Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 28.Marzo.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Axudas para a Conciliación da Vida laboral e familiar

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo e se procede á súa convocatoria.

Corrección de erros- DOG 25 de maio de 2011-

 

Artigo 1. Obxecto e réxime das axudas.

 1. O obxecto da presente resolución é a convocatoria e regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu fillo/a.

 2. O outorgamento das axudas ás que se refire esta convocatoria realizarase a través da modalidade de pagamento único e de forma continuada ata esgotar o crédito orzamentario consignado para estes efectos, segundo a orde de recepción de solicitudes e baixo os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

 Artigo 2. Compatibilidade das axudas.

 As axudas por redución de xornada previstas na presente resolución serán compatibles con calquera outra que, co mesmo obxecto, teñan establecidas ou puideran establecer calquera das administracións públicas, dos seus organismos autónomos, entes ou sociedades, así como por calquera entidade privada.

 Artigo 3. Financiamento.

 1. Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total de 363.747,50 euros que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.40.312G.480.0 podendo estar cofinanciadas ao 80% con fondos FSE no Programa Operativo de Galicia 2007-2013, eixo 2, tema prioritario 69.

 2. De acordo co disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo; e no suposto previsto no artigo 25.3 do dito regulamento. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias sinaladas e, no seu caso, previa aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que isto implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

 Artigo 4. Persoas beneficiarias.

 1. Poderán beneficiarse das axudas previstas nesta resolución:

 a) Homes que se acollan á redución de xornada á que se alude no artigo 5 da presente resolución e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.

 b) Familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada á que se alude no artigo 5 da presente resolución.

 2. As persoas solicitantes, para obter a condición de beneficiarias, deberán cumprir, ademais das esixencias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os seguintes requisitos:

 a) Estar inscritas no padrón de calquera municipio dos integrados no territorio da comunidade autónoma galega, polo menos cun ano de antelación á presentación da solicitude de subvención.

 b) Convivir co/a fillo/a na data da solicitude.

 c) No caso das familias non monoparentais, o outro membro da unidade familiar deberá ser traballador/a por conta allea ou ben autónomo/a e manter esa situación durante todo o período subvencionado. Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5% do período subvencionado.

 3. En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a súa tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.

 Artigo 5. Accións subvencionables.

 1. As axudas serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011, se atopasen en situación de redución da xornada de traballo para o coidado dun/unha fillo/a menor de tres anos. Para ser subvencionable a dita redución deberá ter unha duración mínima de 60 días naturais ininterrompidos e comprendidos no período anteriormente citado .

 2. Tamén poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os requisitos establecidos no apartado anterior, adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo.

 3. A idade do/a fillo/a poderase ampliar ata os 12 anos no suposto de que o/a menor padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.

 4. No suposto de fillos/as adoptados/as ou menores en réxime de acollemento familiar, non se terá en conta a data de nacemento, pero para ter dereito a axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos dende a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. En calquera caso o/a fillo/a polo/a que se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.

 5. En ningún caso o período para o que se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade.

 6. Na concesión destas axudas respectaranse as condicións da Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo.

 Artigo 6. Contía das axudas.

 1. A contía desta axuda estará en función da porcentaxe de redución de xornada laboral que se solicite, da duración desta e do número de fillas/os a cargo da persoa solicitante, sendo considerados para o seu establecemento os seguintes tramos:

 a) Cando a redución de xornada sexa de ata o 15% da xornada laboral e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):

 i. 1.600 euros se é a/o primeira/o filla/o.

 ii. 1.900 euros se é a/o segunda/o filla/o ou se son xemelgas/os.

 iii. 2.200 euros se é a/o terceira/o filla/o ou se son trixemelgas/os.

 b) Cando a redución de xornada sexa superior ao 15% e ata o 33,33% da xornada laboral e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):

 i. 2.700 euros se é a/o primeira/o filla/o.

 ii. 3.000 euros se é a/o segunda/o filla/o ou se son xemelgas/os.

 iii. 3.300 euros se é a/o terceira/o filla/o ou se son trixemelgas/os.

 c) Cando a redución de xornada sexa superior ao 33,33% da xornada laboral e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):

 i. 3.000 euros se é a/o primeira/o filla/o.

 ii. 3.300 euros se é a/o segunda/o filla/o ou se son xemelgas/os.

 iii. 3.600 euros se é a/o terceira/o filla/o ou se son trixemelgas/os.

 2. As contías citadas nos apartados anteriores son as máximas aplicables aos casos nos que a redución de xornada corresponda a unha persoa contratada a xornada completa. Cando a persoa que solicita a redución estivera contratada para unha xornada laboral de duración inferior, as contías das axudas diminuiranse proporcionalmente. Do mesmo xeito, cando a redución de xornada teña unha duración inferior a 8 meses, as contías antes citadas reduciranse proporcionalmente.

 3. Para o cálculo da contía da axuda teranse en conta unicamente as/os fillas/os menores de 12 anos, agás no caso da/do filla/o pola/o que se solicita a redución de xornada, no que se terá en conta o establecido no artigo 5.

Artigo 7. Solicitudes, prazo de presentación e documentación.

 1. As solicitudes, xunto coa documentación requirida, deberán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade, a través de calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que teñan subscrito o convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicador do rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

 2. A solicitude e demais documentación presentarase obrigatoriamente nos modelos normalizados que se inclúen como anexos desta resolución. Os ditos anexos publícanse no DOG; non obstante poderanse obter, cubrir e imprimir a través da web http://www.mulleresengalicia.es

 3. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

 4. Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

 a) Solicitude oficial segundo modelo anexo I.

 b) Fotocopia compulsada do libro de familia.

 c) Fotocopia compulsada da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.

 d) Nos supostos de adopción, fotocopia compulsada da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción.

 e) No caso de acollemento familiar copia compulsada da resolución administrativa ou xudicial de acollemento.

 f) No suposto de fillos/as afectados/as por unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificación actualizada acreditativa de tal condición. Non será necesario achegar esta documentación no caso de que fora expedida pola Xunta de Galicia no desenvolvemento das súas competencias.

 g) No caso de proxenitores solteiros cun/unha fillo/a recoñecido/a polo outro proxenitor pero sen que exista convivencia entre pai e nai, declaración xurada que recolla este extremo (anexo II).

 h) Certificación de empadroamento no que se acredite a data de empadroamento da persoa solicitante dentro do territorio da comunidade autónoma galega e tendo en conta o establecido no artigo 4.2 a (estar inscrita no padrón de calquera municipio dos integrados no territorio da Comunidade Autónoma galega, polo menos cun ano de antelación á presentación da solicitude de subvención).

 i) No caso de familias monoparentais, volante de empadroamento no que consten as persoas que conviven no domicilio coa persoa solicitante.

 j) Certificación bancaria orixinal da conta da que é titular a persoa solicitante.

 k) Declaración de que o período de redución solicitado non coincide co permiso por maternidade, nin con ningún outro permiso, licenza ou excedencia para o mesmo fin da cónxuxe ou parella (anexo III asinado pola persoa que asina a solicitude de axuda).

 l) Certificación da empresa, ou, se é o caso, da administración pública correspondente, acreditativa da redución de xornada (anexo IV). No suposto de que durante o período polo que se solicita a subvención se producira un aumento ou diminución da porcentaxe inicial de redución da xornada de traballo deberá cubrirse un anexo IV por cada unha das variacións producidas. Igualmente se a redución de xornada non fora desfrutada de modo ininterrompido, cubrirase un anexo IV por cada un dos períodos nos que se estivera nesta situación.

 m) TA 2/R (variación de datos na Seguridade Social), na que se reflicta a situación da garda legal. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social (MUFACE, ISFAS, MUGEJU, etc.), certificación na que se acredite a referida situación. Estes documentos non poderán ter unha antigüidade superior a 15 días ao día da presentación da solicitude, excepto nos casos nos que o período de redución xa estivese rematado no momento da solicitude, que se deberá presentar TA 2/R no que se reflicta o inicio da redución por garda legal e TA 2/R no que se reflicta a situación actual.

 n) Declaración do conxunto de todas as solicitudes de axudas concedidas e/ou solicitadas para a mesma finalidade, procedentes das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais; así como de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a que establece o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia (anexo V).

 o) Certificado de vida laboral emitida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social relativa a persoa solicitante da axuda.

 p) No caso de familias non monoparentais certificación de vida laboral emitida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social relativa ao cónxuxe ou parella. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social (MUFACE, ISFAS, MUGEJU etc.), certificación acreditativa da data dende a cal presta os seus servizos, con indicación de que na actualidade se atopa en servizo activo.

 q) Declaración de non estar incurso/a en ningún procedemento de reintegro ou sancionador (anexo V).

 r) Anexo VI relativo a recollida de datos para a análise de resultados.

 5. A elaboración e presentación da solicitude farase segundo as especificacións destas bases, empregando obrigatoriamente os anexos normalizados para os documentos que se sinalan neste artigo. Estes formularios presentaranse no seu formato orixinal e sen emendas nin rascaduras, dando lugar a inobservancia deste extremo á inadmisión da solicitude. Así mesmo, toda a documentación debe ser achegada en papel tamaño DIN A4, sen usar grampas, espirais, carpetas clasificadoras, arquivadores, encadernacións ou calquera outro engadido ao papel que dificulte ou impida os procesos de tratamento, arquivo e dixitalización da documentación, e supoña un gasto evitable e superfluo para as persoas solicitantes; a presentación óptima realizarase coa documentación numerada e fixada mediante elementos metálicos tipo fastener ou clips de suxeición similares. Cómpre ter tamén en conta que o engadido de portadas á primeira folla dos modelos normalizados dificulta o proceso nos rexistros oficiais e a alta dos expedientes administrativos, polo que se deberá omitir esta práctica procurando que o selo do rexistro de entrada figure no anexo de solicitude.

 Artigo 8. Consentimentos e autorizacións.

 1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras e comporta a autorización da persoa solicitante para que o órgano concedente consulte os seus datos de identidade e obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social, a través de certificacións telemáticas.

 De conformidade co artigo 20.3 da Lei 9/2007, se a persoa solicitante indica que certa documentación que se deba usar neste procedemento xa figura no poder da Administración, a presentación da solicitude implica a autorización ao órgano instrutor para acceder a ela. Para estes efectos, a documentación débese manter vixente e identificarase no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada.

 2. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade no devandito rexistro dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas así como ás sancións impostas, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.

 3. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral da Igualdade publicará na súa páxina web oficial a relación de persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

4. A Secretaría Xeral da Igualdade velará polos datos de carácter persoal que serán obxecto de tratamento, e para eses efectos procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as esixencias da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, adoptándose tanto as medidas de seguridade técnicas como organizativas.

 A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación dos expedientes correspondentes e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega.

 Os datos non serán obxecto de cesión a terceiras persoas; no obstante, a Secretaría Xeral da Igualdade revelará ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e lle sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso.

 Decláranse recoñecidos os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición, que poderán exercerse ben mediante escrito no que se achegue identificación suficiente, dirixido ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral da Igualdade, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou ben mediante o procedemento habilitado para estes efectos, dispoñible na Guía do Cidadán da páxina web da Xunta de Galicia.

 Artigo 9. Instrución dos procedementos.

 1. A instrución dos procedementos corresponde á Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade. Este proceso efectuarase de forma continuada segundo a orde de recepción de solicitudes.

 2. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

 3. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos esixidos nestas convocatoria, o órgano instrutor requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

 Artigo 10. Resolución e notificación.

 1. Correspóndelle á secretaria xeral da Igualdade, de acordo co establecido na disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a proposta do órgano instrutor e despois da fiscalización pola intervención delegada, a resolución destas axudas.

 2. A resolución da subvención será notificada no prazo máximo de catro meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, se transcorrido o dito prazo non se notificaran as resolucións, as solicitudes entenderanse desestimadas.

 3. Na resolución de concesión informaráselles ás persoas beneficiarias de que a obtención de axuda comunitaria implica a aparición na lista pública de beneficiarias que a autoridade de xestión do programa operativo publicará conforme ao previsto no artigo 7.2 d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006 (DOUE L/45, do 15 de febreiro de 2007) e de que na devandita lista figuran os datos de identidade ou denominación social, das operacións e da contía de fondos públicos asignada a cada operación.

 Artigo 11. Réxime de recursos.

 As resolucións expresas ou presuntas ditadas ao abeiro da presente resolución poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

 b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

 Artigo 12. Obrigas das persoas beneficiarias.

 As persoas beneficiarias das axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais normativa aplicable, e especificamente ao seguinte:

 a) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

 b) Someterse ás actuacións de supervisión e control dos órganos da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma, do Fondo Social Europeo, da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo do Ministerio de Traballo e Inmigración, e da Secretaría Xeral da Igualdade, para realizar as comprobacións e verificacións que se consideren precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta resolución e demais normas vixentes que resulten de aplicación e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

 Artigo 13. Pagamento.

 A axuda concedida será aboada nun pagamento único polo importe que corresponda segundo as contías determinadas no artigo 6 da presente resolución, unha vez notificada a resolución de concesión. O pagamento farase unicamente na conta que as persoas solicitantes fagan constar no anexo I, e que coincida coa da certificación bancaria requirida no artigo 7.4.j.

 Artigo 14. Incumprimento, reintegros e sancións.

 1. Procederá o reintegro, total ou parcial, da axuda pública percibida e dos xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro nos seguintes casos:

 a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

 b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

 c) Incumprimento das obrigas impostas pola administración ás entidades colaboradoras e aos/ás beneficiarios/as, así como dos compromisos por estes/as asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

 d) Incumprimento de adoptar as medidas de difusión contidas no apartado 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

 e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

 f) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

 g) Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

 2. Para facer efectiva a devolución á que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

 3. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

 Artigo 15. Control.

 1. A Secretaría Xeral da Igualdade poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta resolución.

 2. Ademais do anterior, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

 Artigo 16. Publicidade e información.

 1. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, a Secretaría Xeral da Igualdade publicará no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria do programa e crédito orzamentario, contía e finalidade da axuda, en aplicación do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e dos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión. Igualmente, nos cinco días seguintes á notificación da concesión publicarase na páxina web oficial da Secretaría Xeral da Igualdade a relación de beneficiarias con expresión da persoa beneficiaria, a contía e a finalidade, segundo indica o artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega.

 2. As persoas beneficiarias, coa presentación das solicitudes, autorizan á Secretaría Xeral da Igualdade a incluír e facer público, nos rexistros de axudas, subvencións, e convenios e de sancións, regulados noDecreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos relevantes referidos á axuda recibida así como ás sancións impostas.

 A reserva que a persoa solicitante poida facer no sentido de non autorizar a obtención de datos ou a publicidade de datos nos rexistros, que en todo caso terá que ser expresa, poderá dar lugar a exclusión do proceso de participación para obter a subvención ou, noutro caso, á revogación do acto de outorgamento e, se procede, ao reintegro do importe concedido.

 

 

 Artigo 17. Información ás persoas interesadas.

 Sobre o procedemento administrativo asociado a esta resolución, que ten o código SI440A, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Secretaria Xeral da Igualdade, nos servizos de igualdade das delegacións territoriais da Consellería da Presidencia, AAPP e Xustiza; a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia, http://www.xunta.es/resultados-da-guia-do-cidadan, ou da Secretaría Xeral da Igualdade, http://www.mulleresengalicia.es, do teléfono 881 99 91 63, no enderezo electrónico promoción. igualdade@xunta.es, ou presencialmente.

 Artigo 18. Remisión normativa.

 Para todo o non contemplado nesta resolución estarase ao disposto no Regulamento (CE) 1081/2006, do 5 de xullo, relativo ao Fondo Social Europeo; no Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; no disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento; na Orde do 21 de decembro de 2009, da consellería de Facenda, pola que regulan as normas para a execución, seguimento e control dos programas operativos Feder de Galicia 2007-2013 e FSE de Galicia 2007-2013; na Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2007-2013 e na Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo, que a modifica; e no resto de normativa que resulte de aplicación.

 Disposición derradeira primeira.

Correspóndelle á secretaria xeral da Igualdade ditar as instrucións que sexan necesarias para o axeitado desenvolvemento e cumprimento desta convocatoria.

 Disposición derradeira segunda.

 A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 Santiago de Compostela, 5 de maio de 2011.

 Marta González Vázquez
Secretaria xeral da Igualdade

  

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
18/05/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina