Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Aut

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

ORDE do 20 de xullo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofnanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional  (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (código de procedemento IN848A).

DOGA 143, do 27 de Xullo de 2011


Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas no anexo indicado neste artigo, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para a seguinte finalidade:

Investimentos innovadores para o crecemento empresarial. IN848A. Anexo I.

por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2011.


Solicitudes.

Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada aos modelos normalizados que, a título exclusivamente informativo, figuran como anexos desta orde, que irán acompañados dos documentos que se especifican no artigo 4 das correspondentes bases reguladoras, que deberán presentarse en único exemplar.

Os formularios de solicitude das subvencións deberanse obter, cubrir, aceptar e imprimir necesariamente a través da aplicación informática establecida nos enderezos da internet http://www.xunta.es/cumprimentacion-electronica-de-solicitudes ou http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi. Poderanse cubrir e obter os formularios ata as 24.00 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Para imprimir a solicitude no formulario válido é requisito imprescindible a súa aceptación previa por parte do solicitante, que deberá facerse obrigatoriamente, como mínimo, 24 horas antes do peche do prazo de presentación de solicitudes.

Deberá presentarse unha solicitude para cada proxecto.

Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

As solicitudes presentaranse preferentemente na Oficina de Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se subscribise o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXAP-PAC).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Actividades, axudas, sectores e réximes excluídos.

Segundo o establecido no Regulamento (CE) 800/2008, polo que se regulan as axudas recollidas nesta orde, non se aplicará a axudas en favor das actividades seguintes:

a) Os produtos da pesca e a acuicultura regulados polo Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.

CNAE 09: grupo 10.2 (todas as clases).

b) As actividades relacionadas coa produción primaria de produtos agrarios mencionadas no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea e as relacionadas coa transformación, fabricación e comercialización de produtos agrarios cando o importe da axuda se fixe sobre a base do prezo ou a cantidade de tales produtos comprados aos produtores primarios ou comercializados polas empresas en cuestión; ou cando a axuda se repercuta total ou parcialmente sobre os produtores primarios (agricultores).

CNAE 09: divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases).

c) O sector da industria siderúrxica conforme a definición que recolle o anexo I das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08):

CNAE 09: grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52.

d) O sector de fibras sintéticas conforme a definición que recolle o anexo II das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08).

e) O sector do carbón e do aceiro:

CNAE 09: división 05 (todos os grupos e clases).

f) O sector da construción naval consonte o disposto na comunicación da Comisión C 160, do 28-10-2006:

CNAE 09: clase 30.11.

g) Tampouco poderán aplicarse ás axudas a actividades relacionadas coa exportación, concretamente ás axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ás axudas ao establecemento e funcionamento dunha rede de distribución ou as axudas a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.

Información aos interesados.

Sobre os procedementos recollidos nesta orde poderase obter información adicional na Dirección Xeral de I+D+i, a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web oficial da Consellería de Economía e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi), na súa epígrafe de «Axudas».

b) Nos teléfonos 981 95 73 92 e 981 95 73 87 da devandita dirección xeral.

c) No enderezo electrónico cei.infosegapi@xunta.es.

d) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos extremos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (en diante Lei 15/1999).

 

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
27/07/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina