Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias

ultima hora 650x130

Convocadas probas para avaliación de competencias clave para acceder os certificados de profesionali

enviar a un amigo

Vense de publicar no Doga a Convocatoria das probas de avaliación das competencias clave para a acceder aos cursos dos certificados de profesionalidade nivel 2 e 3 de cualificación  dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os novos certificados de profesionalidade asociados ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais, establece no artigo 5.5º c) que en todos e cada un dos módulos formativos que conformen os novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 se determinarán os criterios de acceso dos alumnos, que asegurarán que estes contan coas competencias clave suficientes para cursar con aproveitamento a formación.


Para regular o procedemento de probas na Comunidade Autónoma de Galicia aprobouse a Orde do 26 de novembro, que regula as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos cursos dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego.


Nesta orde establécese que a Dirección Xeral de Formación e Colocación, a través do Instituto Galego das Cualificacións, convocará, polo menos unha vez ao ano, probas de avaliación en competencias clave.


De conformidade co exposto, a través desta disposición, procede agora convocar un novo proceso de probas de avaliación para facilitar que as persoas poidan acreditar as competencias clave que se requiren para acceder aos cursos dos novos certificados de profesionalidade.


Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso aos cursos dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


Artigo 2º.-Competencias clave que se convocan.

1. Convócanse probas nos dous niveis, 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

-Comunicación en lingua galega.

-Comunicación en lingua castelá.

-Comunicación en linguas estranxeiras (inglés).

-Competencia matemática.

-Competencias en ciencia.

-Competencia en tecnoloxía.

-Competencia dixital.

-Competencias sociais (xeografía).

-Competencias sociais (historia).

Artigo 3º.-Solicitude para participar nas probas de avaliación en competencias clave.


1. A participación nestas probas deberá formalizarse presentando solicitude dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.


2. A dita solicitude presentarase xuntando o modelo que figura no anexo 1 (de acordo co recollido no artigo 8 da Orde do 26 de novembro de 2009), e o modelo complementario recollido no anexo 1.1 que figura nesta resolución.


3. A solicitude poderá presentarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o día 30 de novembro, no rexistro da Consellería de Traballo e Benestar, no rexistro xeral da Xunta de San Caetano (ambos en Santiago de Compostela), así como por calquera das formas establecidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


Artigo 4º.-Documentación.

As persoas aspirantes deberán xuntar a súa solicitude de inscrición:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade, ou número de identificación de estranxeiro ou do pasaporte. A presentación da fotocopia do DNI ou NIE non será precisa se a persoa solicitante dá o seu consentimento para que se consulten os datos relativos aos citados documentos, de conformidade co previsto na Orde do 7 de xullo de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 255/2008, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, no que respecta á verificación de datos de identidade e residencia.


b) De ser o caso, certificado acreditativo de minusvalidez en vigor, para as persoas aspirantes con algunha minusvalidez que soliciten algún tipo de adaptación posible de tempo e medios para a realización da proba. Non será necesario presentalo no suposto de minusvalidez recoñecida polo órgano competente desta comunidade autónoma.


Artigo 5º.-Relación provisional e definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas.


1. A relación provisional das persoas inscritas nas probas que fosen admitidas e, se é o caso, as excluídas, con indicación das causas de exclusión, será publicada polo Instituto Galego das Cualificacións na páxina web
http://traballoebenestar.xunta.es/, e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas datas indicadas no calendario que figura no anexo 2.


2. As persoas inscritas poderán formular contra esta relación provisional de admitidos e excluídos as oportunas alegacións, que se dirixirán ao Instituto Galego das Cualificacións no prazo de tres días hábiles.


3. A relación definitiva de persoas solicitantes admitidas e excluídas será publicada na páxina web
http://traballoebenestar.xunta.es/, e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas datas indicadas no calendario que figura no anexo 2.


Artigo 6º.-Realización das probas de avaliación en competencias clave.

1. As probas de avaliación en competencias clave terán lugar nas datas indicadas no calendario da convocatoria que se inclúe no anexo 2, que será exposto na páxina web
http://traballoebenestar.xunta.es/ e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.


2. O candidato realizará unha proba por cada unha das competencias clave convocadas nas cales se inscribise. A duración da proba en cada competencia clave é dunha hora. A realización de cada unha das probas de avaliación seguirá a orde e o horario que se indica no anexo 2 desta resolución.


3. As probas terán lugar no recinto feiral de Silleda, en Silleda (Pontevedra).

4. Para a realización das probas as persoas aspirantes deberán ir provistas do documento nacional de identidade, do número de identificación de estranxeiros ou do pasaporte, así como de materiais de escritura.


5. As persoas participantes nas probas terán cuberto o risco de accidente derivado da asistencia a estas.


Artigo 7º.-Comisións de avaliación.

1. O/a director/a xeral de Formación e Colocación, por proposta do/a director/a do Instituto Galego das Cualificacións, nomeará dúas comisións de avaliación para as probas de competencia clave de nivel 2 e unha comisión de avaliación para as probas de competencia clave de nivel 3, que terán como sede o Instituto Galego das Cualificacións (rúa San Lázaro s/n, 15781, Santiago de Compostela).


2. De acordo co previsto no artigo 7.3º da Orde do 26 de novembro de 2009, pola que se regulan as probas de avaliación en competencias clave, á vista do número de persoas aspirantes poderase ampliar o número de comisións de avaliación. Así mesmo, poderanse incorporar ás comisións de avaliación o número de vixilantes e correctores que se considere preciso.


3. De conformidade co disposto no artigo 10.5º da Orde do 26 de novembro de 2009, pola que se regulan as probas de avaliación en competencias clave, no caso de nomear correctores/as, estes formarán parte das comisións de avaliación para a realización das probas.


Artigo 8º.-Resultados das probas.

Os resultados das probas de avaliación estarán accesibles para as persoas que as realizaron de forma confidencial, desde a páxina web da Consellería de Traballo e Benestar nas datas indicadas no calendario que figura no anexo 2.


Artigo 9º.-Reclamación contra as cualificacións.

1. Contra a cualificación obtida poderá presentarse reclamación dirixida ao presidente ou presidenta da comisión, no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das cualificacións, no rexistro da Consellería de Traballo e Benestar, no rexistro xeral da Xunta de San Caetano (ambos en Santiago de Compostela), así como por calquera das formas establecidas polo artigo 38 de a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
08/11/2010 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina