Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 17.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias

ultima hora 650x130

A xunta dá luz verde ao decreto que crea o consello galego da representatividade das asociacións de

enviar a un amigo


A XUNTA DÁ  LUZ VERDE AO DECRETO QUE CREA O CONSELLO GALEGO DA REPRESENTATIVIDADE DAS ASOCIACIÓNS DE AUTÓNOMOS 
 
  Trátase do paso previo á constitución do Consello galego do traballo autónomo
  Este  órgano  ocuparase  de  determinar  a  representatividade  das  asociacións profesionais  de  traballadores  autónomos,  a  través  dunha  serie  de  criterios obxectivos fixados no decreto
 
O Consello da Xunta deu hoxe luz verde ao proxecto de decreto que crea o Consello galego da representatividade das asociacións profesionais de traballadores autónomos de Galicia. A súa constitución é o paso previo de cara á creación do Consello galego do  traballo autónomo, que será o órgano consultivo do Goberno galego en  todas as materias que afecten este colectivo.
 
O  proxecto  de  decreto  que  se  aproba  hoxe  permitirá  poñer  en marcha  o  Consello galego da representatividade, que se constituirá como un órgano colexiado adscrito á Consellería de Traballo e Benestar. 
 
A súa principal función será a de valorar e declarar a representatividade das distintas asociacións profesionais de traballadores autónomos de Galicia, seguindo uns criterios obxectivos que se inclúen no decreto.
 
Entre  estes  criterios  obxectivos  de  valoración,  cabe  destacar  o  número  de traballadores autónomos afiliados; as sedes permanentes das asociacións; o número de  asociacións  coas  que  estas  entidades  asinen  convenios;  os  recursos  humanos  e materiais;  as  actividades  no  últimos  tres  anos;  e  os  orzamentos  dos  últimos  tres exercicios. 
 
Hai que ter en conta que esta actuación inscríbese na importante aposta do Goberno galego pola promoción do emprendemento e polo apoio aos autónomos galegos. Cabe destacar, por exemplo, que a Xunta está a traballar actualmente no Plan de Emprego Autónomo  e  Emprendedor,  que  constituirá  o  primeiro  plan  dun  goberno  galego destinado especificamente a este colectivo. Na actualidade, esta iniciativa está a ser
analizada para a  súa aprobación na Mesa do Autónomo –impulsada  tamén por este Goberno-, así como no seo do diálogo social.  
 
O plan definirá medidas para o apoio aos traballadores e traballadoras autónomas en tres  fases  fundamentais:  a  toma  de  decisión  emprendedora  e  a  súa materialización efectiva;  o  apoio  ao  inicio  da  actividade  e  o  asesoramento  técnico,  xerencial  e financeiro na consolidación e crecemento empresarial.
 

Ademais,  creouse  o  Rexistro  galego  de  asociacións  profesionais  de  traballadores autónomos e promovéronse as distintas liñas de axudas a este colectivo, entre as que destacan as  subvencións para o establecemento como  traballador por conta propia; axudas para formación ou asistencias técnicas; así como subvencións para a primeira contratación indefinida, entre outras.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
01/07/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina