Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK

ultima hora 650x130

NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

 

NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.

A Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA) asinou un convenio de colaboración coa Federación de Saúde Mental Galicia (FEAFES) e Obra Social “la Caixa” para fomentar a integración laboral de persoas con problemas de saúde mental e promover accións de responsabilidade social empresarial.

Asistiron ao acto Javier Pérez Bello, presidente de FEAGA; Xosé Ramón Girón, presidente de FEAFES Galicia; Juan Ignacio Domínguez, director de banca retail de CaixaBank; e Carlos Rosón, director de Igaxes3.

Esta colaboración enmárcase dentro do programa Incorpora de Obra Social "la Caixa", a través do cal se fomenta a inserción no mundo laboral de persoas en situación ou risco de exclusión, como parados de longa duración, ex reclusos, mozos en situación de vulnerabilidade, persoas con discapacidade, inmigrantes e vítimas de violencia de xénero, entre outros colectivos.

A Federación de Autónomos de Galicia é unha organización constituída para loitar pola defensa, promoción e dignificación dos traballadores autónomos, prestando servizos de orientación e asesoramento, captación de ofertas e demandas de emprego, cursos de formación, etc. Esta entidade colaborará co programa Incorpora mediante o fomento da contratación e formación de persoas con problemas de saúde mental e co impulso de accións concretas no ámbito da responsabilidade social empresarial.

Pola súa banda, FEAFES Galicia será a entidade social de referencia para FEAGA no marco do programa Incorpora, facilitándolles usuarios preparados para os postos de traballo requiridos, brindando información e asesoramento á empresa sobre a contratación de persoas con problemas de saúde mental e facendo un seguimento dos traballadores nos seus postos de traballo.

 A través do programa Incorpora, FEAFES Galicia levará a cabo un labor de prospección, información e asesoramento especializado á Federación de Autónomos de Galicia sobre subvencións e axudas á contratación e á creación de emprego para persoas con especiais dificultades de inserción, neste caso con enfermidade mental. 

A Coruña, 11 de septiembre de 2.017.

FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA(FEAGA)

Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: FEAGA-FIRMA

Francisco Javier Pérez Bello

PRESIDENTE

FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA

Rúa) Costa da Unión (antes, Teniente General Gómez Zamalloa), 3, 1 º D.

15005-A CORUÑA

Tfno: 881 250 312

Móvil: 646.840.607

Mail: presidencia@feaga.org     Web: www.feaga.org

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
11/09/2017 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina