Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias

ultima hora 650x130

Plan de mellora da produtividade e competitividade do comercio (2009-2012)

enviar a un amigo

Resolución do 1 de marzo de 2011 pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración para o desenvolvemento do Plan de mellora da produtividade e competitividade do comercio (2009-2012) subscrito entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Xunta de Galicia.

 

En Madrid, o 16 de decembro de 2010.

Reunidos:

Dunha parte Miguel Sebastián Gascón, ministro de Industria, Turismo e Comercio, nomeado polo Real decreto 436/2008, do 12 de abril (BOE nº 90, do 14 de abril) actuando en nome e representación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio en virtude das atribucións que lle outorga o Real decreto 1313/2010, do 20 de outubro (BOE do 21 de outubro), no seu artigo 10º e en exercicio das competencias que para tal efecto lle recoñece o artigo 13º.3 da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado.


Doutra parte o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra Fernández, actuando en nome e representación da Xunta de Galicia ao abeiro das facultades que, para vincularse neste acto, ten conferidas polo artigo 34º da Lei 1/1983.


Recoñecése, na representación que desempeñan, competencia para subscribirse este convenio,


Expoñen:

Que o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ten entre as súas funcións, a través da Dirección Xeral de Comercio Interior, a elaboración dos plans xerais que contribúan á mellora da calidade das empresas do sector e dos apoios financeiros necesarios para o seu desenvolvemento, así como a cooperación coas comunidades autónomas en relación con iso.


Para o desenvolvemento desta función elaborouse o Plan de mellora da produtividade e competitividade no comercio (2009-2012), que ten como obxectivo final o da mellora da produtividade e competitividade das pequenas e medianas empresas comerciais, para lograr un equilibrio harmónico da estrutura do sector, coa coexistencia de diversos formatos de empresa e establecemento, que garantan a competencia e a liberdade de elección dos consumidores, ao tempo que se contribúa a un desenvolvemento equilibrado e sustentable da estrutura urbana das nosas cidades.


Este plan de mellora recolle subvencións ás pequenas e medianas empresas comerciais, ás súas asociacións e aos concellos, no marco dunha política orientada á consolidación do comercio urbano, mantendo e desenvolvendo o modelo comercial tradicional español, mediante a mellora da competitividade das empresas de distribución e do contorno físico en que se asenta o comercio de proximidade, de forma que non só se evite a destrución de emprego, senón que se mellore o seu grao de profesionalidade, permitindo que os recursos humanos que se vinculan a este sector poidan prestar un maior valor engadido en canto á especialización e calidade do servizo.


Para a elaboración deste plan tívose en conta a experiencia acumulada durante o desenvolvemento do Plan de mellora da calidade no comercio, entre os anos 2005 e 2008, orientando os novos programas cara a aquelas actuacións que se mostraron máis rendibles e máis demandadas polas administracións autonómicas.


O plan de mellora foi aprobado pola Mesa de Directores Xerais de Comercio de comunidades autónomas do 6 de maio de 2009 e refrendado pola Conferencia Sectorial de Comercio Interior do 30 de xuño de 2009, sendo finalmente aprobado por acordo de Consello de Ministros do 24 de xullo de 2009.


Que é vontade do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e da Consellería de Economía e Industria, da Comunidade Autónoma de Galicia, impulsar e potenciar a colaboración, a corresponsabilidade e a coordinación dos diferentes niveis das administracións públicas na realización de actuacións previstas no Plan de mellora da produtividade e competitividade do comercio (2009-2012).


En virtude do exposto, en execución da competencia exclusiva do Estado prevista no artigo 149º.1.13 da Constitución e da competencia atribuída á Comunidade Autónoma de Galicia no artigo 30º.1.4 do seu Estatuto de autonomía, as partes asinantes


Acordan:

Primeiro.-Obxecto do convenio.

As partes asinantes colaborarán para desenvolver o Plan de mellora da produtividade e competitividade do comercio (2009-2012), dentro do ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia, como marco no cal se recolle unha estratexia común para todo o sector e no cal quedan encadradas as iniciativas que se inclúen neste convenio.


Segundo.-Programas obxecto de financiamento.

No desenvolvemento do Plan de mellora da produtividade e calidade do comercio (2009-2012), a Comunidade Autónoma de Galicia obterá o cofinanciamento do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio nas subvencións que outorgue ao sector comercial nos seguintes programas:


a) Fomento do comercio urbano: este programa pretende corrixir posibles desequilibrios territoriais na oferta comercial, mediante unha mellora do contorno físico urbano en que as empresas comerciais poidan instalarse, respectando as condicións de competencia do mercado e poñendo á disposición dos pequenos empresarios do sector espazos suficientemente atractivos para o desenvolvemento da súa actividade, entendendo este concepto de urbano en contraposición ao de periférico e non ao de rural, que se considera tamén prioritario e que é obxecto do segundo programa deste plan.


Dentro deste programa recóllense as catro liñas preferentes de actuación seguintes:


-Modernización de mercados retallistas municipais.

-Centros comerciais abertos.

-Peonalización de eixes comerciais.

-Adecuación de espazos para venda non sedentaria.

b) Mellora do comercio rural: pretende asegurar os servizos comerciais xerais do municipio e dos núcleos de poboación próximos, promocionando os establecementos multiservizos, pequenos comercios tradicionais e adecuando as áreas destinadas á venda ambulante, dotándoos de servizos comúns e potenciando simultaneamente a introdución de canais directos de comercialización.


c) Fomento da cooperación empresarial: trátase de mellorar a posición do pequeno comercio fronte a provedores nas compras, e consumidores, mediante o asociacionismo que permita crear unha imaxe común e unha marca unitaria, apoiándose en novas centrais de compra, implantación de redes informáticas, desenvolvemento de redes loxísticas, etc.


d) Calidade e seguridade nos establecementos comerciais. Remuda xeracional: pretende promover unha mellor xestión e calidade de servizos dos establecementos, para facelos atractivos aos consumidores e satisfacer o segmento da demanda que busca realizar as súas compras en establecementos especializados, cunha mellor calidade de servizo e unha clara atención personalizada ao cliente, de forma que resulten competitivos fronte aos novos formatos comerciais. Este programa prevé, así mesmo, mellorar as condicións de seguridade dos establecementos e dos produtos que se venden, para que o empresario e traballadores do pequeno comercio poidan realizar a súa actividade con maiores garantías e por outro lado a substitución de comerciantes de máis de 60 anos que abandonen a actividade comercial e cedan o seu negocio a descendentes ou emprendedores, que continúen dentro do sector do comercio retallista, aínda que cambien a dedicación do establecemento.


e) Poderán, así mesmo, ser obxecto das axudas deste convenio, as actividades que, aínda non recollidas no Plan de mellora da produtividade e competitividade do comercio, se poidan relacionar de forma evidente co espírito deste e contribúan co seu desenvolvemento á consecución da modernización da distribución.


Terceiro.-Financiamento dos proxectos.

Nas actuacións que se acollan a este convenio a achega das comunidades autónomas será cofinanciada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través do artigo orzamentario 751 transferencias de capital a comunidades autónomas, do programa orzamentario 431O, ordenación e modernización das estruturas comerciais, da Dirección Xeral de Comercio Interior.


Do orzamento total do capítulo 7 asignado ao plan (8.000.000 €), o 75% destinarase ás cantidades mínimas que percibirá cada comunidade autónoma, de acordo cun coeficiente que reflicte a importancia do seu tecido comercial e calculado en función dos criterios obxectivos que foron aprobados en conferencia sectorial.


Para este ano, á Comunidade Autónoma de Galicia correspóndenlle un total de 706.991 euros segundo a aplicación do coeficiente de repartición e como se confirmou na reunión da Mesa de Directores Xerais de Comercio Interior do 26 de outubro de 2010, sempre que presente proxectos suficientes susceptibles de cofinanciamento.




O cofinanciamento do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a cada proxecto será de ata o 40% da achegada pola Comunidade Autónoma de Galicia.


Cuarto.-Grupo de traballo de técnicos do ministerio e das CC.AA.

Crearase o grupo de traballo da Conferencia Sectorial definido no Plan de mellora da produtividade e competitividade do comercio (2009-2012), formado por técnicos da Dirección Xeral de Comercio Interior e das direccións xerais competentes de todas as comunidades e cidades autónomas, que analizará as propostas de cofinanciación presentadas por estas e elaborará unha proposta á Mesa de Directores Xerais que decidirá cales son os proxectos que se cofinanciarán.


Quinto.-Procedemento de xestión das axudas.

A xestión das axudas realizarase de acordo co seguinte procedemento:

1. A Comunidade Autónoma de Galicia, de entre as actividades subvencionadas por ela, seleccionará as máis relevantes, segundo o seu criterio, para acollerse ao cofinanciamento do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través deste Plan de mellora da produtividade e competitividade do comercio (2009-2012).


2. A unidade administrativa competente da Comunidade Autónoma de Galicia enviará á Dirección Xeral de Comercio Interior a relación de expedientes para os cales se solicita o cofinanciamento do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.


Esa relación conterá todos os datos que se solicitan no programa informático enviado á Comunidade Autónoma de Galicia pola Dirección Xeral de Comercio Interior ao respecto.


3. Cada proxecto para o cal se solicita o cofinancimento irá acompañado de: memoria, desagregación orzamentaria, información sobre se ten ou non cofinanciamento Feder, partidas do orzamento que se subvencionan e certificado por parte da comunidade autónoma de que a subvención foi concedida. Non obstante, poderán ser obxecto dunha memoria conxunta as actuacións de apoio a asociacións de comerciantes para o desenvolvemento de actividades de promoción e dinamización de eixes comerciais urbanos que estean interrelacionadas e garden unha unidade de criterio. Así mesmo, se se trata de subvencionar empresarios individuais que formen parte dunha actuación conxunta ou no caso do programa de calidade, seguridade en establecementos comerciais e remuda xeracional, farase unha memoria xenérica para todos os comprendidos dentro dun mesmo programa.


4. O grupo de traballo seleccionará os proxectos que se van cofinanciar e elevará a proposta á Mesa de Directores Xerais da Conferencia Sectorial de Comercio, que a analizará e determinará a cantidade total correspondente a cada comunidade autónoma, respectando os mínimos referidos no punto terceiro deste convenio, e enviará a proposta para a súa aprobación definitiva en Consello de Ministros.


5. As cantidades aprobadas en Consello de Ministros transferiranse á Comunidade Autónoma de Galicia.


6. Os expedientes enviados á Dirección Xeral de Comercio Interior pola Comunidade Autónoma de Galicia para o seu cofinanciamento poderán acollerse a este convenio aínda que a concesión da axuda pola comunidade autónoma fose anterior á data da sinatura deste convenio.


7. Corresponde á Xunta de Galicia o control da execución e o seguimento dos expedientes cofinanciados, comunicando á Dirección Xeral de Comercio Interior as incidencias que se produzan. Para tal fin, de acordo coas comunidades autónomas, poderase establecer o sistema de intercambio de información que se considere necesario.


8. Finalizado o exercicio económico a comunidade autónoma remitirá á Dirección Xeral de Comercio Interior, non máis tarde do 31 de marzo de 2011, un estado de execución do exercicio, indicando as contías totais de compromisos de créditos, obrigas recoñecidas e pagamentos realizados no ano, detallado para cada un dos expedientes cofinanciados. A información será posta en coñecemento da Conferencia Sectorial de Comercio e tida en conta na adopción dos acordos de distribución de fondos, para dar cumprimento ao previsto no artigo 86º.2.sexta da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria. Todo isto enténdese sen prexuízo do control financeiro que corresponde á Intervención Xeral da Administración do Estado e ao Tribunal de Contas.


Sexto.-Publicación e difusión.

A Comunidade Autónoma de Galicia comunicará aos beneficiarios de cada expediente o cofinanciamento que corresponde ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio da subvención por eles percibida; cando figure algún tipo de anuncio dos promotores ou procedencia dos fondos investidos, a comunidade autónoma indicará aos beneficiarios a obriga de indicar o cofinanciamento deste ministerio. Así mesmo, a difusión do Plan de mellora da produtividade e competitividade do comercio (2009-2012) corresponderá á Consellería de Economía e Industria da Comunidade Autónoma de Galicia.


Sétimo.-Obrigas derivadas dos fondos Feder.

Os fondos achegados polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio acóllense ao Programa operativo da Comunidade Autónoma de Galicia 2007-2013, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Por este motivo, de acordo coas recomendacións da Comisión Europea, a Comunidade Autónoma de Galicia non deberá presentar á Dirección Xeral de Comercio Interior, para acollerse aos beneficios deste convenio, aqueles expedientes para os que teña solicitado retornos polo mencionado programa operativo ou calquera outro programa da Unión Europea.


A Comunidade Autónoma de Galicia comunicará o cofinanciamento europeo (Programa operativo da Comunidade Autónoma de Galicia) aos beneficiarios dos proxectos acollidos a este convenio e asegurarase de que estean informados dos puntos que conteñen os artigos 8º, 9º e 13º.1 do Regulamento (CE) 1828/2006.


Así mesmo, a Dirección Xeral de Comercio Interior poderá solicitar á comunidade autónoma información complementaria sobre os expedientes seleccionados polo grupo de traballo e aprobados, por proposta súa, pola Mesa de Directores, co fin de poder cumprir os requisitos exixidos na normativa contida no Programa operativo 2007-2013.


De conformidade co artigo 60º d) do Regulamento (CE) 1083/2006, os beneficiarios e os organismos participantes na execución das operacións deben manter un sistema de contabilidade separado para todas as transaccións relacionadas coas operacións obxecto de cofinanciamento ou, polo menos, contar cunha codificación contable adecuada que permita identificar claramente as devanditas transaccións.


Os retornos de fondos da Unión Europea realízanse sobre pagamentos realizados aos beneficiarios e debidamente xustificados por estes, debendo presentarse a relación de expedientes por parte da Dirección Xeral de Comercio Interior á autoridade de xestión do Feder no terceiro trimestre do ano 2011. Para poder solicitar os retornos da Unión Europea correspondentes aos fondos achegados polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Comunidade Autónoma de Galicia deberá presentar as certificacións de pagamento o antes posible, non máis tarde do 30 de abril de 2012, á Dirección Xeral de Comercio Interior.


Oitavo.-Vixencia do convenio.

Este convenio entrará en vigor desde a data da súa sinatura e terá vixencia temporal ata o 31 de decembro de 2010, ben que se manterán os compromisos de información previstos nas cláusulas quinta.7 e sexta. Non obstante, poderase producir a súa resolución antes do prazo indicado, por mutuo acordo das partes, por incumprimento ou por denuncia dalgunha delas, ata dous meses antes da data de extinción do convenio.


Noveno.-Órgano mixto de seguimento e control.

Segundo o previsto no artigo 6º.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, crearase un órgano mixto de vixilancia e control da execución e aplicación deste convenio e de resolución de controversias administrativas. Este órgano mixto estará integrado por dous representantes de cada unha das partes asinantes designados, respectivamente, polo ministro de Industria, Turismo e Comercio e o conselleiro de Economía e Industria.


Décimo.-Natureza xurídica do convenio.

As cuestións litixiosas que poden xurdir na interpretación e cumprimento deste convenio serán de coñecemento e competencia da orde xurisdicional do contencioso-administrativo.


E en proba de conformidade, asinan os intervenientes, no lugar e data indicados no encabezamento. Miguel Sebastián Gascón, ministro de Industria, Turismo e Comercio. Javier Guerra Fernández, conselleiro de Economía e Industria.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
10/03/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina