Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 17.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK

ultima hora 650x130

Cultura suspende as axudas a asociacións e fundacións

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

A consellería asegura que leva repartidos 455.000 euros en subvencións.

Non hai diñeiro para máis. Segundo Cultura, pechado o balanzo a setembro das contas da consellería, «non se poden afrontar novos gastos e hai que priorizar o pago dos compromisos adquiridos». Por este motivo, Cultura suspendeu onte a convocatoria de axudas públicas do pasado mes de maio destinadas a asociacións e fundacións de carácter cultural e que tiña unha contía total de 300.000 euros.

Segundo a consellería, a convocatoria aínda non fora estudada nin se comunicara en ningún momento cos posibles beneficiarios, polo que a súa suspensión o que impedirá é que se presenten novas peticións de axudas que, en principio, estaban destinadas a asociacións, fundacións e institucións, tanto a funcionamento como a actividades. Cultura sinala que a convocatoria se volverá a realizar no 2012, aínda que con criterios diferentes aos deste ano e con contías posiblemente menores.

Segundo o organismo autonómico, a orde que suspende a convocatoria de axudas ten que ver coa necesidade de equilibrar o presuposto existente e a necesidade de «priorizar nos compromisos que a consellería xa ten asumido».

Fontes da consellería sinalaron que non se trata de «deixar sen axudas aos colectivos culturais, nin ás fundacións», explicando que este ano 2011 xa se levan executados 455.000 euros en axudas con destino ás fundacións. A consellería engadiu que non haberá problemas coas axudas que xa están concedidas e cos convenios adxudicados. Segundo o departamento que dirixe Roberto Varela, esta medida non afecta a axudas xa concedidas e polo tanto tampouco a proxectos en marcha. Ao mesmo tempo que suspende a convocatoria das axudas destinadas a asociacións e fundacións, Cultura segue a anunciar próximas actividades dentro da programación da Cidade da Cultura e na illa de San Simón.

A consellería abriu en maio pasado a convocatoria de concorrencia competitiva. Este sistema pide primeiro que os interesados en conseguir axudas deben solicitalas xustificando o interese da proposta, a finalidade dos cartos, outras aportacións posibles e demais datos. Cultura, entre todas as peticións recibidas, escolle aquelas axudas que considera máis interesantes e descarta as restantes.

Para o PSOE, a decisión de suspender a convocatoria supón por unha parte contradicir a idea do goberno autónomo de blindar o gasto de carácter social. Por outra parte, segundo explica a responsable socialista de Cultura, Silvia Longueira, unha decisión así «debería ter sido consensuada cando menos co sector, posto que pon en perigo o mínimo funcionamento de grande parte dos colectivos do país». Para os socialistas, «habería que saber antes de aplicar a decisión como afectará aos colectivos e ao emprego cultural».

A área de Cultura da Deputación de Lugo denunciou o que considera un recorte «contra a cultura de base», sinalando que este departamento continuaría apoiando a cultura de base.

FUENTE: LA VOZ DE GALICIA

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
19/10/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina