A incorporación das TIC entre os autónomos galegos sitúase nun nivel básico, segundo se desprende do informe “A Sociedade da Información e os autónomos. Edición 2012”, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) -adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)- coa colaboración da Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA)
Trátase do primeiro estudo específico no ámbito das TIC que se realiza entre os autónomos galegos, con máis de 500 enquisas realizadas neste colectivo e que pon de manifesto que tanto a dispoñibilidade como a utilización de equipamento tecnolóxico é sensiblemente menor entre o colectivo de empresarios autónomos que entre as empresas galegas que se constitúen como sociedades.
En Galicia existen 145.245 autónomos cun perfil masculino de entre 40 e 54 anos de idade, dedicado fundamentalmente ao sector servizos (57,4%), aínda que cun peso importante da agricultura (27%). A presenza de mulleres entre o colectivo (43,5%) supera en dez puntos porcentuais á proporción de autónomas do conxunto do Estado (33,4%).
O estudo, que foi presentado o día 22 de Xaneiro de 2.013, pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente de FEAGA, Francisco Javier Pérez.
Durante 2013 e en colaboración con Feaga seguirase apostando pola vía da capacitación tecnolóxica en materia de comercio electrónico, facturación electrónica e marketing desde o CDTIC e tamén a través da Rede CeMIT. Ademais, facilitarase o asesoramento tecnolóxico de expertos a grupos de autónomos en función da súa actividade e, en colaboración con Feaga, deseñarase unha solución tecnolóxica aplicable a diversos sectores de actividade para a xestión integral do negocio, que permitirá aos autónomos ver de forma práctica a aplicación das TIC na súa actividade.
INFORME AUTONOMOS TICS 2012
|