Estimados Amigos:
Benvidos ao portal Web da Federación de Autónomos de Galicia. Unha canle de información axeitada aos tempos que corren, onde a inmediatez convírtese nunha ferramenta que aporte ao noso traballo diario un valor engadido: que repercute en termos económicos nos nosos negocios.
Conscientes da enorme importancia das TICS, a Federación de Autónomos de Galicia adica tempo, medios e recursos a mellora constante e a actualización diaria dos contidos da nosa páxina Web, onde os autónomos poden atopar toda a información que necesitan para o mellor desenvolvemento da súa actividade.
A páxina Web é para a nosa organización algo vivo, en constante evolución, debe ser o reflexo do traballo diario, máis debe ser asemade, unha porta aberta ao mundo das ideas, reflexións, as inquedanzas, as reivindicacións, pero tamén aos proxectos, as actividades e os obxetivos cumplidos.
Deste xeito, a Federación de Autónomos de Galicia súbese ao tren das novas Tecnologías da Información e a Comunicación e da un paso máis firme e decidido para axudar a rematar coa fenda dixital que tanto está a sufrir a nosa Galicia, entre o mundo rural e o urbán., a Federación de Autónomos de Galicia quere levar a información e as noticias de interese para todos os autónomos galegos ata o último canto da nosa xeografía e dende ahí, facer de pantalla para que o que facemos e o que queremos, chegue ao mundo enteiro.
A páxina Web www.feaga.org é a fiestra pola que amosamos a nosa fortaleza, puxanza e dinamismo coma organización pioneira en Galicia e mesmo en España e a importancia do noso colectivo, os Autónomos que, como ben decimos sempre, somos os paradigmas dunha sociedade moderna e avanzada, ou sexa, ben informada. E somos tamén, compre decir unha e outra vez, os maiores creadores de riqueza, benestar e emprego en Galicia, España e Europa.
un Saúdo.
Asdo. Francisco Javier Pérez Bello- PRESIDENTE-
|