Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 18.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK

ultima hora 650x130

Retrato da reforma laboral, "en serio", que o empresariado lle esixe a Mariano Rajoy

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Catro anos de moderación salarial, desligar o soldo do IPC, regulación do dereito á folga, cambio dos festivos, despedimento máis barato, promoción do ensimo privado e 'talvez' sacar as linguas cooficiais das aulas

Agora mesmo está en xogo a viabilidade da nosa economía e do noso modelo social. Estamos nun punto no que caben poucos erros máis. Son palabras da patronal, do empresariado, expresadas a través dun documento publicado este mes de novembro por Confemetal no que se repasa a situación achegando datos recentes, e no que se recollen as propostas que os empresarios lle puxeron enriba da mesa de Rajoy co ánimo de que faga delas a folla de ruta do novo goberno. Son propostas sen desenvolver ou precisar, pero que indican claramente un rumbo. Dentro destas, as máis interesantes para os traballadores, por ser de impacto directo, son as que marcan a 'súa' reforma laboral. En serio.


O discurso empresarial baséase en que as normas actuais son obsoletas porque atenden unha realidade de hai décadas, cunha situación que nada ten que ver coa actual. A patronal teno claro: seguir neste marco laboral "é un suicidio". Por que? Porque as normas e prácticas "son excesivamente restrictivas, porque hai un elevado intervencionismo e unha protección esaxerada". Se houbera que definir cunha palabra a idea principal que envolve as esixencias da patronal, talvez esta sería a 'flexibilidade'; e se tiveramos que nomear o seu principal obxectivo ou, agora mesmo, a súa obsesión, sería a 'competitividade'. Noutras palabras, volver medrar. Na outra banda, o prezo que hai que pagar débeno ler os traballadores entre esas liñas mestras ou medidas que supostamente hai que tomar 'si ou si' para sobrevivir. Imos aló.

As medidas socio-laborais, de reforma do mercado de traballo e da negociación colectiva que quere a patronal e que lle pide a Rajoy de xeito urxente e prioritario empezan por un pacto de moderación salarial para os próximos catro anos, do 2012 ao 2015. Xa se contaba, desde logo, con que habería que apretar máis o cinto. Aínda que, por certo, nestas propostas nada se fala -se cadra noutro documento sobre reformas fiscais- dalgunha posible forma de que revirtan ao sistema parte dos beneficios en casos ou sectores nos que as empresas se manexen con certo desafogo. Que os hai. O exemplo, máis nestes días de angustia, de austeridade e sacrificio, é a mellor política.

Hai máis de salarios. Trátase de eliminar a indexación salarial ao Índice de Prezos ao Consumo (IPC), algo que, indefectiblemente, foi motivo de conflitos porque os sindicatos o rexeitan de xeito categórico. A visión sindical apunta ao mantemento do actual modelo de revisión salarial, que combina previsión de inflación, cláusula de revisión e reparto en función da produtividade. Convén recordar que a idea da chanceler alemá, Angela Merkel, é ligar os soldos á produtividade e os beneficios, deixando á marxe o IPC. Cabe prever, pois, encontros duros e mesmo enfrontamentos, en especial tendo en conta que a patronal ve a negociación colectiva como "un obstáculo" para que a empresa se adapte á evolución real da economía e da produtividade. Por iso propón que se lle facilite o convenio de empresa e o 'descolgue' (é a posibilidade de que unha determinada sociedade non estea obrigada a aplicar os incrementos salariais pactados nun convenio colectivo de ámbito superior por estar en graves dificultades económicas).

Na actualidade hai 43 formas de contratar, e os empresarios cren que son excesivas e que provocan unha segmentación indesexable e unha gran rixidez. Por iso queren que de eliminen a enorme maioría das opcións para que queden en seis, basicamente seis modelos de contratación: contrato indefinido, temporal, fixo discontinuo, de obra e servizo, a tempo parcial e de formación. Por certo, con "flexibilización" dos dous últimos: a tempo parcial e de formación. Sería importantes saber a que lle afectaría a flexibilidade e ata onde chegaría. Aínda que hai que recoñecer que nas actividades de prácticas e de formación xéranse moitas oportunidades de traballo, e que non poucos profesionais quedan no cadro de persoal das empresas gracias a elas.

Agora un paradoxo. Porque non creo que poida negar a patronal que parece unha contradición que no medio de toda unha batería de medidas para fomentar a contratación apareza a proposta de abaratar o despedimento por despido improcedente. Se faláramos de causas económicas -a empresa en graves dificultades-, ou de adaptación... en fin, que hai casos e casos. E o caso é que a CEOE quere que o novo Goberno sitúe a indemnización habitual por despedimento improcedente do contrato indefinido en 20 días por ano traballado, cun máximo de 12 mensualidades, respectando, iso si, os dereitos adquiridos.

Outra flexibilización: a interna. Esta dotaría a empresa de ferramentas para modelar ou variar a necesidade a porcentaxe anual de disponibilidade, a bolsa de horas extra e a funcionalidade dos traballadores que, por certo, estarán sometidos a máis control, dentro e fóra, xa que outra das batallas será a do absentismo laboral inxustificado a través dunha mellor xestión e control da incapacidade temporal. A patronal promove a creación dunha nova lei de mutuas que reforce o seu carácter empresarial e mesmo examina con lupa a influencia dos festivos na produtividade, polo que propón regular tamén os días festivos, co fin de desprazar as festividades nacionais, autonómicas ou locais ao luns máis cercano, agás as de máxima significación. Adeus ás pontes.

E máis: a regulación do dereito á folga, fundamentalmente no que se refire aos servizos esenciais. Palabras maiores que aos sindicatos, seguro, lles van soar moi mal.

 ESCOLA PÚBLICA E LINGUAS

Hai dúas actividades que provocan gran preocupación nos líderes empresariais e que, segundo eles, requiren cambios xa: a formación e a xustiza. Esta última é moi lenta, e esa parsimonia custa e lastra o sistema produtivo. A proposta é impulsar un sistema extraxudicial de resolución de conflitos e a simplificación da lexislación vixente.

Finalmente, a educación, que tamén inclúe propostas chamativas. Algunhas son obvias e están na mente de todos: posta en marcha dun novo programa de formación profesional, mellorar a relación da empresa e o sistema educativo ou impulsar o coñecemento dos idiomas e as tecnoloxías. Sen embargo hai dúas que merecen especial consideración.

Unha é a intención de que se mellore a eficacia do sistema educativo ampliando a liberdade de escolla das familias e a participación do sector privado. Non sei se interpreto correctamente, pero parece que como resultado desta iniciativa, de levarse a cabo, resentiriase aínda máis a escola pública, e xa parece difícil que a trasteen máis. Por outra parte, outra proposta que a CEOE cualifica de horizontal, é a de "eliminar todos os obstáculos que dificultan o desprazamento de alumnos entre centros de diferentes comunidades autónomas". Teño que interpretar de novo, co risco de equivocarme. Quizais a patronal, cando fala de obstáculos, refírese ás linguas cooficiais de Galicia, Cataluña e País Vasco. Se isto fora así, o empresariado estaría pedindo a eliminación do galego nas aulas. Ou algo así. Sería terrible.

 

Fuente el correo gallego

 
 

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
25/11/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina