Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Porto do Son: Bases convocatoria axudas libros de texto

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Administración Local

Municipal

Porto do Son

Bases convocatoria axudas libros de texto

EDITO

“BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO ESCOLAR 2011-2012.

1.- FINALIDADES E OBXECTO

O Concello de Porto do Son, ten a intención de apoiar, de cara o curso escolar 2011-2012, ás familias de menor nivel de renda que, tendo fillos que cursan estudos de Educación Infantil, soportan os gastos derivados da súa escolarización, como son os dos libros.

É obxecto das presentes bases regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para libros de texto de educación infantil, para o curso académico 2011-2012.

O orzamento máximo para as devanditas axudas é de 3.000 euros retido na aplicación orzamentaria 231.48100. Non obstante, de acordo co artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, poderanse conceder as axudas por un importe superior ao convocado, ata un máximo adicional de 3.000 euros, sen necesidade de que se realice unha nova convocatoria, cando se produza un incremento de créditos derivado de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo grupo de programa.

A efectividade da contía adicional de 3.000 euros está condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia dalgunha das circunstancias anteriores, previa aprobación da modificación orzamentaria que proceda e, en todo caso, antes da resolución de concesión.

Unha vez que se verifique a dispoñibilidade de todo o parte do crédito adicional, o alcalde deberá aprobar a declaración de dispoñibilidade do mesmo e publicar o dito acordo no BOP, previamente á resolución de concesión.

2.- BENEFICIARIOS.

2.1.- Teñen a condición de beneficiarios o pai, nai ou titor dos nenos que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar empadroado no Concello de Porto do Son.

b) Cursar estudos de Educación Infantil para o curso escolar 2011-2012.

c) Non ter unha renda per cápita mensual superior aos 600€, de acordo co baremo indicado na base 4.

d) Non percibir axuda algunha para o mesmo fin.

e) Non ter subvencións ou axudas concedidas polo Concello de Porto do Son pendentes de xustificación por parte do solicitante, sempre que tivese finalizado o prazo de xustificación.

2.2.- Os beneficiarios terán as seguintes obrigas ante o concello de Porto do Son:

a) Cumprir a actividade obxecto da subvención, é dicir, realizar o gasto en libros para os cursos nos que se acredite a matriculación

b) Someterse ás actividades de control realizadas por parte do Concello para comprobar a veracidade dos actos consignados na documentación presentada, así como o cumprimento dos requisitos para a percepción da axuda e colaborar co Concello en ditas actuacións.

c) Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e ca Seguridade Social.

d) Comunicar ante o Concello unha modificación nas circunstancias esixidas para a concesión da axuda.

e) As restantes previstas na normativa reguladora de subvencións.

3.- SOLICITUDES.

3.1.- As solicitudes para a concesión da presente axuda formalizaranse no modelo de solicitude establecido a tal fin e presentarase no departamento de Servizos Sociais do Concello ou dalgunha outra forma establecida no artigo 38.4 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico da Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes deberán presentalas o pai/nai/representante legal do neno e acompañaranse da seguinte documentación:

a) Fotocopia cotexada do D.N.I/N.I.E. do solicitante.

b) Fotocopia cotexada do libro de familia, na que consten todos os membros.

c) Certificado de empadroamento do neno para o que se solicita a axuda

d) Certificado de matrícula do curso escolar 2011-2012.

e) Fotocopia cotexada da última declaración da renda ou certificado de imputación de rendas de Facenda integrantes da unidade familiar. Aos efectos da presente convocatoria, entenderase por unidade familiar o núcleo formado polo matrimonio ou parella de feito, así como os ascendentes e descendentes menores de 21 anos que convivan con eles no mesmo domicilio. Esta idade ampliarase ata os 25 anos mentres que se realicen estudos axeitados á súa idade e titulación ou encamiñados á obtención dun posto de traballo. Incluiranse os estudos realizados en centros educativos públicos ou privados, sempre que teñan unha duración lectiva dun curso académico.

f) Fotocopia cotexada doutros xustificantes de ingresos económicos.

g) Declaración xurada de non percibir axuda doutro organismo polo mesmo concepto.

h) Declaración responsable do solicitante de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e ca Seguridade Social .

i) Certificado de titularidade da conta bancaria ou fotocopia cotexada da páxina da libreta da conta corrente do solicitante na que figure o número da mesma.

j) Factura dos libros a nome do pai, nai ou titor, ou tique dos libros cos requisitos establecidos no RD 1496/2003, de 28 de novembro. En todo caso, deberá facer constar o nome do solicitante da axuda, así como o detalle dos libros.

3.2.- O prazo de presentación finalizará vinte días hábiles contados dende o día seguinte da publicación da presente convocatoria no BOP. Así mesmo, difundiranse bandos sobre a convocatoria.

4.- PROCEDEMENTO

4.1.- A instrución do procedemento corresponderalle a un traballador do departamento de Servizos Sociais, que deberá avaliar as solicitudes presentadas e requirir as subsanacións que procedan para que as mesmas cumpran os requisitos esixidos nas presentes bases. O prazo de subsanación será de dez días hábiles improrrogables; no suposto de que os defectos non sexan subsanados, o órgano instrutor proporá o rexeitamento.

4.2.- O procedemento de concesión será o procedemento abreviado ao que se refire o artigo 22 da Lei de subvencións de Galicia. Así, a proposta de concesión formularase polo órgano instrutor, que deberá:

- Facer constar que da información que obra no seu poder despréndese que os beneficiarios propostos cumpren todos os requisitos necesarios para acceder á axuda.

- Ser motivada, debendo indicar a porcentaxe correspondente para cada solicitude, así como o importe da axuda que lle corresponda.

- Indicar as solicitudes para as que se propón a denegación, así como a causa da mesma.

O baremo que determina o importe da axuda é o que segue:

RENDA PER CÁPITA MENSUAL

% SUBVENCIÓN CONCEDIDA

Menos de 350€/mes ou casos valorados polos Servizos Sociais do Concello

100%

Ingresos entre 350€ e 600€/mes

50%

Ingresos superiores a 600 €/mes

0%

O importe total da renda será o resultado de restar aos rendementos de cada categoría os gastos deducibles. A contía resultante dividirase entre 12 e o número de membros da unidade familiar para obter a renda per cápita mensual.

O importe da subvención calcularase pola aplicación da porcentaxe correspondente ao importe dos ingresos sobre a contía da factura presentada.

4.3.- En caso de que o importe resultante das axudas superase o crédito orzamentario aprobado e indicado no número 1 das presentes Bases, reduciranse as subvencións dos beneficiarios do tramo máis elevado de renda per cápita de modo proporcional a cada un deles, reducindo as do tramo inmediatamente inferior e así sucesivamente, se fose necesario.

5.- RESOLUCIÓN.

5.1.- O alcalde, en base á proposta do órgano instrutor, e previo o informe da Intervención Municipal, resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas. A resolución conterá a relación dos beneficiarios e os importes das axudas, así como as solicitudes desestimadas coa motivación que proceda.

5.2.- Esta resolución notificarase aos beneficiarios antes do 15 de decembro de 2011, de acordo co artigo 59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. A falta de notificación no prazo establecido lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

As subvencións concedidas non serán obxecto de publicación, de acordo co artigo 18.3.d) da Lei xeral de subvencións.

5.3.- Contra a resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer, de conformidade co preceptuado no artigo 116 da Lei 30/1992, del 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da notificación da presente resolución, ou directamente recurso contencioso administrativo ante ó Xulgado do Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende o seguinte ó da notificación do acordo. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime conveniente en defensa dos seus intereses.

6.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

6.1.- A xustificación das presentes axudas entenderase realizada coa presentación da factura dos gastos relativos aos libros, esixida coa documentación da solicitude, de acordo coa cláusula 3.

6.2.- O aboamento da subvención realizarase mediante ingreso por transferencia bancaria na conta sinalada polo beneficiario.

7.- REINTEGRO

7.1.- Procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:

- Variación nas circunstancias que motivaron a concesión da axuda.

- Demais supostos previstos no artigo 37 da Lei xeral de subvencións.

7.2.- O reintegro estará suxeito ás disposicións previstas ao respecto nos artigos 36 e seguintes da Lei xeral de subvencións e 32 e seguintes da Lei de subvencións de Galicia.

8.- RÉXIME XURÍDICO

As presentes axudas estarán suxeitas, ademais das presentes bases, á Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións (LXS), Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia; Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se desenvolve a LXS, normativa municipal específica e normativa administrativa que sexa de aplicación.

Porto do Son, 21 de setembro de 2011

José Luis Oujo Pouso

Alcalde do Concello de Porto do Son

2011/12482

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
04/10/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina