feaga cabecera ancho
Usuario - - Acceso de Usuarios
Lunes - 06.Febrero.2012

Federación de Autónomos de Galicia
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
Convenios
Enlaces de Interés
                          leis Para o Autónomo
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos Lexislación
Noticias de Prensa
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
A VOZ DOS AUTÓNOMOS
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Enlace apoyo autonomos
Enlace caype
FEIRA DE MOSTRAS DA CORUÑA
FERIA DE MUESTRAS DE OURENSE
AMPAGA
LEY DE COMERCIO INTERIOR DE GALICIA
RED EMPLEALIA
REDE CORUÑA EMPREGA
RED TICOS
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Punto Emprende
Estás en: Noticias > Lexislación

ultima hora 650x130

Cambio de base de cotización

ver las estadisticas del contenido recomendar  contenido a un amigo

Os Autónomos poderán cambiala súa base de cotización dúas veces ao ano

Os traballadores autónomos poderán efectuar ata dous cambios voluntarios na súa base de cotización ao ano en lugar dun como ata agora, dentro dos límites mínimo e máximo aplicables en cada exercicio, o que lles permitirá unha maior adecuación das cotizacións aos seus ingresos reais.

Isto é o que precisa a Orde que entrou en vigor o pasado día 8 de decembro, pola que se modifíca a Orde do 24 de setembro de 1970, relativa ás normas para a aplicación e desenvolvemento do Réxime Especial dos Traballadores Autónomos (RETA).

A redacción orixinal dispoñía que estes autónomos podían cambiar anualmente a base de cotización, elixindo outra dentro das establecidas, sempre e cando o solicitaran á Tesourería Xeral da Seguridade Social antes do 1 de outubro de cada ano e con efectos a 1 de xaneiro do ano seguinte.

Segundo a revisión do texto, manterase esta opción cos mesmos prazos, á que se engadirá a posibilidade de efectuar unha nova mudanza na base de cotización, solicitándoo antes do 1 de abril e con efecto a partir do 1 de xullo seguinte.

A nova disposición do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais sinala que a imposibilidade de tramitar cantas solicitudes de cambio se formulen fixo necesaria a limitación a unha modificación anual, e alude que "os actuais medios técnicos de que dispón a Administración da seguridade Social permiten flexibilizar esa regulación", permitindo unha modificación semestral por solicitante.

 Excepcións para os maiores de 50 anos

Doutra banda, a mesma orde actualiza a redacción sobre os límites específicos de bases de cotización para os traballadores autónomos incluídos no RETA que teñan 50 ou máis anos de idade.

Neste sentido, dispón que os traballadores nesta franxa de idade no momento de producir efecto ou cambio voluntario de base de cotización, só poderán elixir unha base que estea comprendida entre os límites establecidos especificamente para eles en cada exercicio pola respectiva Lei de Presupostos Xerais do Estado e a Orde anual de cotización á Seguridade Social.

Así mesmo, o texto indica que os autónomos que coticen polas bases máximas poderán solicitar que, mentres manteñan a súa situación de alta no devandito réxime, a súa base de cotización se increménte automaticamente na mesma porcentaxe en que se aumenten devanditas bases máximas.


Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
22/01/2008 ir arriba

Novedades
Resolución de 26 de enero de 2012, de la Secretaría General de Industria y de la Pequeña y Mediana E
Resolución de 18 de enero de 2012, de la Secretaría General de Pesca, por la que se publican las sub
Resolución de 30 de diciembre de 2011, de la Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Inn
Cerceda: Convocatoria subvencións municipais para a realización de actividades culturais e deportiva
Modificación das bases reguladoras da concesión de subvencións para bolsas de colaboración en oficin
Lo + visto
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2011
PRESTACION POR DESEMPLEO PARA AUTONOMOS
Servicio Galego de Colocación
Página cofinanciada con fondos FEDER y cpor el Mº Industria Turismo y Comercio
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Rúa Sinforiano López, 55 Baixo - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.: 981 151 453
Produce i latina software, s.l. - posicionamiento en buscadores