Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

PROGRAMA RE-IMAXINA

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas(Programa Re-Imaxina).

 

Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte á publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro do ano 2011.

Obxecto.

1. Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación de tres liñas de financiamento subsidiado para facilitar o acceso ao financiamento nos investimentos das microempresas, dos emprendedores, e das pemes que melloren a súa competitividade:

Liña Microcréditos: créditos para financiar investimentos nas microempresas galegas.
•Liña Peme xove: créditos para financiar investimentos en proxectos emprendedores galegos.
Liña Peme competitiva: créditos para financiar investimentos que permitan mellorar a competitividade das pemes galegas.
 

2. Non poderán concorrer no financiamento dun mesmo proxecto préstamos das distintas liñas de financiamento recollidas nestas bases.

 Beneficiarios das liñas de crédito.

1. Poderán acceder ás axudas previstas nestas bases aquelas pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOCE L/214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías). Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para cada liña de financiamento, establécense os seguintes requisitos adicionais:

a) Para a liña denominada Microcréditos poderán ser beneficiarias aquelas empresas con domicilio fiscal en Galicia, cun máximo de 10 traballadores e cunha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.

b) Para a liña denominada Peme xove poderán ser beneficiarias aquelas empresas que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia, e que ademais, non veñan desenvolvendo a mesma actividade para a que solicitan o financiamento nun prazo superior a dous anos contados desde a data de presentación no Igape, directamente ou mediante a súa participación no capital doutra sociedade que desenvolvese a mesma actividade.

c) Para a liña denominada Peme competitiva poderán ser beneficiarias aquelas empresas que veñan exercendo en Galicia por un período superior a dous anos algunha das actividades recollidas no anexo II destas bases.

2. Para os efectos de acreditar a data de inicio de actividades poderá considerarse a alta no imposto de actividades económicas ou declaración censual.

3. En aplicación do artigo 49.Un m) da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, os solicitantes quedan exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou ser debedor por resolución de procedencia de reintegro.

4. Ademais de reunir os requisitos establecidos para cada liña de financiamento deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

5. Non poderán ser beneficiarias das liñas de financiamento recollidas nestas bases as empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise que para as pemes aparece no artigo 1.7 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 800/2008).

 Actividades obxecto de financiamento.

1. Para as operacións das liñas Microcréditos e Peme xove, establecidas no artigo anterior, poderán ser obxecto de financiamento ao abeiro destas bases todas as actividades económicas, agás:

a) As actividades relacionadas coa exportación, a creación de redes de distribución e investimentos vinculados á actividade de exportación.

b) As actividades do sector do carbón.

2. Para as operacións da liña Peme competitiva, a beneficiaria deberá desenvolver algunha das actividades recollidas no anexo II a estas bases.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
23/06/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina