas destinadas a adquisición de material escolar a familias con escasos recursos económicos, curso escolar 2011-2012, educación infantil, primaria e ESO

ANUNCIO

APROBACIÓN DEFINITIVA DA ORDENANZA ESPECÍFICA REGULADORA DAS BASES DE CONCESIÓN DE AXUDAS DESTINADAS Á ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR A FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS ECONÓMICOS, CURSO ESCOLAR 2011-2012, EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E ESO

O Pleno do Concello de Pontedeume, en sesión ordinaria do 22 de setembro de 2011, aprobou inicialmente a Ordenanza específica reguladora das bases de concesión de axudas destinadas á adquisición de material escolar a familias con escasos recursos económicos, curso escolar 2011-2012, Educación Infantil, Primaria e ESO. O expediente e a ordenanza estiveron expostos ao público mediante anuncios inseridos no taboleiro de anuncios do concello e no Boletín Oficial da Provincia nº 193 (10/10/2011), polo prazo de 30 días hábiles, sen que durante o devandito prazo se producira ningunha reclamación.

Rematado o prazo de información pública, sen que se producira ningunha reclamación, faise pública a automática aprobación definitiva do devandito expediente, así como o texto íntegro da ordenanza específica, de acordo co que se dispón polo pleno da corporación, e en cumprimento do preceptuado nos artigos 49.c) e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Así mesmo, mediante o presente anuncio procédese á convocatoria pública das devanditas axudas, con arranxo ao texto da ordenanza.

ORDENANZA ESPECÍFICA REGULADORA DAS BASES DE CONCESIÓN DE AXUDAS DESTINADAS Á ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR A FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS ECONÓMICOS, CURSO ESCOLAR 2011-2012. EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E ESO.

Esta Ordenanza ten por obxecto regular a convocatoria para a concesión de axudas destinadas á adquisición de material escolar, co fin de promover o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e ao fin de compensar ás familias con escasos recursos económicos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos matriculados nos cursos de Educación Infantil, Primaria e ESO, todo iso nos termos establecidos no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no Regulamento de servizos das corporacións locais, na Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e na Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Pontedeume.

Artigo 1º.- Obxecto da convocatoria.

1.- A igualdade de oportunidades ante o ensino é un dos retos principais que deben afrontar os poderes públicos para facer efectivo o dereito de todos á educación. Unha das medidas fundamentais é o establecemento dun sistema de becas e axudas que posibiliten o acceso e continuidade nos estudios a quen careza de medios económicos.

2.- O importe global máximo que o Concello destinará á concesión destas axudas será de 10.800 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 320.48000.

Artigo 2º.- Destinatarios das axudas.

1.- Estas axudas para a adquisición de material escolar van destinadas a aqueles alumnos/as, que cursando estudos nos tramos de ensino obrigatorio e gratuito, pertenezcan a unha unidade familiar con ingresos anuais (base impoñible xeral mais base impoñible do aforro) non superiores a 18.000 euros, se ben no caso de familias numerosas incrementarase o umbral en 602 euros a partir do terceiro fillo.

2.- Poderán optar a estas axudas os alumnos/as de segundo ciclo de Educación Infantil, os de Educación Primaria e os da Educación Secundaria Obrigatoria, empadroados no Concello de Pontedeume.

3.- As becas adxudicaranse por estricto orde de puntuación ata esgotar a consignación disponible regulada no artigo 1º. En caso de empate, atenderase ao maior número de fillos escolarizados e se o empate continúa valorarase a renta per cápita máis baixa.

Artigo 3º.- Procedemento da solicitude.

3.1.- Prazo. As solicitudes presentaranse no prazo de quince días hábiles a contar dende o seguinte á publicación interna da presente Ordenanza específica no BOP.

3.2.- Lugar. No rexistro xeral do Concello de Pontedeume en horario de 09:00 a 14:00 horas.

3.3.- Documentación a presentar:

1.- Modelo de solicitude, que se facilitará nas Oficinas xerais do Concello.

2.- Fotocopia do D.N.I. (dos pais e do/a solicitante, se o ten).

3.- Fotocopia do Libro de Familia (completo) ou no caso de familias numerosas, copia do Título.

4.- Documentación acreditativa de incidencias tales como: separación do cónxuxe, abandono do fogar, etc…

5.- Xustificantes de ingresos referidos ao ano 2010: última nómina e copia da declaración do IRPF ou, no caso de non estar obrigado a declarar, certificacións expedidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, certificado de prestación económica do INEM ou certificado de non prestación, e se é o caso, certificación de empresa, xustificación doutros ingresos.

6.- Declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas ou organismos privados competentes, segundo o modelo que se adxunta coa presente convocatoria.

7.- Declaración xurada de atoparse ao corrente nas obrigas tributarias en xeral (Estado e Comunidade Autónoma) e, en concreto, co Concello de Pontedeume, e coa Seguridade Social, segundo modelo que se adxunta coa presente convocatoria.

8.- Certificado do INEM que acredite a antigüedade como demandante de desemprego como mínimo dun mes anterior á data da convocatoria das axudas.

9.- Copia da matrícula do presente curso.

10.- Declaración responsable de non estar incurso o solicitante en ningunha das causas de prohibición para obter subvencións que se establecen no artigo 13.2 Lei 38/2003 xeral de subvencións (artigo 10.2 Lei 9/2004, subvencións de Galicia).

11.- Certificación conta bancaria a nome do solicitante.

Artigo 4º.- Criterios de avaliación.

Á vista das solicitudes presentadas, estudiaranse pola comisión avaliadora, e concederánse en función dos seguintes conceptos:

1.- Número de membros da unidade familiar.

2.- Condicións familiares do/a solicitante.

3.- Ingresos familiares.

A ponderación destas situacións é a seguinte, para cada un dos criterios anteriores.

1.- Número de membros da unidade familiar.

Por cada membro da unidade familiar do solicitante: 0,5 puntos.

Enténdese por unidade familiar a formada polos pais e fillos menores de 18 anos ou fillos maiores de 18 anos cunha minusvalía superior ao 33 por cento. No caso de familias monoparentais, e para os efectos de cálculo da renta per cápita, incrementaranse nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

2.- Condicións familiares do/a solicitante.

Por ausencia do fogar familiar dalgún dos proxenitores (orfandade, separación, familia monoparental, viudedade, etc…): 1 punto.

Por cada membro da unidade familiar con minusvalía: 1 punto.

Por cada membro da unidade familiar en desemprego: 1 punto.

Por familia numerosa (título): 1 punto.

3.- Ingresos familiares:

Para estes efectos, teñen a consideración de ingresos familiares a suma da parte xeral máis a parte da base impoñible do aforro, previas á aplicación do mínimo persoal e familiar no imposto sobre a renda das persoas físicas.

Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de aplicarlles aos datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Ponderándose do seguinte xeito:

- Ingresos, ata 4.500 euros: + 4 puntos.

- De 4.500,01 ata 9.000 euros: + 3 puntos.

- De 9.000,01 ata 13.500 euros: + 2 puntos.

- De 13.500,01 a 18.000 euros: + 1 punto.

Os peticionarios con ingresos superiores a 18.000 euros non terán dereito á axuda coa salvedade prevista no artigo 2 punto 1 desta convocatoria.

Artigo 5.- Obrigas do/a beneficiario/a.

Son obrigas do beneficiario:

a) Presentar debidamente cuberta a documentación requerida no prazo sinalado.

b) Xustificar ante o Concello de Pontedeume o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a finalidade que determine a concesión da subvención.

c) Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Pontedeume.

d) Someterse ás actuacións de comprobación e control que sexan debidamente requeridas polos órganos municipais, proporcionando canta información lles sexa requerida no exercicio das ditas actuacións.

e) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f) Acreditar que está ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos.

h) Proceder ao reintegro dos fondos públicos percibidos nos supostos contemplados no artigo 37 LXS.

Artigo 6.- Outorgamento de subvencións.

1.- O órgano competente para a instrucción do procedemento, así como para a realización de cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos, en virtude dos que debe pronunciarse a proposta de resolución, será o/a Concelleiro/a de Educación. O órgano instructor, á vista do expediente e do informe da Comisión avaliadora, no que se concretará o resultado da avaliación das solicitudes, formulará a proposta de resolución provisional, á Xunta de Goberno Local, en virtude da delegación efectuada polo Decreto nº 705 do 11 de xullo de 2011, que será o órgano competente para a súa concesión, na que se expresará o cumprimento dos requisitos dos solicitantes para a concesión das axudas, a relación nominal e a contía individualizada da subvención que se propón para cada solicitante, con arranxo aos criterios de valoración establecidos no artigo 4 da presente ordenanza específica.

A valoración das solicitudes realizarase pola Comisión avaliadora, que estará composta por:

- Presidente /a: o/a Concelleiro/a de educación

- Vogais:  A Coordinadora de Servizos Sociais do Concello

 O Traballador social

 A Educadora social

- Actuará como secretario da mesma, con voz e sen voto, a/o Secretaria /o da Corporación ou persoa en quen delegue.

As solicitudes serán valoradas pola comisión mencionada e concedidas pola xunta de goberno local no prazo máximo de dous meses. Este prazo comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do prazo de presentación das solicitudes.

A resolución deberá conter a relación de solicitantes que resulten beneficiarios e o importe concedido, e a desestimación de solicitudes, se as houbese, e a súa causa.

No caso de que no expediente non fosen tidos en conta outros datos ou alegacións distintas dos presentados polos solicitantes a proposta de resolución terá o carácter de definitiva.

A falta de notificación da resolución de concesión producirá efectos desestimatorios. A desestimación, expresa ou presunta, porá fin á vía administrativa. Contra a dita desestimación poderá interpoñerse recurso de reposición nos prazos sinalados pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo.

A resolución da concesión farase pública, como mínimo, mediante exposición pública no taboleiro de anuncios municipal durante un prazo de 15 días, e ademáis, notificaráselle a cada beneficiario para que presente a documentación xustificativa que se establece no artigo 7 da presente ordenanza específica.

2.- A contía da axuda, por alumno/a, será de 60 euros (o importe sobrante distribuirase a partes iguais entre os beneficiarios)

3.- O importe da axuda en ningún caso poderá ser de tal contía que illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou privadas, supere o custo dos gastos acreditados polo/a beneficiario/a.

Artigo 7.- Xustificación e pagamento.

O pagamento das axudas efectuarase aos representantes legais dos beneficiarios, unha vez presentada a seguinte documentación:

a) Facturas orixinais ou fotocopias cotexadas dos gastos originados pola adquisición do material escolar por importe igual ou superior á contía outorgada. As ditas facturas deberán cumprir os requisitos esixidos polo Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se regulan as obrigas de facturación.

b) Declaración xurada de non percepción doutras axudas das distintas administracións públicas ou entes públicos ou privados, que en concorrencia coas outorgadas polo concello superen o importe das devandtas facturas presentadas para a xustificación.

c) Declaración xurada de atoparse ao corrente nas obrigas tributarias en xeral (Estado e Comunidade autónoma) e, en concreto, co Concello de Pontedeume, e coa Seguridade Social.

Disposición adicional.

Para o non previsto na presente ordenanza será de aplicación o que se dispón na Lei 38/2003 xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006 polo que se aproba o regulamento da lei xeral de subvencións, na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e na Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Pontedeume.

Disposición final.

Esta Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e unha vez transcorrido o prazo ao que se refire o artigo 70.2 en relación co artigo 65.2 da Lei 7/85, reguladora de bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Contra esta Ordenanza poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

A presente Ordenanza consta de 7 artigos, unha disposición adicional e unha disposición final, e aprobouse polo Concello en Pleno en sesión celebrada o 22 de setembro de 2011.

Pontedeume, 17 de novembro de 2011

O alcalde

Asdo.: Gabriel Torrente Piñeiro

2011/15245

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
25/11/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina