Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

SADA: Convocatoria de subvencións non nominativas en materia de educación

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Administración Local

Municipal

Sada

Secretaría

Convocatoria de subvencións non nominativas en materia de educación

BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE SUBVENCIONS NON NOMINATIVAS EN MATERIA DE EDUCACIÓN POLO CONCELLO DE SADA PARA O EXERCICIO 2011.

DISPOSICIÓNS XERAIS.

Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e procedemento para a concesión de subvencións no ámbito do Termo Municipal de Sada, de acordo cos principios de obxectividade, igualdade, concorrencia e publicidade, así como para a prestación de servizos e realización de actividades que complementen ou suplan os atribuídos á competencia municipal ou que, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses peculiares do municipio de acordo co establecido na lexislación sobre réxime local (Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, Regulamento de Servizos de 1955, Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, Lei 9/2007 de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, Lei 47/2003, Xeral Orzamentaria). Asemade, será de aplicación a Base nº 36 das de execución do Orzamento vixente.

1ª.- FINALIDADE E OBXECTO.-

A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas para a promoción de actividades educativas.

Poderán optar a estas subvencións :

- os centros escolares, para a celebración de actividades extraescolares por eles programadas, tales como exposicións, publicacións, certames, conferencias e en xeral calquera actividade de conservación, promoción e divulgación dos valores educativos, así coma para gastos de funcionamento (adquisición material non inventariable, reparación de bens de equipo e outros semellantes)

- as ANPAS pola execución de actividades que lle son propias no marco dos principios educativos expresados anteriormente.

2ª.- FINANCIAMENTO DAS SUBVENCIONS.

As citadas subvencións concederanse con cargo as partidas e dispoñibilidades orzamentarias máximas seguintes, contempladas no Orzamento Xeral da Corporación para 2011 :

MATERIA

FINALIDADE

PARTIDA ORZAMENTARIA

IMPORTE MÁXIMO

Educación

Actividades ordinarias

320.0.48008

30.000 €

3ª.- SOLICITUDES.- Poderán solicitar subvencións as persoas xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Entidades legalmente constituídas que cumpran os seguintes requisitos:

a)- Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, no momento da solicitude.-

b)-Carecer de fins de lucro.-

c)- Desenvolver as súas actividades no Termo Municipal ou, no caso de efectuarse fóra deste, deberase tratar de actividades que suplan ou complementen as atribuídas ao Concello de Sada.-

d)- Non ter pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda concedida polo Concello de Sada.

e)- Estar ao corrente das obrigas tributarias co Concello de Sada, coa Seguridade Social e a Facenda Pública.

2. No caso de solicitudes realizadas por persoas xurídicas, deberá ser asinada polo representante da entidade, asociación ou por quen teña conferida a delegación debendo acreditar tal circunstancia (certificación do seu nomeamento).

3. Os Consellos escolares dos centros de ensino público do Concello de Sada para as actividades obxecto da subvención.

4ª.- PROCEDEMENTO E PRAZO.-

As solicitudes de subvención deberanse presentar no Rexistro xeral do Concello ou na forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.-

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 20/10/2011.

5ª DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

a).- Instancia individualizada por cada modalidade de actividade, asinada polo presidente da entidade, asociación, ou por quen teña conferida a delegación, debendo acreditar debidamente tal circunstancia, na que conste a finalidade e contía de subvención que se solicita.-

b).- Programa ou memoria detallada das actividades que se pretenden realizar no ano 2011, con especificación de datas e lugares de realización, obxectivos, número de beneficiarios e fins concretos aos que se destinarán os fondos.-

c).- Orzamento detallado dos gastos ocasionados polas actividades para a que se solicita a subvención e dos ingresos previstos para o seu financiamento.-

d).- Certificación dos cargos representativos e enderezo social, coa expresión do DNI ou CIF, actualizado.-

e).- Estatutos da entidade.-

f).- Copia do CIF da entidade.-

g).- Comunicación de se lles foron outorgadas outras subvencións para a mesma actividade procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, obrigándose a comunicar aquelas outorgadas con data posterior á presentación de solicitude.-

h) Certificación da acta do órgano de goberno do acordo de solicitude de subvención.-

i) Certificación dos datos bancarios da entidade ou persoa física solicitante.-

j) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das causas que determina o artigo 1º da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.-

k) Declaración xurada de que se está ao corrente das obrigas fiscais en xeral e en concreto co Concello de Sada, e coa Seguridade Social, así coma non ter pendente de xustificación ningunha outra subvención municipal outorgada.-.

l) Certificación do número de socios

As Asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións están exentas de presentar a documentación sinalada nos apartados e) e f), debendo presentar fotocopia do documento que acredite a súa inscrición. Os Centros escolares están exentos de presentar a documentación do apartado e).

No caso de existencia de cambios respecto do ano anterior que afecten á xunta directiva ou Consello escolar, enderezo social, conta bancaria ou estatutos, deberá comunicarse ditas actualizacións coa presentación das solicitudes.-

A documentación que se entregue fotocopiada deberá estar compulsada.

Si se apreciasen defectos de forma ou documentación incompleta, requirirase para a corrección ou rectificación no prazo de dez días, arquivándose o expediente sen mais trámite no caso de non realizalas.-

6ª.- CRITERIOS DE SELECCIÓN:

As subvencións serán outorgadas pola Alcaldía, previo informe da comisión de valoración, debidamente motivada, de acordo cos seguintes criterios:

- A súa representatividade no Concello: Ata 30 puntos

De 0-25 alumna/os: 5 puntos

De 26-50 aluma/os: 10 puntos

De 51-100 aluma/os: 15 puntos

De 101-150 alumna/os: 20 puntos

De 151-200 alumna/os: 25 puntos

> a 201 alumna/os: 30 puntos

- Interese xeral das actividades a desenvolver: Ata 20 Puntos

Baremarase cada actividade ata un máximo de 20 puntos, e o resultado deste epígrafe será a media da puntuación acadada por tódalas actividades. Neste epígrafe recibirán 5 puntos a maiores aquelas actividades que promocionen a igualdade, a prevención de acoso escolar, hábitos saudables e a multiculturalidade, así coma o grado de complementariedade e coordinación cos programas desenvolvidos polo Concello.

- Número de beneficiados directa ou indirectamente polas actividades: Ata 20 puntos

Baremarase cada actividade ata un máximo de 20 puntos, e o resultado deste epígrafe será a media da puntuación acdadada por tódalas actividades.

Parte do alumnado: 5 puntos

Familias do alumnado: 5 puntos

Todo o alumnado: 10 puntos

Todo o alumnado e as súas familias: 15 puntos

Toda a sociedade: 20 puntos

- Carácter permanente ou periódico das actividades a desenvolver: Ata 10 puntos

Baremarase cada actividade ata un máximo de 5 puntos, e o resultado deste epígrafe será a media da puntuación acadada por tódalas actividades.

Actividades puntuais: 2 puntos

Actividades o longo do curso: 5 puntos

Actividade o longo do ano: 10 puntos

- Capacidade económica do solicitante e as axudas que reciban doutras entidades públicas: ata 5 puntos

- A dificultade de execución da actividade sen a concesión da subvención: Ata 5 puntos

O departamento de Subvencións, xunto con técnicos das diferentes concellerías, serán os encargados de instruír os expedientes, comprobando que os posibles beneficiarios cumpran cos requisitos esixidos, e elevando logo o informe á Comisión de Valoración. Á vista do informe, a Comisión de Valoración procederá á avaliación e baremación das solicitudes ou peticións conforme aos criterios e ponderacións establecidos na presente convocatoria, debéndose motivar as puntuacións outorgadas, e elevando logo a proposta de resolución á Alcaldía.

A comisión de valoración, como órgano colexiado, estará composta por:

- Presidente: Alcalde da Corporación ou persoa en quen delegue.

- Vocais: catro Concelleiros designados polo Alcalde da Corporación, entre eles a concelleira delegada de Educación.

Actuará como secretario, sen voto, o da Corporación ou funcionario en quen delegue.

A proposta de resolución, logo da valoración da Comisión, será elevada polo órgano instrutor á Alcaldía para a súa aprobación ou modificación (neste caso deberase xustificar na resolución a motivación correspondente. A falta de resolución expresa producirá efectos desestimatorios, e contra a desestimación expresa ou presunta poderán formularse os recursos que procedan).

A resolución da concesión de subvencións ao abeiro destas Bases farase pública mediante a súa exposición no taboleiro de anuncios, e notificación nun prazo de quince días. De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, cando os importes das subvencións outorgadas, individualmente consideradas sexan de contía igual ou superior a 3.000 euros, serán publicadas no BOP.

A obtención concorrente de subvencións doutras Administracións ou entidades públicas ou privadas en ningún caso poderá superar o custe da actividade. Si así fose, este feito daría lugar a unha modificación da resolución da concesión. Asemade, toda alteración das condicións para a concesión da subvención poderá dar lugar, no seu caso, á modificación do acordo da concesión.

7º.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS:

Son obrigas do beneficiario:

- Realizar as actividades que fundamentaron a concesión da subvención e acreditar a súa realización.

- Sinalar en todo tipo de publicidade que a actividade conta co financiamento do Concello, coa expresión “colabora o Ilmo. Concello de Sada”.

- Asumir tódalas responsabilidades legais e civís das actividades que realicen.

- Comunicar ao Concello a concesión de subvencións de calquera entidade pública ou privada que reciban. No incumprimento desta obriga poderá dar lugar ás esixencias das responsabilidades que determine a lexislación vixente.

- Destinar a subvención exclusivamente aos fins para os que foi outorgada, quedando expresamente prohibida calquera alteración de destino non autorizada polo Concello.

- O sometemento ás actuacións de comprobación do Concello da efectiva realización das actividades para a que se outorgará a subvención.

- Facilitar canta información sexa requirida polo Concello ou polo Consello de Contas.

- Estar ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello, situación que apreciarase de oficio por este Concello, sen prexuízo da esixencia da certificación neste senso polo secretario da asociación.

8º.- CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS.

A subvención outorgada terá os seguintes límites, sempre co límite global da dotación orzamentaria correspondente:

Para os centros escolares:

Mínimo: 10 euros por alumno/a

Máximo: 50% do orzamento das actividades presentadas para subvencionar

Para as ANPAS:

Mínimo: 15 euros por alumno/a

Máximo: 50% do orzamento das actividades presentadas para subvencionar

O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados supere o custe da actividade a desenvolver polo beneficiario. Neste suposto, modificarase a resolución da concesión.-

Unha vez resoltas e outorgadas as subvencións, poderanse solicitar adiantos da contía outorgada a medida que vaia xustificándose o gasto realizado polos conceptos subvencionados.-

9º.- XUSTIFICACIÓN E COBRO DAS SUBVENCIONS.

O prazo de xustificación das subvencións rematará o 30 de novembro de 2011, agás que se solicitara e fose outorgada prórroga, que non poderá superar a data de 15 de decembro de 2011, debendo no seu caso, motivarse esta concesión. En todo caso, esta solicitude deberá ser motivada e deberá realizarse por escrito antes da data sinalada anteriormente. O 30 de decembro do ano 2011, anularanse automaticamente os compromisos de axuda pendentes de xustificación ou sen concesión de prórroga.-

No caso de que non se presentase a xustificación da totalidade da subvención dentro do prazo (inicial ou prorrogado) por resolución da Alcaldía iniciarase o expediente de anulación do correspondente compromiso, reducíndose proporcionalmente a cantidade outorgada ao gasto xustificado.-

No caso de que o importe da subvención concedida sexa superior aos 3.000€ deberán presentar certificación de estar ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social e a Facenda Pública.

A xustificación dos gastos, de acordo co fin para o que se outorgou a subvención, deberase realizar presentando a documentación xustificativa seguinte nos prazos indicados na presente convocatoria:

*Memoria descritiva das actividades realizadas na que se recolla a declaración de ter cumprida a finalidade da subvención mediante a realización das actividades para as que foi outorgada, segundo modelo normalizado.

*Balance de gastos e ingresos totais obtidos por todos os conceptos para a realización das actividades subvencionadas, debidamente conformada e asinada polos representantes das entidades beneficiarias da subvención.

*Relación, polo miúdo, das subvencións ou axudas obtidas de outras Administracións ou entidades públicas ou privadas para o mesmo obxecto. No caso negativo, deberase deixar constancia deste feito no expediente mediante a correspondente declaración responsable.

* Acreditación da realización de gastos, da forma seguinte:

 Certificación do secretario/a da entidade co visto e prace da presidencia que acredite o cumprimento das actividades para as que se solicitou subvención municipal.

 No caso de gastos derivados de prestacións persoais de servizo, acreditación mediante nómina, factura e calesquera outros admitidos en dereito (deberán achegarse as fotocopias dos NIF correspondentes ás persoas que imparten cursos, clases, conferencias etc, así coma os árbitros, monitores, adestradores, etc)

 No caso de gastos de material, subministros etc, orixinal ou fotocopia compulsada das facturas (ou documentos acreditativos do gasto substitutivos da factura contemplados no artigo 4 do Real Decreto 1496/2003) representativas dos gastos realizados.

As facturas deberán conter como mínimo, os seguintes requisitos:

· Nome , razón social e NIF ou CIF de quen emite a factura

· Desglose do IVE ou imposto correspondente; no caso de exención, deberase facer constar expresamente na factura

· Nome, domicilio, NIF ou CIF do beneficiario da subvención

· Descrición detallada do servizo ou subministro prestado

· Número de factura, data de emisión e denominación de “Factura”

* O importe dos gastos xustificados deberá alcanzar, como mínimo, o dobre da subvención outorgada.-

Declaración de que as facturas ou xustificantes corresponden á actividade e entidade subvencionada.-

En xeral non se admitirán facturas de bebidas alcohólicas, tabaco ou calquera outro produto considerado lesivo para a saúde nin se admitirán facturas relativas a alimentos e bebidas.-

Á vista da documentación xustificativa presentada o departamento de subvencións emitirá informe sobre a xustificación presentada e a súa adecuación ás presentes bases para que, logo da fiscalización pola Intervención Municipal o órgano competente estimará o cumprimento das actividades ou inversión subvencionados, e propoñerá que se efectúe o recoñecemento e pago da subvención.

No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, de ser o caso daráse prazo para a súa subsanación.

O pagamento da subvención efectuarase mediante transferencia bancaria á conta sinalada pola entidade, tendo que ser o titular a entidade beneficiaria.

Con carácter previo ao pago das cantidades outorgadas, comprobarase de oficio pola Tesourería Municipal que as entidades beneficiarias non teñan débedas pendentes con este Concello. Neste suposto, procederase ao seu cobro por compensación mediante súa dedución da obriga de pago.

10ª.- REINTEGRO DE SUBVENCIONS.

Procederá o reintegro do total ou parte das cantidades percibidas dende o momento do pago da subvención, nos seguintes casos:

- Incumprimento da finalidade para a que foi outorgada a subvención.

- Obtención da subvención sen reunir as condicións requiridas ou falseándoas

As cantidades a reintegrar terán a consideración de ingreso de dereito público.

DISPOSICIÓNS FINAIS.- Os beneficiarios das subvencións quedarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador establecido na Lei Xeral Orzamentaria e demais normativa concordante (Consello de Contas, Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais), sen prexuízo da comunicación de tales feitos ao Tribunal de Contas ao efecto da depuración por este das eventuais responsabilidades penais ou de calquera outra índole que puideran esixirse.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar a súa retirada, modificación ou reintegro do importe da mesma.

Para os casos non previstos nestas bases, serán de aplicación as normas xerais incluídas nas bases de execución do Orzamento Xeral da Corporación e na Lei 9/2007 de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

DILIGENCIA.- Para facer constar que as presentes bases foron aprobadas por Decreto da Alcaldía nº 1346 de data 7/09/2011.-

Sada, 7 de setembro de 2011

O secretario,

Emilio Seijo Frías

2011/11898

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
21/09/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina