Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias

ultima hora 650x130

Nova adhesión ó plan RE-SOLVE +

enviar a un amigo

 

Resolución do 13 de outubro de 2010 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio financeiro ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-Solve +).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 29 de xuño de 2010, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o programa de apoio ao acceso ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-Solve +). As ditas bases foron publicadas mediante Resolución do 21 de setembro de 2010 (DOG nº 182, do 21 de setembro).


Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.


Téndose ratificado con data do 13 de outubro de 2010 a adhesión da entidade financeira Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona La Caixa, cómpre facelo público.


Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,


RESOLVO:

Único.-Engadir a entidade financeira Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona La Caixa, á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio financeiro ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-Solve +), asinado no 20 de setembro de 2010.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
04/11/2010 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina