Usuario - - Acceso de usuarios
Viernes - 29.Marzo.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comer

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

ORDE do 26 de setembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 11 de agosto de 2011 pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 (códigos de procedemento IN214B e IN214A, Diario Oficial de Galicia número 164, do 29 de agosto).

 

Por Orde do 11 de agosto de 2011 (DOG núm. 164, do 29 de agosto) regúlase o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, apróbanse as bases reguladoras das ditas subvencións e procédese á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Con posterioridade á publicación desta orde, esta consellería tivo coñecemento de que a plataforma de presentación de solicitudes para o proceso de selección das entidades colaboradoras tivo problemas técnicos que impediron que persoas interesadas puidesen completar as solicitudes e realizar a presentación telemática exixida no artigo 3.2 do anexo I da citada orde.

Tendo en conta este feito, co obxecto de evitar prexuízos a quen participa neste proceso, de acordo co previsto no artigo 49 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cómpre modificar os prazos de presentación de solicitudes e, consecuentemente, os que derivan desta modificación, e que se recollen nos artigos 3.1 e 13.4 do anexo I da orde de convocatoria, 5.1 e 6.6 do anexo II da citada orde e no anexo V, folla 3.

Por outra banda, e no que se refire ao procedemento de solicitude de axudas recollido no anexo II da citada orde, cómpre engadir á citada orde as obrigas que derivan do previsto no artigo 8 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Modifícanse os artigos 3.1 e 13.4 do anexo I da Orde do 11 de agosto de 2011 (DOG núm. 164, do 29 de agosto) pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

– O artigo 3.1 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 3. 1. O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de outubro de 2011».

– O parágrafo primeiro do artigo 13.4 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 13.4. No prazo dun mes desde a notificación da avaliación previa positiva á entidade colaboradora, deberá realizarse a actuación subvencionable e presentar a entidade colaboradora a documentación xustificativa correspondente. En todo caso, a data límite de xustificación é o 20 de decembro de 2011».

Artigo 2.

Modifícanse os artigos 5.1 e 6.6 do anexo II e o anexo V, folla 3, da Orde do 11 de agosto de 2011 (DOG núm. 164, do 29 de agosto) pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

– O artigo 5.1 do anexo II da citada orde queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 5. Forma e prazo de presentación das solicitudes de subvencións.

1. O prazo de presentación das solicitudes de axudas quedará aberto a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación íntegra de entidades colaboradoras, nos termos que se recollen no anexo I desta orde, e permanecerá aberto ata o 20 de decembro de 2011, ou ata que se esgote o crédito orzamentario se se produce este esgotamento en data anterior».

– O parágrafo primeiro do artigo 6.6 do anexo II da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 6.6. No prazo dun mes desde a notificación da avaliación previa positiva á entidade colaboradora, deberá realizarse a actuación subvencionable e presentar a entidade colaboradora a documentación xustificativa correspondente. En todo caso, a data límite de xustificación é o 20 de decembro de 2011».

– O penúltimo parágrafo do anexo V, folla 3, onde di: «en todo caso, a data límite de xustificación é o 10 de novembro de 2011», queda redactado do seguinte xeito: «en todo caso, a data límite de xustificación é o 20 de decembro de 2011».

Artigo 3.

Engádese ao anexo II da citada orde a seguinte disposición:

«Disposición transitoria única.

Para os efectos previstos no artigo 8 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, e cando entre en vigor o desenvolvemento regulamentario previsto no número 1 do citado artigo, será indispensable para optar a estas axudas a inscrición no Rexistro Galego de Comercio».

Disposición derradeira.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2011.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

 


 

ORDE do 11 de agosto de 2011 pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede a súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Artigo 1. Obxecto.

Esta orde ten por obxecto regular o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego e as condicións de colaboración (anexo I).

Así mesmo, por medio desta orde apróbanse as bases reguladoras das ditas subvencións e procedese á súa convocatoria para o ano 2011 (anexo II).

Artigo 2. Entidades colaboradoras.

1. As entidades colaboradoras terán como función a promoción da sociedade da información nos termos establecidos nesta orde, actuando como canle entre os/as beneficiarios/as das accións subvencionables e a consellería. Esta colaboración estenderase desde a comprobación inicial dos requisitos documentais dos/as solicitantes da subvención á realización ante a consellería dos trámites para solicitar a subvención, ao desenvolvemento das accións vinculadas á subvención e á xustificación desta e a súa certificación ante a consellería. Con posterioridade as colaboradoras recuperarán da consellería os importes subvencionados.

2. Para os efectos desta orde, entenderase por entidade colaboradora as empresas privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os/as empresarios/as individuais que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo en Galicia, que realicen actividade económica con ánimo de lucro relacionada coas accións que se fomentan a través desta orde e que acrediten os requisitos de solvencia técnica, económica e de eficacia, recollidos nesta orde e nos seus anexos.

3. Non poderán acadar a condición de entidade colaboradora as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de entidade que, aínda que realice actividade empresarial, careza de personalidade xurídica propia.

4. As entidades colaboradoras adheridas non poderán en ningún caso ser beneficiarias das subvencións convocadas nesta orde.

5. Para acceder á condición de entidade colaboradora, as entidades solicitantes deberán asumir os compromisos establecidos para este fin, así como reunir os requisitos e demais condicións establecidos nesta orde e nos seus anexos.

Artigo 3. Información ás persoas interesadas.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Comercio, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es), a súa epígrafe de subvencións e na oficina virtual.

b) O teléfono 981 54 55 97/981 54 55 07 e o fax 981 54 55 41 da dita dirección xeral.

c) O enderezo electrónico: cei.dxcomercio@xunta.es

d) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento.

Facúltase a directora xeral de Comercio para que dite as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2011.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria


PRAZOS DE PRESENTACIÓN

  • proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego e as condicións de colaboración (anexo I).  

UN MES DENDE O DÍA SEGUINTE DA PUBLICACIÓN NO DOGA (Publicado o 29/08/2011)

  • Bases reguladoras das ditas subvencións e procedese á súa convocatoria para o ano 2011 (anexo II).

DENDE O DÍA SEGUINTE DA PUBLICACIÓN NO DOGA DA RELACIÓN INTEGRA DE ENTIDADES COLABORADORAS E ATA O 10 DE NOVEMBRO ( OU ATA ESGOTAR O CRÉDITO)

ANEXOS  (no Anexo IV atoparán a relación de epigrafes do IAE nos que han de estar inscritos para poder acceder a subvención)


 

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
29/09/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina