Usuario - - Acceso de Usuarios
Sábado - 31.Julio.2010

FEAGA
Obxectivos
Servizos
Convenios
Ofertas
Actividades
Noticias
Legislación que afecta a Los Autónomos Lexislación
A Revista
Asociarse
Estudos e Guías
Enlace apoyo autonomos
FEIRA DE MOSTRAS DA CORUÑA
Enlace caype
Estás en: Noticias > Lexislación

PERMISO DE MATERNIDADE

recomendar  contenido a un amigo

Os autónomos poderán percibir as prestacións de maternidade e paternidade en réxime parcial, segundo un Real Decreto aprobado polo Goberno no último consello de ministros celebrado o pasado 6 de marzo. Tamén se amplía a cobertura do permiso de paternidade nalgúns casos e permite á muller embarazada ou lactante cambiar de posto de traballo se hai risco para o feto.

En virtude do RD recén aprobado as mulleres poderán cambiar de posto de traballo no caso de que a súa actividade supoña un risco para o seu embarazo ou a lactancia. A norma tamén contempla que as persoas que exerzan a tutela dun familiar que, de acordo coa lexislación civil non poidan adoptar, tamén poderán gozar das prestacións por maternidade ou paternidade, por exemplo cando avós ou tíos teñen a tutela de netos ou sobriños por falecemento dos proxenitores.

O Real Decreto regula e integra todas as modificacións e novidades normativas derivadas da entrada en vigor da Lei 3/2007 para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes. Tamén incorpora as novidades que en materia de maternidade e paternidade inclúense na Lei de Orzamentos Xerais para 2009.

Este Real Decreto aúna nun único texto normativo as normas modificadas, as que manteñen a súa vixencia e as necesarias para a correcta aplicación da Lei de Igualdade. Ademais, contempla o alcance da protección e o procedemento aplicable para acceder a ela e fixa normas para determinar a entidade -xestora ou colaboradora- que debe asumir a cobertura da prestación, regulando as especialidades necesarias en relación cos colectivos que carecen de protección específica por continxencias profesionais.

Igualmente, recolle os cambios relativos á prestación por maternidade non contributiva que entraron en vigor coa Lei de Orzamentos para 2009: auméntase a duración da prestación en 14 días naturais en caso de familia numerosa, monoparental, parto múltiple e cando a nai ou o fillo estean afectados por discapacidade en grao igual ou superior ao 65%.

Este Real Decreto regula a prestación de risco durante o embarazo como continxencia profesional, elimina o requisito de cotización previa e incrementa a súa contía ata o 100 por 100 da base reguladora. Nas mesmas condicións que a anterior, habilítase a nova prestación de risco durante a lactancia, que amplía a protección das traballadoras respecto ao seu posto de traballo máis alá do parto.

A lei tamén amplía o permiso por paternidade. Así, amplíase a suspensión do contrato de traballo por paternidade a 20 días cando o nacemento, adopción ou acollemento prodúzase nunha familia numerosa ou na familia faia unha persoa con discapacidade. O permiso aumentarase en dous días máis por cada fillo a partir do segundo no suposto de parto, adopción ou acollemento múltiple ou se un deles padece unha discapacidade.
 

17/03/2009 ir arriba

Novedades
EL CONGRESO APRUEBA LA LEY QUE REGULA LA PRESTACIÓN POR CESE DE ACTIVIDAD DE LOS AUTÓNOMOS
Datos RETA mes de junio
La Xunta rebajará los impuestos para reactivar el sector de la viviendo
El senado aprueba el proyecto de ley que regula el paro de los autónomos
AGESTIC Y ASIMELEC presentan la propuesta HOGAR DIGITAL.
Ley 15/2010, que establece las medidas de lucha contra la morosidad en las operaciones comerciales
Datos R.E.T.A. mes de mayo
Axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia 2010
Subvencións para a producción e publicación de contidos dixitais
calendario laboral 2011
Creado con
GestionMax
novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. G-15.440.639 | Rúa Sinforiano López, 55 Baixo - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.: 981 151 453
Produce i latina software, s.l. - posicionamiento en buscadores