Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

PROGRAMA EMEGA 2011

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Resolución do 11 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións para o apoio ao emprendemento femenino (Programa Emega) e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (SI429A).

 
 O obxectivo do Programa Emega é o estímulo ás mulleres emprendedoras, apoiándoas mediante a concesión dunha serie de axudas económicas para que se establezan como empresarias e deste xeito acaden a súa propia promoción e contribúan á creación de postos de traballo. Esta liña de actuación que se establece para o apoio ao emprendemento feminino a través da convocatoria pública de axudas e subvencións para a creación e a mellora de proxectos empresariais para o ano 2011 está amparada no réxime de axudas de minimis e financiada polo Fondo Social Europeo dentro do programa operativo do FSE para o período 2007-2013.
 
Finalidade e réxime das axudas.
 
 O obxecto desta resolución é fixar as bases reguladoras e a convocatoria pública para o ano 2011, das axudas e subvencións establecidas pola Secretaría Xeral da Igualdade, polo procedemento de concorrencia competitiva, amparadas no réxime de minimis, para apoiar o emprendemento femenino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes áreas de actuación:
 
-Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres en forma de primas básicas ao emprendemento, a través dunha achega económica que sirva de compensación ao esforzo económico do primeiro período de actividade e de estímulo para a creación de emprego femenino por conta allea.
 
Poderán ser beneficiarias das axudas correspondentes á área de actuación I as mulleres que cumpran os seguintes requisitos:
 
a) Que creen o seu propio posto de traballo, partindo dunha situación de desemprego ou inactividade por un período mínimo de tres meses anterior ao día primeiro do mes de inicio de actividade, establecéndose como empresarias autónomas ou sociedades unipersoais.
 
b) Que constitúan microempresas ou pequenas empresas, baixo calquera forma societaria, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens, sempre que:
-Se creen na empresa os postos de traballo de todas as socias ou emprendedoras.
-Polo menos o 50% das mulleres que constitúen a empresa estivesen en situación de desemprego ou inactividade por un período mínimo de tres meses anterior ao día primeiro do mes de inicio de actividade.
-A administración sexa exercida unicamente por mulleres.
-O capital social pertenza unicamente a mulleres cando se trate de microempresas, ou que mayoritariamente estea subscrito por mulleres no caso de pequenas empresas.
 
c) Que o inicio da actividade empresarial teña lugar entre o 1 de setembro de 2009 e a data de finalización de prazo de presentación de solicitudes.
Para estes efectos, computarase a data de alta da actividade no IAE ou da declaración censal (no caso de varias actividades terase como referencia a da actividade principal) que terá que coincidir no mesmo mes en que se formalice a alta das promotoras no réxime da seguridade social ou mutualidade profesional que corresponda. Con carácter excepcional e sempre que exista causa razoada, entenderase que se cumpre este requisito cando polo menos a metade
das socias causen alta no mes en que se produza a alta fiscal da empresa e o resto con anterioridade ao 31 de outubro de 2011.
 
d) Que realicen un investimento mínimo de 6.000 euros, segundo a letra A) do anexo III, deducido o importe correspondente á provisión de fondos. Quedan exceptuadas do cumprimento deste requisito as iniciativas para a posta en marcha de empresas dedicadas á prestación de servizos de conciliación.
 
e) Que realicen as actuacións obxecto de subvención e cumpran os demais requisitos e obrigas establecidas.
 
f) Que non recibisen con anterioridade axuda dos programas Emega para creación de empresas.
 
As axudas establecen as seguintes contías en función do emprego xerado:
 
a) Prima de 8.000 euros cando se trate de empresarias autónomas ou sociedades formadas por unha ou dúas mulleres.
 
b) Prima de 10.000 euros cando se trate de sociedades formadas por tres ou catro mulleres.
 
c) Prima de 12.000 euros cando se trate de sociedades formadas por cinco ou seis mulleres.
 
d) Prima de 14.000 euros cando se trate de sociedades formadas por mais de seis mulleres.
 
e) Prima de 16.000 euros para empresas que creen un posto de traballo por conta allea de carácter indefinido para mulleres.
 
f) Prima de 18.000 euros para empresas que creen dous postos de traballo por conta allea de carácter indefinido para mulleres.
 
g) Prima de 20.000 euros para empresas que creen máis de dous postos de traballo por conta allea de carácter indefinido para mulleres.
 
h) Prima de 25.000 euros para empresas que creen máis de dous postos de traballo por conta allea de carácter indefinido para mulleres e que, polo menos, un deles sexa a tempo completo.
 
i) Prima de 30.000 euros para empresas que creenmáis de dous postos de traballo por conta allea de carácter indefinido a tempo completo para mulleres desempregadas de longa duración e maiores de corenta e cinco anos.
 
 
 
-Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres en forma de primas especiais que sirvan de incentivo para afrontar un proxecto de mellora caracterizado pola creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.
 
 Poderán ser beneficiarias das axudas correspondentes á área de actuación II as empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
 
a) Que acrediten o cumprimento das condicións sobre o capital social e a administración da empresa establecidas no punto anterior.
 
b) Que acrediten actividade empresarial, no mesmo sector para o que se proxecta a mellora, ininterrumpida entre 2 e 5 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
 
c) Que non recibisen con anterioridade axuda dos programas Emega para mellora de empresas.
 
d) Que realicen un investimento mínimo de 6.000 euros segundo a letra A) do anexo III, deducido o importe correspondente á provisión de fondos.
 
e) Que presenten un proxecto de mellora empresarial que supoña a creación, polo menos, dun posto de traballo para unha muller, para o que se exixa capacitación profesional media ou superior e as súas funcións estean vinculadas directamente ás accións do proxecto de mellora.
 
f) Que o proxecto se materialice a través dalgunha das seguintes accións:
-Proxectos de desenvolvemento de tecnologías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos ou mellora dos xa existentes.
-Proxectos de aplicación de novas fórmulas de produción e/ou distribución.
-Proxectos de diversificación de produción e/ou da oferta de produtos ou servizos no marco da mellora da calidade.
-Proxectos de reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos e/ou servizos innovadores ou de especial singularidade.
 
g) Que realicen as actuacións obxecto de subvención e cumpran os demais requisitos e obrigas
establecidas.
 
As axudas fixan as seguintes contías:
 
a) Contía xeral: prima de 15.000 euros por empresa.
 
b) Contías específicas:
 
b.1) Prima de 20.000 euros para as empresas que, ademais do posto exixido no artigo 4º.2 e), creen dous ou máis postos de traballo por conta allea de carácter indefinido para mulleres.
 
b.2) Prima de 25.000 euros para empresas que, ademais do posto exixido no artigo 4º.2e), creen
máis de dous postos de traballo por conta allea de carácter indefinido para mulleres e que, polo menos,un deles sexa a tempo completo.
 
b.3) Prima de 30.000 euros para empresas que, ademais do posto exixido no artigo 4º.2 e), creen
máis de dous postos de traballo por conta allea de carácter indefinido a tempo completo para mulleres desempregadas de longa duración e maiores de corenta e cinco anos.
 
 
 Todos os postos de traballo que se creen para dar cumprimento ao establecido neste artigo teñen que estar cubertos por un período mínimo de cinco anos e computarase desde que se produzan as altas correspondentes no sistema da Seguridade Social ou mutualidades profesionais, en todo caso, estas altas terán lugar como data límite o 31 de outubro de 2011.
 
SOLICITUDES.
 
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que se publica como anexo I no cal teñen que indicar a área de actuación para a que solicitan a subvención, xunto coa documentación, en original ou copia compulsada, que se relaciona en dito artigo.
 
 
Lugar e prazo de presentación de solicitudes.
 
As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral da Igualdade e presentaranse, nos rexistros da Xunta de Galicia, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que
neste último caso se subscribise o oportuno convenio, O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ( Publicouse o 18 de Xaneiro de 2011 )

Para acceder o texto completo prema no seguinte enlace:
 

Para mais información pode poñerse en contacto coa Federación de Autónomos de Galicia (981 15 14 53)

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
18/01/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina