A Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA) constitúese no ano 1993, co obxectivo de protexer os dereitos das traballadoras e traballadores autónomos, así como desenvolver, potenciar e concienciar coa súa presenza dentro do colectivo social, unha maior equiparación cos seus homólogos europeos.
FEAGA é unha organización sen ánimo de lucro, formada por Asociacións de Traballadores, Pequenas e Medianas Empresas e Comerciantes. Presta servizos aos asociados en materia de asesoramento, formación, soporte á creación de empresas, etc. Realiza xornadas informativas, congresos, seminarios, organiza unha feira anual multisectorial e edita varios números ao ano da súa revista “L@sAutónom@s”. A Federación de Autónomos de Galicia está integrada en CAYPE (Confederación de Autónomos e Profesionais de España), da cal é membro fundador e participa directamente en proxectos estatais, así como en mesas de debate e negociación estables. De feito, no mes pasado de maio a xunta directiva de CAYPE acudiu á aprobación da Lei do Estatuto do Traballo Autónomo, como unha das sete organizacións homologadas polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.A Federación atópase nunha fase de negociación na posible incorporación na UEAPME (Unión Europea do Artesanado e Pequena e Mediana Empresa), coa que xa colaborou na realización da Conferencia Basell por SMEs: “O futuro do acceso á información por parte das Pemes”.Ao igual que fixeron outras organizacións, a Federación de Autónomos de Galicia solicitou a nivel Autonómico e CAYPE a nivel do Estado, a incorporación ao Consello Económico e Social, con voz e voto.En Galicia, FEAGA é membro do Observatorio Galego dos empresarios individuais, profesionais e traballadores autónomos (OBGA) con tres membros no Pleno e representantes nos cinco Grupos de Traballo constituídos no seu seo.A Federación de Autónomos de Galicia ten catro árbitros activos nas Xuntas arbitrais de Consumo, dentro do Instituto Galego de Consumo, e participou no ano 2008 na decisión de máis de 250 reclamacións de Consumo.FEAGA está integrada por máis de 50 asociacións sectoriais e comarcais, que representan no seu conxunto a máis de 17.000 autónomos de toda Galicia.
Organizacións propias:
Asociación de Comerciantes e Autónomos de Galicia
Asociación de Comerciantes e Autónomos de A Coruña
Asociación de Comerciantes e Autónomos de Lugo
Asociación de Comerciantes e Autónomos de Ferrol
Asociación de Comerciantes e Autónomos de Mugardos y Comarca
Asociación de Comerciantes e Autónomos de Pontevedra
Asociación de Autónomos de Ourense
Asociación de Mulleres Profesionais e autónomas de Galicia- AMPAGA

Organizacións Integradas:
- Asociación de Comerciantes e Autónomos Eumeses
- Área Comercial Zona Monumental de Pontevedra.
- Centro Comercial Urbán Torre de Hércules.
- Centro Comercial Urbán Rúa Barcelona
- Asociación de Empresarios "O Agra Comercial".
- Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra.
- Área Comercial Oza.
- Federación de Areas Comerciais Da Coruña.
- Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Viveiro.
- Asociación Galega de Empresa e Dirección.
- Asociación Provincial de Palilleiras da Coruña.
- Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña.
- Asociación de Profesionais e Empresarios "Ría De Muros".
- Asociación Provincial de Empresarios de Peiteado e Estética de Lugo.
- Asociación Provincial de Empresarios de Autónomos de Ourense
- Asociación de Empresarios de Salóns de peiteado Da Coruña
- Federación Nacional de Asociacións de Receptores de Lotarías e Apostas do Estado
- Fundación Bisbarra de Ordes
- Asociación de Empresarios Iniciativa Empresarial do Noroeste
- Asociación de Comerciantes Concello de Malpica
- Asociación Euroforo Empresarial
- Organización de Artesáns de España
Organizacións Asociadas:
- Asociación de Autotaxis da Coruña
- Asociación Empresarial de Valedorras (AEVA)
-Asociación de Comerciantes de Ferrol (ACOF)
- Asociación de Empresarios de la Comarca de Melide (ASETEM)-
- Asociación de Autónomos de Carral
- Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA)
- Colexio de Axentes Comerciais de A Coruña
- Federación Nacional de Asociacións de Receptores de Loterías e Apostas del Estado.
- Asociación Provincial de Forneiros e Artesáns de Bergondo (APROFAR)
- Agrupación Única de Vendedores Ambulantes Autónomos de la provincia de A Coruña
- Federación Gallega de Empresarios do Moble
- Asociación Profesionais de Vendedores de Prensa, Revistas e Publicacións da Provincia de A Coruña
- Federación Galega de Ximnasios
- Federación Galega de Centros de Ensinanza
- Asociación Galega de Artesáns
- Asociación Profesional Independentes de Receptores de Apostas L.A.E. de A Coruña
- Asociación Provincial de Industriais Electricistas de A Coruña (ASINEC)
- Asociación de Comerciantes e Empresarios da Rúa de Petín
- Asociación de Comerciantes de Ferrol e Comarca
- Asociación de Comerciantes de Lugo
- Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda (Ourense)
- Asociación de Empresarios de Mos (Pontevedra)
- Asociación de Comerciantes, Industriais, Servicios e Autónomos de Ribadeo
- Asociación boirense de empresarios (ABE)
- Asociación de empresarios de Sada e As Mariñas
- Asociación Galega de Apicultores
- Asociación de Comerciantes de Ponteareas
- Centro Comercial Aberto de Monforte de Lemos
- Asociación de Comerciantes Estrela de Marín
- Centro Comercial Aberto de Carballo
- Centro Comercial Aberto Noia Histórica
- Asociación de Empresarios de Vimianzo (ASEMVI)
- Redestable (Rede Española de Turismo Accesible)
- Fundación Fortes
- Asociación Musical Galega
- Ateneo "Santa Cecilia de Marín"
- Padroado de Mareantes de San Miguel
- Fundación Luso-Galaica
- Asociación de Empresarios Porto do Son
- Asociación de Empresarios Vila de Cruces
-Asociación para a Formación Continua e Iniciativas Empresariais do Baixo
Miño
A Federación de Autónomos de Galicia continuou durante o ano 2010 co seu plan de expansión, modernización e consolidación, co fin de achegarse aínda máis aos autónomos, alí onde se atopen, vertebrar a sociedade, aumentar o seu persoal para ter presenza en toda a xeografía galega. Así, dispón ata o momento de 6 oficinas propias con persoal Técnico e Directivo para dar servizo a todos os asociados e ao público en xeral.
INFRAESTRUCTURA
FEAGA dispón de seis centros en: A Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo, Ourense e Ferrol. Dende Febreiro de 2002, a Federación de Autónomos de Galicia ocupa novas oficinas na rúa Sinforiano López, 55, baixo, da Coruña, dotadas dun maior espazo e que conta coas máis avanzadas tecnoloxías.
Un dos principais obxectivos da Federación de Autónomos de Galicia dende os seus inicios, foi manter informados puntualmente os seus asociados e os autónomos en xeral. É por iso que durante os últimos anos levamos a cabo a renovación da nosa páxina web:www.feaga.org, no que se refire ao deseño e aos contidos, que conta cun enlace ao servizo de Apoio ao Autónomo co que colaboramos estreitamente, co fin de que se converta nunha ferramenta importante para os autónomos.
A Federación de Autónomos de Galicia considera necesario adaptarse aos cambios e apostar polas Novas Tecnoloxías da Información; e por iso está a realizar un esforzo para que os Autónomos dispoñan das ferramentas de xestión máis avanzadas aos mellores custos.
El equipo técnico que compón la Federación de Autónomos de Galicia:
PERSOAL |
ANO 2010 |
Dirección e administración |
4 |
Departamento de Formación e Emprego |
1 |
Gabinete de prensa |
1 |
Gabinete Xurídico e técnico |
2 |
Persoal Administrativo |
4 |
TOTAL |
12 |
SERVIZOS
a. Axencia de Emprego:
A Federación de Autónomos de Galicia instaura na cidade de FERROL a súa propia AXENCIA DE EMPREGO, a cuxa fronte está unha Técnico de Emprego que dende xaneiro de 2004 realiza as súas funcións na bisbarra de Ferrolterra como elemento dinamizador e xerador de novas actividades, mediante a prospección de recursos ociosos e de proxectos empresariais de promoción económica. A difusión e estímulo de potenciais oportunidades de negocio entre desempregados, promotores, emprendedores e institucións colaboradoras; o acompañamento no inicio de proxectos empresariais - asesorando sobre unha posible viabilidade técnica, económica e financeira - e o apoio aos promotores nas primeiras etapas da empresa.
A través da Axencia de Emprego, FEAGA presta un importante servizo de apoio e asesoramento a emprendedores.
b. Gabinete Xurídico e Técnico
En todas as Oficinas, persoalmente, por teléfono ou utilizando as Novas Tecnoloxías, os Asesores atenderon máis de 7.500 consultas de tipo Xurídico e Técnico, ademais de tramitar axudas e subvencións, elaborar recursos, xestionar micro créditos, etc.
Dende a entrada en vigor da Lei do Estatuto do Traballo Autónomo, as consultas aumentaron considerablemente.
c. Servizo Galego de Colocación
A nosa Asociación ten a condición de Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, outorgada pola antiga Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais - hoxe Consellería de Traballo e Benestar - da Xunta de Galicia; e facilita a contratación das persoas desempregadas por parte daqueles autónomos e empresas que desexen contratar persoal.
Dispoñemos dun Orientador Laboral que mantén entrevistas personalizadas cos demandantes de emprego.
d. Departamento de Estudos e Publicacións
En 2010, a Federación de Autónomos de Galicia editou 3 números da Revista Informativa "L@s Autónom@s" cunha tirada de 15.000 exemplares cada unha, distribuídas por toda Galicia e España, a través da nosa Confederación, CAYPE.
Por outra parte, elaboramos un libro conmemorativo da Gala do Autónomo da provincia de Lugo que tivo lugar o 30 de Abril de 2010, no Pazo de Feiras e congresos de Lugo, e un libro conmemorativo da Gala do Día das Asociacións que tivo lugar o 8 de decembro de 2009, en Expocoruña.
Ademais, FEAGA publicou durante o 2010 un Libro-Memoria, no que se recollen as actividades desenvolvidas dende a data en que se constituíu a entidade.
e. Convenios
Dentro do apartado de Relacións Institucionais, dende FEAGA fomentamos a firma de Convenios de Colaboración con Empresas e Institucións das que poidan derivarse beneficios para os Asociados en productos e servizos.
Actualmente en FEAGA mantéñense convenios con:
ARESA-MUTUA MADRILEÑA, TELEFÓNICA, FUNDACIÓN RONSEL; BANCO DE GALICIA, R CABLE;INGNATIONALE NEDERLANDEN; CAIXA GALICIA, BANCO SABADELL; BANCO GALEGO; GRUPO FEMXA, AGESTIC;EUROQUALITY, CAIXA GERAL; FUNDACIÓN FORTES; FUNDACIÓNFEDYS, AFAMMER; BANCO SANTANDER, AZETANET, ASISA;AUDITOR; PREVILABOR.
f. P.A.I.M.E.G.A
A federación de autónomos de Galicia dispón dun servizo de Asesoramento a Mulleres Emprendedoras Galegas, no que se asesora on line, ás mulleres emprendedoras para facilitalos a posta en marcha da súa idea empresarial e a todas as autónomas galegas que teñan algunha dúbida (legal, fiscal, etc...) en relación coa actividade que están a desenvolver; este servizo créase na segunda metade do ano 2010.
EXPERIENCIA
Estudos realizados
§ Informe: "OS AUTÓNOMOS E A FORMACIÓN EN GALICIA"
- Entidade encargada do desenvolvemento do estudo: Área 3 Consultores
- Entidade solicitante: Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA)
- Período de execución: ano 2003
§ PROGRAMA DE FORMACIÓN E APOIO ÁS MULLERES EMPRENDEDORAS
- Entidade encargada do desenvolvemento do estudo: Área 3 Consultores
- Entidade solicitante: Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA)
- Período de execución: ano 2004
§ GUÍA DE RECURSOS PARA MULLERES AUTÓNOMAS E EMPRESARIAS
- Entidade encargada do desenvolvemento do estudo: Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA).
- Entidades colaboradoras: Servizo Galego de Igualdade e Excelentísima Deputación Provincial da Coruña.
- Período de execución: ano 2005
§ PROXECTO DE ACCIÓN COMPLEMENTARIA E DE ACOMPAÑAMENTO Á FORMACIÓN DE ÁMBITO AUTONÓMICO (GALICIA): AVALIACIÓN DA FORMACIÓN CONTINUA DADA AOS EMPRESARIOS E PROFESIONAIS AUTÓNOMOS EN GALICIA
- Entidade outorgante: Consellería de Traballo. Xunta de Galicia.
- Entidade solicitante: Federación de Autónomos de Galica(FEAGA)
- Entidade encargada do desenvolvemento da Acción Complementaria: Femxa Formación, S.L.
- Período de Execución: 2005-2006
§ PROXECTO "AUTÓNOMOS ON LINE"
- Entidade outorgante: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)
- Entidade solicitante: Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA)
- Período de Execución: 2006-2007
§ ANÁLISE DE CAMPO SOBRE A SENSIBILIZACIÓN E A CULTURA ECOLOXICAMENTE RESPONSABLE DOS TRABALLADORES AUTÓNOMOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA
- Entidade outorgante: Consellería de Medioambiente, Xunta de Galicia.
- Entidade solicitante: Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA)
- Período de Execución: 2006
§ A XESTIÓN DA DIVERSIDADE COMO ESTRATEXIA PARA O AUMENTO DA CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES. ESTUDO SOBRE PRÁCTICAS EN MATERIA DE RECURSOS HUMANOS DOS TRABALLADORES AUTÓNOMOS DE GALICIA
- Entidade outorgante: Consellería de Innovación e Industria,Xunta de Galicia.
- Entidade solicitante: Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA)
- Período de Execución: 2006
§ ESTUDO SOBRE A INCLUSIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NOS SERVIZOS DE ASESORAMENTO A EMPRENDEDORES/ÁS NA CA DE GALICIA
- Entidade outorgante: Vicepresidencia dá Igualdade e do Benestar, Secretaría Xeral dá Igualdade, Xunta de Galicia.
- Entidade solicitante: Asociación de Autónomos de Galicia.
- Período de Execución: 2008
§ ESTUDO DIAGNÓSTICO DOS AUTÓNOMOS DA PROVINCIA DACORUÑA
- Período de Execución: 2009-2010
§ ESTUDO DIAGNÓSTICO DOS AUTÓNOMOS DA PROVINCIA DE LUGO
- Período de Execución: 2009-2010
§ ESTUDO DIAGNÓSTICO DOS AUTÓNOMOS DA PROVINCIA DEPONTEVEDRA
- Período de Execución: 2009-2010
§ ESTUDO DIAGNÓSTICO DOS AUTÓNOMOS DA PROVINCIA DE OURENSE
- Período de Execución: 2009-2010
Aulas de formación
Dende o ano 2002 a Federación de Autónomos de Galicia organiza aulas de formación e programas formativos para traballadores autónomos.
|