Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 17.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

SUBVENCIONES PARA EMIGRANTES RETORNADOS Y FAMILIARES

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

 

Co obxecto de apoiar o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e dos seus familiares, esta Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia ven de publicar a Resolución do 20 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e dos seus familiares na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2013 (DOG nº 162 do 27/08/2013).
O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o 15 de novembro de 2013.
En relación cos requisitos que deben cumprir os beneficiarios da convocatoria das subvencións, ademais dos requisitos comúns ─ ser persoas nacidas en Galicia que residindo fóra de España retornen á Comunidade Autónoma galega ou ben os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as daquelas ── as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes:
a)      Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
b)      Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data da súa alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional.
c)       Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
d)       Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Por outra banda, as persoas solicitantes deberán cumprir uns requisitos específicos, segundo se trate de traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou de cooperativas de traballo asociado:
1. Traballadores/as autónomos/as ou por conta propia:
a) Ser titular ou copartícipe dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens de nova creación.
b) Terse dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda, no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2013.
2. Socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado:
a) As entidades deberán estar legalmente constituídas e/ou inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia.
b) Afiliación da entidade na Seguridade Social e de cada unha das súas persoas traballadoras no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 15 d e novembro de 2013.
c) Ao menos un/unha dos/as socios/as traballadores/as deberá ter a condición de persoa beneficiaria de acordo co disposto no artigo 2 das bases reguladoras.
Pode consultar en detalle estes e outros aspectos da convocatoria a través do seguinte enlace:
Ou ben poderá obter información nos seguintes números de teléfonos ou correo electrónico:
Servizo de Planificación e Xestión de Programas:
0034 981 957162
00 34 981 547284
Esperando que esta información sexa de utilidade.
 
Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
22/10/2013 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina