Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Porto do Son: Bases convocatoria subvencións para transporte escolar

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Administración Local

Municipal

Porto do Son

Bases convocatoria subvencións para transporte escolar

EDITO

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA TRANSPORTE ESCOLAR DURANTE O CURSO 2011-2012.

1.- FINALIDADES E OBXECTO

O Concello de Porto do Son, ten a intención de apoiar, de cara o curso escolar 2011-2012, aos estudantes que, residindo no Concello, cursen estudos de ensinanza secundaria ou formación profesional, fóra dos límites do municipio, co fin de facilitarlles o transporte ou desprazamento. Exclúense os estudos superiores (universitarios, doutorados, etc.).

É obxecto das presentes bases regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para transporte escolar para o curso académico 2011-2012.

O orzamento máximo para as devanditas axudas é de 3.000 euros retido na aplicación orzamentaria 231.48100. Non obstante, de acordo co artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, poderanse conceder as axudas por un importe superior ao convocado, ata un máximo adicional de 3.000 euros, sen necesidade de que se realice unha nova convocatoria, cando se produza un incremento de créditos derivado de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo grupo de programa.

A efectividade da contía adicional de 3.000 euros está condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia dalgunha das circunstancias anteriores, previa aprobación da modificación orzamentaria que proceda e, en todo caso, antes da resolución de concesión.

Unha vez que se verifique a dispoñibilidade de todo o parte do crédito adicional, o alcalde deberá aprobar a declaración de dispoñibilidade do mesmo e publicar o dito acordo no BOP, previamente á resolución de concesión.

2.- BENEFICIARIOS.

2.1.- Teñen a condición de beneficiarios os estudantes que cumpran os requisitos que se indican a continuación. No suposto de estudantes menores de idade, terá a condición de beneficiario o pai, nai ou titor do mesmo, que deberá presentar a solicitude e documentación seguinte relativa ao estudante:

a) Estar empadroado no Concello de Porto do Son.

b) Cursar estudos de ensinanza secundaria e formación profesional, para os que sexa necesario desprazarse fóra do Concello durante a totalidade do curso lectivo.

c) Non ter unha renda per cápita mensual superior aos 600€, de acordo co baremo indicado na base 4.

d) Que o beneficiario da axuda non perciba axudas para o mesmo fin.

e) Que o beneficiario da axuda teña axudas ou subvencións pendentes de xustificar ante o Concello de Porto do Son, sempre que tivese finalizado o prazo de xustificación.

2.2.- Os beneficiarios terán as seguintes obrigas ante o Concello de Porto do Son:

a) Someterse ás actividades de control realizadas por parte do Concello para comprobar a veracidade dos actos consignados na documentación presentada, así como o cumprimento dos requisitos para a percepción da axuda e colaborar co Concello en ditas actuacións.

b) Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e ca Seguridade Social.

c) Comunicar ante o Concello unha modificación nas circunstancias esixidas para a concesión da axuda.

d) As restantes previstas na normativa reguladora de subvencións.

3.- SOLICITUDES.

3.1.- As solicitudes para a concesión da presente axuda formalizaranse no modelo de solicitude establecido a tal fin e presentarse no rexistro xeral do Concello ou dalgunha outra forma establecida no artigo 38.4 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico da Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, e deberá acompañarse da documentación que se indica a continuación. A solicitude deberá presentarse polo estudante, agás nos supostos nos que sexa menor de idade; neste caso deberá presentarse polo pai/nai ou representante legal coa seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI/NIE do solicitante e do estudante ou libro de familia, no caso de que os nenos/as aínda non o teñan.

b) Certificado de empadroamento no Concello de Porto do Son do estudante.

c) Fotocopia cotexada da última declaración da renda ou certificado de imputación de rendas de Facenda integrantes da unidade familiar. Aos efectos da presente convocatoria, entenderase por unidade familiar o núcleo formado polo matrimonio ou parella de feito, así como os ascendentes e descendentes menores de 21 anos que convivan con eles no mesmo domicilio. Esta idade ampliarase ata os 25 anos mentres que se realicen estudos axeitados á súa idade e titulación ou encamiñados á obtención dun posto de traballo. Incluiranse os estudos realizados en centros educativos públicos ou privados, sempre que teñan unha duración lectiva dun curso académico.

d) Fotocopia cotexada doutros xustificantes de ingresos económicos.

e) Fotocopia cotexada da matrícula oficial de estudos ou certificado expedido polo centro, acreditativo de que o solicitante cursa estudos no mesmo.

f) Declaración do solicitante de non percibir axuda algunha para a mesma finalidade.

g) Declaración responsable do solicitante de estar ó corrente nas súas obrigas tributarias e ca Seguridade Social .

h) Copia cotexada do certificado de titularidade bancaria do estudante ou da páxina da cartilla da conta bancaria que indique o número da mesma.

3.2.- O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados dende o día seguinte da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, publicación que irá acompañada de bandos no termo municipal para unha mellor difusión e publicidade da mesma.

4.- PROCEDEMENTO

4.1.- A instrución do procedemento corresponderalle a un traballador do Departamento de Servizos Sociais, que deberá avaliar as solicitudes presentadas e requirir as subsanacións que procedan para que as mesmas cumpran os requisitos esixidos nas presentes bases. O prazo de subsanación será de dez días hábiles improrrogables; no suposto de que os defectos non sexan subsanados, o órgano instrutor proporá o rexeitamento.

4.2.- .- O procedemento de concesión será o procedemento abreviado ao que se refire o artigo 22 da Lei de subvencións de Galicia. Así, a proposta de concesión formularase polo órgano instrutor, que deberá :

- Facer constar que da información que obra no seu poder despréndese que os beneficiarios propostos cumpren todos os requisitos necesarios para acceder á axuda.

- Ser motivada, debendo indicar a renda per cápita para cada solicitude, así como o importe da axuda que lle corresponda.

- Indicar as solicitudes para as que se propón a denegación, así como a causa da mesma.

O baremo que determina o importe da axuda é o que segue:

RENDA PER CÁPITA

IMPORTE DA SUBVENCIÓN

Menos de 350€/mes

300 €

Ingresos superiores a 350 € ata 450 €/mes

200 €

Ingresos superiores a 450 € ata 600 €/mes

100 €

Ingresos superiores a 600 €/mes

0 €

O importe total da renda será o resultado de restar aos rendementos de cada categoría os gastos deducibles. A contía resultante dividirase entre 12 e o número de membros da unidade familiar para obter a renda per cápita mensual.

4.3.- En caso de que o importe resultante das axudas superase o crédito orzamentario aprobado e indicado no número 1 das presentes Bases, reduciranse as subvencións dos beneficiarios do tramo máis elevado de renda per cápita de modo proporcional a cada un deles, reducindo as do tramo inmediatamente inferior e así sucesivamente, se fose necesario.

5.- RESOLUCIÓN.

5.1.- O alcalde, en base á proposta do órgano instrutor, e previo o informe da Intervención Municipal, resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas. A resolución conterá a relación dos beneficiarios e os importes das axudas, así como as solicitudes desestimadas coa motivación que proceda.

5.2.- A notificación da resolución definitiva realizarase antes do 15 de decembro do 2011, de acordo co artigo 59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. A falta de notificación no prazo establecido lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

As subvencións concedidas non serán obxecto de publicación, de acordo co artigo 18.3.d) da Lei xeral de subvencións.

5.3.- Contra a resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer, de conformidade co preceptuado no artigo 116 da Lei 30/1992, del 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da notificación da presente resolución, ou directamente recurso contencioso administrativo ante ao Xulgado do Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende o seguinte ao da notificación do acordo. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime conveniente en defensa dos seus intereses.

6.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

6.1.- De acordo co artigo 30.7 da Lei xeral de subvencións, a concesión das presentes axudas non requirirá doutra xustificación que a acreditación previa á concesión de que o solicitante reúne os requisitos establecidos nesta convocatoria.

6.2.- O aboamento da subvención realizarase mediante ingreso por transferencia bancaria na conta sinalada polo beneficiario, nun único pago despois da resolución de concesión.

7.- REINTEGRO

7.1.- Procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:

- Variación nas circunstancias que motivaron a concesión da axuda.

- Demais supostos previstos no artigo 37 da Lei xeral de subvencións.

7.2.- O reintegro estará suxeito ás disposicións previstas ao respecto nos artigos 36 e seguintes da Lei xeral de subvencións e 32 e seguintes da Lei de subvencións de Galicia.

8.- COMPATIBILIDADE DA SUBVENCIÓN

A concesión destas axudas será compatible con calquera outro tipo de becas ou subvencións, agás as que se entreguen coa mesma finalidade.

9.- RÉXIME XURÍDICO

As presentes axudas estarán suxeitas, ademais das presentes bases, á Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS), Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se desenvolve a LXS, normativa municipal específica e normativa administrativa que sexa de aplicación.

Porto do Son, 21 de setembro de 2011

José Luis Oujo Pouso

Alcalde do Concello de Porto do Son

2011/12483

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
04/10/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina