|
Afecta á Administración xeral e as entidades públicas e ofrecerá máis seguridade e rapidez mediante un Sistema Único de Rexistros con oficinas presencias e virtuais.
O Consello da Xunta de Galicia aprobou un decreto que regula a organización e o funcionamento dos rexistros da Administración Xeral e das entidades públicas instrumentais galegas, aos efectos de impulsar a utilización de medios electrónicos baixo criterios de simplificación administrativa.
A publicación deste decreto vai efectar á estructuración das oficinas de rexistro, aos procesos de traballo e ao ámbito de admisión dos escritos. Neste sentido, determínase como principal novidade o establecemento dun Sistema Único de Rexistro, que constará de oficinas de rexistro presenciais e mais dun rexistro electrónico. O rexistro presencial estará integrado por un rexistro xeral e pola rede actual de rexistros, que serán auxiliares do anterior.
O novo modelo permitirá unha unificación total, abranguerá a todo o sector público, ofrecerá un maior control, seguridade e rapidez para o usuario e redundará na política actual de "cero papel". Entre os seus puntos clave, a diferencia do modelo anterior, destaca que agora haberá unha aplicación informática común cunha numeración única para todos os asentos de entrada e saída.
Fuente la Opinión A Coruña
|