Usuario - - Acceso de usuarios
Viernes - 19.Abril.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovació

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

ORDE do 20 de xullo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (códigos de procedemento IN841A, IN841B e IN841C).

DOGA Nº 143 do 27 de Xullo de 2011

 

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados neste artigo, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades, códigos de procedemento e anexos das bases:
 
– Apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas. IN841A. Anexo I.
 
– Apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais. IN841B. Anexo II.
 
– Apoio ao financiamento de proxectos individuais e os colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT). IN841C. Anexo III.
 
Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2011.
 
 
 Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
 
 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
 
As solicitudes presentaranse en formato electrónico, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, mediante sinatura electrónica do representante legal da entidade solicitante, e teranse que cumprir os requisitos de presentación electrónica que se definen e achegan no anexo IV, de acordo co establecido no artigo 24.2.º do Decreto da Administración electrónica.
 
Información aos interesados.
 
Sobre os procedementos recollidos nesta orde poderase obter información adicional na Dirección Xeral de I+D+i, a través dos seguintes medios:
 
a) Na páxina web da Dirección Xeral de I+D+i (http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi), na súa epígrafe de Axudas.
 
b) Nos teléfonos:
 
a) 981 95 73 87 e 981 95 739 2 (anexo I).
 
b) 881 99 91 60 e 881 99 91 56 (anexos II e III).
 
c) No enderezo electrónico cei.infosegapi@xunta.es
 
d) Presencialmente.
 
Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do Teléfono de Información Xeral da Xunta de Galicia 012.
 
De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.
 
Unha vez presentadas as solicitudes, a Dirección Xeral de I+D+i habilitará canles personalizadas (ver anexo IV) de información cos interesados, con independencia dos medios preceptivos de notificación recollidos nos artigos 9 e 12 da convocatoria.
 
Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
27/07/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina