Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 17.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

QUIROGA: BASES E CONVOCATORIAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA ÁREA DE REHABILITACIÓN

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

 

QUIROGA

O ámbito no que será de aplicación esta convocatoria é a ARI da Praza Maior e Pacios de Mondelo no

municipio rural de Quiroga, declarada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia atendendo ao

disposto no artigo 46 do RD 2066/2008.

A presente convocatoria ten por obxecto establece-lo procedemento de concesión das axudas ao abeiro

do Convenio asinado entre o Ministerio de Fomento o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de

Quiroga, no ano 2010, relativo a concesión das axudas para a área de rehabilitación integral da Praza Maior e

Pacios de Mondelo no municipio de Quiroga 2ª fase no marco do R.D. 2066/2008.

Base 2.-Ámbito territorial desta convocatoria

O ámbito no que será de aplicación esta convocatoria é a ARI da Praza Maior e Pacios de Mondelo no

municipio rural de Quiroga, declarada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia atendendo ao

disposto no artigo 46 do RD 2066/2008.

Base 1.-Obxecto

 

 

Base 3.-Tipos de actuacións protexibles

apartados:

a) Rehabilitación de edificios. Actuacións de conservación, restauración, rehabilitación, renovación, e

reforzo estructural en edificios con uso residencial que comporten o acaemento estructural e funcional dos ditos

edificios.

b) Rehabilitación de vivendas e actuacións para o acaemento das condicións de habitabilidade das

vivendas en edificios residencias. As actuacións en vivendas deberán atender prioritariamente á mellora das

condicións de habitabilidade relativas a distribución interior, instalacións de auga, electricidade, calefacción,

ventilación, iluminación natural e aireación, illamento térmico, servicios hixiénicos e instalacións de cociña ou

doutros servicios de carácter xeral.

c) Actuacións nos elementos comúns das edificacións e de mellora e conservación dos elementos que

demandasen os valores histórico-artístico, arquitectónico e/ou ambientais. Dentro destas actuacións

entenderanse incluídas:

Tellados.

- Chimeneas.

- Fachadas.

- A instalación de ascensores.

- A instalacións para a detección e prevención de incendios e habilitación de vías de evacuación.

- A supresión de antenas individuais e instalación de antenas colectivas.

- O acaemento de accesos e circulación para uso de minusválidos.

Base 4.-Criterios de selección

Dentro das actuacións na Área de Rehabilitación Integral, as prioridades xerais serán as seguintes:

- Interese arquitectónico do edificio proposto: Obras catalogadas.

- Actuacións que melloren o aspecto xeral da Área de Rehabilitación Integral.

- Intervención contiguas en rúas.

- Emprego de materias tradicionais.

En igualdade de condicións, serán criterios de preferencia os seguintes:

- Os solicitantes con menor capacidade económica.

- Os edificios cunha antigüidade maior de 60 anos.

Base 5.-Programa e contía das axudas

As axudas económicas previstas terán o carácter de subvención a fondo perdido, poderán dirixirse a

calquera das actuacións sinaladas no artigo 3 das presentes bases.

As subvencións concederan no marco do acordo asinado entre o Concello de Quiroga, e o Instituto

Galego de Vivenda e Solo e o Ministerio de Fomento o día 29 de marzo de 2011, que estima un investimento de

1.258.000,00 euros, correspondente ás achegadas dos referidos Ministerio, IGVS e dos promotores particulares,

para a realización de 22 actuacións cualificadas.

As subvencións serán as seguintes:

a) Ata o 75 por 100 do orzamento protexido da rehabilitación de edificios e vivendas, sen que a

subvención media poida exceder de 11.600,00 euros por vivenda obxecto ou, se é o caso, resultantes como

consecuencia das actuacións de rehabilitación.

b) Ata o 60 por 100 do orzamento das operacións de urbanización e reurbanización sempre que a contía

resultante non exceda do 30 por 100 da subvención que corresponda efectivamente como consecuencia do

punto anterior.

Base 6.-Características das axudas económicas

As axudas previstas nesta norma, terán caracter de subvencións a fondo perdido e serán outorgadas

polo procedemento de concorrencia competitiva con convocatoria aberta.

As axudas serán concedidas tendo en conta os informes técnicos emitidos pola Oficina Municipal

Xestora de Rehabilitación -Portelo Único de Vivenda do Concello de Quiroga-.

Base 7.-Compatibilidade das axudas

As axudas para as actuacións de rehabilitación en áreas de rehabilitación integral son incompatibles

coas axudas dos programas autonómicos de rehabilitación e reconstrucción de vivendas unifamiliares no medio

rural.

Base 8.-Requisitos

8.1.-Dos inmobles

a) A execución de calquera das obras contará coa perceptiva licencia municipal de obras na que se faga

constar a descrición de todas as obras a executar e calquera outra autorización administrativa necesaria.

b) As obras que teñan por obxecto actuacións sobre os elementos comúns do edificio deberán garantir

as debidas condicións de coherencia técnica e constructiva co estado de conservación do edificio e das

instalacións.

c) Os inmobles e os usos para os que soliciten as axudas deberan ser conformes coas determinación da

normativa en vigor.

d) As edificacións ou vivendas deberán ter uso residencial.

e) Os edificios deberán contar como mínimo con 2/3 partes da súa superficie útil destinada a uso da

vivenda. Exclúense do cómputo as superficies por baixo da rasante e a planta baixa das edificacións.

f) Non se protexerán actuacións en edificios que carezan das condicións mínimas de habitabilidade, de

seguridade estructural e constructiva, de subministración eléctrica e/ou acaída funcionalidade de rede de

saneamento, agás que as obras inclúan as necesarias para consecución das condicións sinaladas.

g) As actuacións en vivendas deberán atender prioritariamente á mellora das condicións de

habitabilidade relativas a distribución interior, instalacións de auga, electricidade, ventilación iluminación natural

e aireacións de cociña ou doutros servicios de carácter xeral. Non se protexerán obras de acabados cuxa

finalidade sexa puramente decorativa.
As obras para as que se solicitan as axudas deberán estar comprendidas nun ou máis dos seguintes

 

h) Non se subvencionarán obras ou partidas de obras iniciadas con anterioridade á realización da

primeira visita técnica ó inmoble por parte dos técnicos da Oficina de Rehabilitación.

i) Os inmobles deberán ter unha antigüidade maior de 10 anos.

8.2.-Dos beneficiarios

j) Os ingresos familiares ponderados das persoas físicas beneficiarias das axudas non poderán exceder

de 6,5 veces o IPREM.

k) Non se atopes incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas nos

apartados 2º e 3º do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS).

l) Os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas sinaladas con carácter xeral no artigo 14 da LXS.

Ademais, deberán cumprir tamén os seguintes requisitos específicos.

Base 9.-Beneficiarios

a) Poderán se beneficiarios das axudas para a rehabilitación de vivendas, edificios e elementos comúns,

os propietarios, arrendatarios ou titulares de algún dereito de uso sobre as vivendas, cando estas constitúan o

seu domicilio habitual e permanente.

b) Tamén poderán solicitar as axudas os titulares de vivendas desocupadas sempre que a solicitude leve

parello o compromiso de ocupalas eles mesmos ou transmitilas ou cedelas a terceiras persoas en arrendamento

ou por calquera outro título legalmente admisible, sempre que sexa como residencia habitual. Este compromiso

terá que ser cumprido antes de transcorridos seis meses dende que finalizasen as obras, e quedarán

condicionadas no devandito prazo, que poderá ser prorrogado ata un ano por solicitude da persoa interesada

cando medie causa xusta.

c) Poderán ser beneficiarios das axudas para a rehabilitación de edificios os propietarios ou titulares

dalgún dereito de uso sobre eles. Será entón de aplicación o disposto sobre a ocupación no párrafo anterior.

d) Poderán ser beneficiarios das axudas para a rehabilitación de edificios e de elementos comúns dos

edificios, os propietarios ou titulares de algún dereito de uso sobre estes.

e) Tamén poderán ser beneficiarios os Concellos nas subvencións concedidas para o financiamento do

custo dos equipos de información e xestión, para a urbanización e reurbanización, así como para as

correspondentes ás vivendas que sexan propiedade destes.

Base 10.-Orzamento protexible

Por orzamento protexible entenderase o orzamento xeral máis o imposto sobre o valor engadido (IVE). O

dito orzamento será o resultado de adicionar ó presuposto de execución material o beneficio industrial (6%) e os

gastos xerais (13%), máis os custos dos honorarios facultativos e de xestión e os tributos satisfeitos por razón

das actuacións.

O orzamento máximo protexido se computará unha superficie útil máxima de 90 metros cadrados por

vivenda.

A contía mínima de orzamento protexido por vivenda rehabilitada ou que participe nos custos de

rehabilitación dun edificio será de 1.000,00 euros.

O orzamento máximo protexible é de 758,00 euros por metro cadrado.

PROCEDEMENTO

Base 11.-Iniciación, instrucción e resolución

A iniciación do procedemento terá lugar mediante convocatoria pública aprobada polo órgano

competente, que terá necesariamente o contido indicado no artigo 20.2 da Lei 9/2007, Xeral de Subvencións de

Galicia:

A instrucción do procedemento realizarase pola Oficina Municipal de Rehabilitación que practicara de

oficio cantas actuacións estime necesaria para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en

virtude dos cales deberá formularse a proposta de resolución.

A proposta de resolución dos expedientes corresponderá a Xunta de Goberno Local, previa proposta

formulada pola Comisión Avaliadora.

Base 12.-comisión de avaliación

A Comisión de avaliación estará composta polo arquitecto/a técnico/a do Concello, polo director/a da

Oficina Municipal de Rehabilitación e por un funcionario do servicio de intervención do Concello.

A Comisión, previo estudio das solicitudes presentadas, emitirá un dictame no que formulará a proposta

de resolución ó órgano competente.

Base 13.-Procedemento: solicitudes, documentos e prazos

1.As solicitudes de axuda presentaranse para tal fin no Rexistro do Concello, previa solicitude do

impreso habilitado na Oficina de Rehabilitación.

a) Fotocopia do D.N.I. do/a solicitante e, de ser o caso, do seu representante.

b) Certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesourería Xeral da Seguridade

Social e da Consellería de Facenda de estar ó corrente das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

c) Documentación acreditativa da propiedade ou do dereito de uso sobre o inmoble.

- Os arrendatarios ou titulares doutros dereitos de uso deberán achegar ademáis autorización do

propietario para realizar as obras.

- Cando se trate de actuacións nos elementos comúns dos edificios en réxime de propiedade horizontal

deberá achegarse certificación do/a secretario/a da comunidade de propietarios da acta na que se recolla o

acordo de realización das obras. Se non existise comunidade de propietarios legalmente constituída, beberá

achegarse un escrito no que conste a conformidade de todos os copropietarios coa realización das obras.

d) Acreditación da antigüidade da vivenda.

e) Documentación relativa ó destino da vivenda:

- Cando o solicitante sexa ou vaia ser residente habitual a permanente da vivenda para rehabilitar,

deberá achegar: certificado de empadroamento ou compromiso escrito de destinar a vivenda á súa residencia

habitual e permanente polo menos durante un período de cinco años dende a aprobación definitiva das axudas

solicitadas.

- Cando o solicitante non habite na vivenda para rehabilitar: compromiso escrito de destinar a vivenda a

residencia familiar habitual e permanente de terceiras persoas, ou no seu defecto a aluguer.

f) Documentación acreditativa dos ingresos e da composición familiar.

g) Memoria descritiva (reportaxe fotográfica, orzamento, superficie útil, prazo das obras) presuposto por

parte do solicitante, ou no seu caso, elaboración da mesma do solicitante, ou no seu caso, elaboración da

mesma pola Oficina de Rehabilitación -Portelo Único de Vivenda-.

h) Declaración xurada de todas as subvencións solicitadas e concedidas para as actuacións

subvencionabas por esta ordenanza, de acordo co previsto no artigo 14.1 d) da LXS.

i) A demais documentación que lle sexa esixible ó beneficiario, de acordo coa lexislación mercantil e

sectorial aplicable e co disposto na LXS.

Base 14.-Concesión das axudas

A Oficina Municipal de Rehabilitación levará a cabo a recepción de solicitudes, exame da documentación

presentada, emenda desta e tramitación dos expedientes polo órgano competente do Concello, que remitirá a

proposta de cualificación provisional ao Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Os interesados deberán achegar a solicitude de licencia urbanística nun prazo non superior a un mes

desde que lles sexa notificación o acordo de concesión provisional da subvención.

A partir da elaboración do informe de final de obras ou de ser o caso desde que se acredite o

cumprimento das condicións sinaladas na aprobación provisional, a Oficina de Rehabilitación someterá o

expediente ó órgano municipal correspondente para que este resolva sobre a proposta de aprobación definitiva

das axudas que remitirá ao I.G.V.S. para a súa cualificación definitiva.

REALIZACIÓN DAS OBRAS, XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN

Base 15.-Contratación e inicio das obras

As obras proxectadas deberán obter a preceptiva licencia municipal de obras e a edificación ou vivenda

ter uso residencial.

As obras deberán iniciarse no prazo máximo de tres meses a partir da concesión da licencia urbanística.

Poderase alongar ese prazo ata seis meses máis se existe causa xustificada.

Os solicitantes poderán contratalas obras coas empresas de construcción que posúan o correspóndete

documento de cualificación empresarial e cos profesionais competentes que consideres máis oportuno.

Base 16.-Finalización das obras

As obras deberán executarse no prazo máximo establecido no acordo de concesión provisional das

axudas. O prazo de execución das obras non poderá exceder de 18 meses debera adecuarse as anualidades

previstas nos respectivos acordos subscritos no marco das comisións bilaterais. Este prazo poderá ser

prorrogado por proposta da Oficina de Rehabilitación, se así o demanda o promotor solicitante das axudas e

media causa xustificada. A prórroga só se concederá unha vez e non poderá exceder a súa duración da metade

do tempo prescrito para o prazo orixinal.

A interrupción das obras por un prazo superior ós tres meses sen causa xustificada poderá supoñer a

caducidade das axudas provisionalmente concedidas.

Rematado o prazo de execución das obras, o promotor disporá dun mes para comunicar o seu remate.

Entregada a documentación redactada polo seu técnico director e as facturas e demais xustificantes de

gasto, os servicios técnicos da Oficina de Rehabilitación redactarán o correspondente informe.

Base 17.-Xustificación

A xustificación da actuación constitúe unha obriga do beneficiario que baixo a súa responsabilidade

aportará a tal fin os orixinais das facturas pagadas ou calquera outro documento con validez xurídica que

permita acreditar o cumprimento do obxecto da subvención.

Base 18.-Pagamento das axudas

As axudas concedidas provisional e definitivamente serán aboadas unha vez que certifique o Concello a

finalización das obras e que o Instituto Galego de Vivenda e Solo emita o documento de cualificación definitivia.

O ingreso farase efectivo por transferencia bancaria no número de conta que o efecto indicou o

interesado no momento de presentar a documentación.

Base 19.-Perda da subvención

Ademais das causas establecidas nos artigo 32 e 33 da Lei Xeral de Subvencións de Galicia serán causa

de perda da subvención:

a) Non reunir as condicións esixidas pola ordenanza, relativas ós solicitantes ou ós inmobles para

rehabilitar.

b) A realización de obras non previstas no proxecto e que non esten autorizadas pola Oficina de

Rehabilitación e carezan de licencia urbanística.

c) A grave incorrección técnico-constructiva das obras.

d) A non execución de obras previstas inicialmente que teñan incidencia nas condicións de

habitabilidade respecto do estado previo do inmoble.

e) Iniciar as obras sen dar conta á Oficina de Rehabilitación.

f) Incumprir os prazos sinalados na aprobación provisional ou nas prórrogas concedidas, así como as

condicións relativas á ocupación das vivendas.

g) A falta de comunicación do remate das obras no prazo máximo dun mes.

h) O impedimento ou a obstaculización do acceso ás obras ós técnicos da Oficina de Rehabilitación por

parte do promotor ou do contratista.

i) Exclúense das axudas os proxectos que supoñan o baleirado total ou parcial da edificación. Isto é

cando se demola, en todo o edificio ou en parte, ou nunha das plantas vivideiras a totalidade da estructura sen

autorización previa do Instituto Galego de Vivenda e Solo. A demolición dunha planta en fachada, incluíndo esta

tamén se considera baleirado.

Base 20.-Publicidade

A publicación das presentes bases realizarase no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial

da Provincia sen prexuízo de información complementaria que se realizará nos distintos medios de

comunicación.

Base 21.-Norma final

No previsto nas presentes bases estarase ao disposto na ordenanza municipal reguladora das axudas

para a rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Quiroga, e de xeito

supletorio, na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de

Subvencións e no seu Regulamento aprobado polo Real Decreto 2066/2008, do 12 de decembro.

En Quiroga, a 7 de outubro do 2011. -O ALCALDE, Julio Álvarez Núñez.

PUBLICADO EN EL BOP DE LUGO WL 19 DE OCTUBRE DE 2011

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
19/10/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina