Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: MEMORIAS FEAGA

ultima hora 650x130

MEMORIA 2010- 2ª PARTE-

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo
CONGRESOS CELEBRADOS
 
I CONGRESO NACIONAL DE AUTÓNOMOS:
Os días 20 e 21 de Novembro de 1999, celebrouse o I Congreso Nacional de Autónomos, na cidade da Coruña, no que máis de 300 congresistas pertencentes a outras tantas Organizacións e Federacións de toda España, que no seu conxunto representaban máis de 100.000 Autónomos, debateron en profundidade os problemas comúns e sentaron as bases para a creación dunha organización forte e representativa, baixo o nome de Confederación de Autónomos de España (CADE).
 
II CONGRESO NACIONAL DE AUTÓNOMOS:
Os días 27 e 28 de Novembro de 2004, celebrouse o II Congreso Nacional de Autónomos no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, con asistencia de máis de 300 congresistas acreditados, que representaban a unhas 90 organizacións
de diversos puntos de España e que debateron, en mesas redondas e grupos de traballo, acerca da problemática que teñen formulada os autónomos, e o fortalecemento da estructura organizativa da nosa Confederación de Autónomos e Profesionais de España, CAYPE.
 
 
I CONGRESO GALEGO DE COMERCIO, HOSTALARÍA E AUTÓNOMOS:
 
Os días 25 e 26 de Outubro de 2007, celebrouse o I Congreso Galego de Comercio, Hostalaría e Autónomos no hotel COIA de Vigo, coa asistencia de máis de 150 congresistas acreditados, representantes de organizacións empresariais de toda Galicia, que se reuniron para debater a Lei 13/2006, do 27 de Decembro, de Horarios Comerciais de Galicia, e a próxima aprobación da nova Lei de Comercio Interior de Galicia.
 
I CONGRESO NACIONAL DE PEMES DE COMERCIO E TURISMO:
 
Os días 20, 21 e 22 de novembro de 2008, celebrouse en Expocoruña, o I Congreso Nacional de Pemes de Comercio e Turismo.
 
Organizado pola Federación de Autónomos de Galicia e subvencionado pola Subsecretaría de Industria e Comercio do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio; o I CONGRESO NACIONAL DE PEME DE COMERCIO E TURISMO converteuse nun espazo aberto de debate, orientación e divulgación sobre os retos aos que se enfronta o Sector Servizos - Comercio e Turismo - no noso país.
 
III CONGRESO NACIONAL DE AUTÓNOMOS

O día 21 de outubro de 2010, celebrouse o III Congreso Nacional de Autónomos no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, cunha asistencia próxima aos 100 congresistas, que representaban ás organizacións de autónomos galegas e nacionais, e que nas mesas de traballo, relatorios e mesas redondas puideron debater sobre o futuro dos autónomos, a formación, a súa posición en Europa e o camiño a seguir nunha situación económica desfavorable.

OUTRAS ACTIVIDADES
 
FEIRAS:
 
FEIRA DE MOSTRAS DOS AUTÓNOMOS DE GALICIA (FEMAGA):
 
No ano 1993 celebramos a primeira edición da Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia (FEMAGA), cun obxectivo dobre. Por unha parte, constitúe un grande escaparate para que as empresas que desenvolven a súa actividade en Galicia poidan expoñer ao público os seus últimos avances tecnolóxicos, productos de nova creación, novas formas de atención ao cliente... etc. E por outra, contribúe a destacar a importante función social dos autónomos como creadores de riqueza e emprego en Galicia, España e Europa.
 
En 2010 FEAGA decide dar un paso máis e tras 16 anos presentando o mesmo evento na cidade da Coruña formúlase un novo reto
levando a cabo a Feira de Mostras de Lugo e a Feira de Mostras de Pontevedra. Mantendo a súa cita anual na cidade da Coruña
 
Do 30 de Abril a 2 de maio celébrase a I Feira de Mostras de Lugo FEMAGA, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
 
Do 9 ao 12 de outubro celebramos a I Feira de Mostras da provincia de Pontevedra, no recinto feiral da Xunqueira
 
Do 4 ao 8 de decembro celébrase a XVII Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia, na Coruña que superou as expectativas da organización ao recibir a visita de case 80.000 persoas.
 
 
XORNADAS INFORMATIVAS E SEMINARIOS:
 
Dende o ano 1993, organizamos numerosas actividades de carácter informativo - conferencias, xornadas técnicas, seminarios, etc -
 
o       Xornadas Técnicas sobre Novos Filóns de Emprego.
o       Xornadas sobre o Réxime Profesional dos Traballadores Autónomos.
o       Xornadas sobre a Mellora da Competitividade nas Pemes.
o       Xornadas sobre Seguridade e Saúde Laboral.
o       Xornadas de sensibilización dos autónomos galegos para o coñecemento do sistema galego de innovación e o fomento da innovación nas microempresas.
o       Seminarios para a Difusión da Creación de Empresas.
o       Seminarios de Xeración e Maduración de Ideas Empresariais
o       Ciclo de Seminarios: "Os Autónomos e a Innovación"
o       Xornadas Técnicas sobre Comercio e Novas Tecnoloxías.
o       Xornadas sobre Economía Social, Muller e Asociacionismo.
o       Xornadas de Difusión do Programa EMEGA entre mulleres empresarias e emprendedoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
o       Acto de Celebración do Estatuto do Traballo Autónomo.
o       Xornadas informativas sobre a Lei 20/2007 do 11 de xullo do Estatuto do Traballo Autónomo.
o       Seminarios (Ni+Ni-) igualdade de xénero na sociedade da información.
o       Xornadas TIC: Comercio electrónico e Internet. As novas tecnoloxías aplicadas á xestión das pemes galegas.
o       Xornadas sobre Difusión de Oportunidades de Negocio nas bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal.
o       Xornadas de Difusión do Selo de Calidade do Comercio Galego.
o       Xornadas divulgativas sobre as consecuencias que se derivan da entrada en vigor do Estatuto do Traballo Autónomo en materia de Prevención de Riscos Laborais.
o       Seminario: Emprender e Innovar en Galicia.
o       Xornadas sobre Autoemprego e creación de empresas dende a perspectiva de xénero.
o       Xornadas sobre Las TIC como ferramenta para a mellora da competitividade en pemes e autónomos.
o       Concertos didácticos en colaboración con Presto Vivace para achegar a música aos nenos.
o       Xornadas Técnicas "Emprender en Igualdade".
o       Seminarios sobre "LINEAS DE FINANCIAMENTO DE CIRCULANTE: Programas Re-Brote e Re-Solve".
o       Xornada sobre a lei de Prevención de Riscos laborais.
o       Xornada sobre "O Servizo de apoio ao emprego e á creación de empresas do Concello de Lugo.
o       Xornada sobre o "Plan Impulsa Lugo".
o       Conferencia sobre "O compromiso co desenvolvemento sostible e o futuro da provincia de Lugo"
o       Xornada sobre "A Acción e Protección do Traballador Autónomo: Discusión entorno ao Ámbito e Grao de Cobertura Social. "
 
 
DÍA DO AUTÓNOMO
 
En 1993, con motivo do Ano Xacobeo´93, celebrouse na Coruña o I Día do Autónomo, coa presenza de máis de 1500 Autónomos de toda España, no que se elaborou un Decálogo Xacobeo e se fixo entrega dos premios aos autónomos que, por proposta das asociacións que forman parte de FEAGA, merecían ser recoñecido como Autónomos de Honra e Autónomos do Ano.
 
No ano 2009 celébrase na Coruña, unha nova edición da entrega dos premios do Día do Autónomo, nas que ademais de entregar as distincións de Autónomo de Honra e Autónomo do Ano, se entregaron unhas Mencións Especiais, a entidades e persoas que colaboraron no desenvolvemento dos proxectos da Federación de Autónomos de Galicia.
 
En 2010 Celebrouse en Lugo, con motivo da I edición da Feira de Mostras dos Autónomos de Lugo, a Gala do Día do Autónomo de Lugo.
En outubro de 2010 celebrouse na Cidade de Pontevedra a Gala do Día do Autónomo de Pontevedra. En ambas as dúas galas fíxose entrega das distincións de Autónomos do Ano, Autónomos de Honra e Mencións Especiais. E en Santiago de Compostela, con motivo do ano santo, celebrouse a Gala do Día do Autónomo de Galicia,Especial Xacobeo 2010, no que se entregaron as Medallas de Ouro da Federación de Autónomos de Galicia, aos seus socios fundadores.
 
 RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
 
Tamén mantivemos numerosas reunións e entrevimos con distintas autoridades, institucións, así como con outras entidades asociativas e empresariais - de ámbito estatal e europeo - buscando puntos de encontro e fórmulas de colaboración e instrumentos de apoio a iniciativas conxuntas, de interese para os nosos asociados.
 
Participamos na Mesa do Autónomo de Galicia, que integra ás principais asociacións de Autónomos de Galicia. E na Mesa do traballo autónomo nacional a través de CAYPE.
 

FEAGA COA PRENSA

Dende o Departamento de Comunicación de FEAGA estamos en contacto directo coa prensa local e rexional, aos que informamos puntualmente das novedades e acciones que leva a cabo a Federación.
 

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
22/03/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina