Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias

ultima hora 650x130

Conferencia Europea do Traballo Autónomo, Emprendemento e Calidade no Emprego.

enviar a un amigo

 

O pasado mes de Abril celebrouse en Sevilla a Conferencia Europea sobre Traballo Autónomo, Emprendemento e Calidade no Emprego, con motivo da Presidencia Española da Unión Europea.
 
A inauguración da conferencia correu a cargo da secretaria xeral de Emprego, Maravillas Rojo e o Conselleiro de Emprego da Xunta de Andalucía, Manuel Recio. A conferencia contou con máis de 300 participantes, entre os que se encontraban o presidente e o vicepresidente de FEAGA.
 
A primeira xornada contou cun taller sobre as posicións das asociacións de autónomos e interlocutores sociais. Na segunda xornada celebráronse diversos paneis que trataron temas de actualidade para o traballo autónomo.
 
As asociacións de autónomos españolas e estranxeiras, presentes na conferencia, entre as que se encontraba ao Federación de Autónomos de Galicia, discutiron sobre o pasado presente e futuro do traballador autónomo.
 
Tras o primeiro taller celebrado quedou patente que a forza do asociacionismo dos autónomos é puxante, que é necesario ter en conta as reivindicacións propias deste tipo de traballadores e que iso pode supoñer un elemento crucial para o emprego e para a recuperación económica. Neste sentido púxose de manifesto a importancia de dotar de marcos legais axeitados que poidan impulsar o emprendemento e o traballo autónomo.
 
No panel "a Aposta polo autoemprego como sistema de traballo estable" reflectiuse a transcendencia dos marcos internacionais e europeos, como a OIT ou a Unión Europea e os traballos que se poidan desempeñar na promoción da alternativa do traballo independente de calidade e con dereitos, na busca da converxencia co traballo asalariado por conta allea.
 
No panel dedicado ao fomento do traballo autónomo no marco da Estratexia Europa 2020, puxéronse de manifesto os programas públicos estatal e autonómico. A creación de emprego combinado cun crecemento inclusivo, sostible e intelixente é prioritario, polo que neste aspecto cabe resaltar a importancia dos programas existentes ou futuros das políticas públicas nos distintos planos autonómico, nacional, europeo ou internacional.
 
Cabe mencionar o debate suscitado en relación á figura do traballador autónomo económicamente dependente ou parasubordinado, regulado recentemente en España, que segue sendo autónomo cunha peculiaridade determinante como é a da dependencia económica dun empresario ou cliente, contempla unha clara transcendencia sindical, e, por iso foi esclarecedor contar neste panel coa presenza de representantes a nivel europeo e da propia Organización Internacional do Traballo, en ámbito internacional.
 
En todo caso, é evidente que esta é unha cuestión de gran debate e que se está a tratar no Ditame sobre Tendencias do traballo autónomo pola sección especializada de emprego, asuntos sociais e cidadanía do Comité Económico e Social Europeo.
 
No último panel da Conferencia discutiuse sobre un dos elementos fundamentais do traballo autónomo: a protección social e a súa equiparación en dereitos e prestacións ao traballador por conta allea.
 
 A clausura correu A Cargo do Subsecretario do Ministerio de Traballo e Inmigración, D. Leandro González, da Comisión europea e do Viceconselleiro de Emprego da Xunta de Andalucía, D. Justo Mañas. Nesta sinalouse a importancia da Conferencia por servir a reflexionar e progresar na intención compartida en toda Europa de situar en primeira liña de protección social, fomento e difusión do traballador autónomo e traballadora autónoma.
Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
03/05/2010 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina