Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias

ultima hora 650x130

Os Autónomos e a Rede Internet

enviar a un amigo

Adxuntamos o estudo elaborado pola AMTEGA, da Xunta de Galicia, sobre OS AUTÓNOMOS E O USO DA REDE INTERNET e a súa evolución.

As conclusións do estudo son as seguintes: 

A porcentaxe dos autónomos galegos que contratan internet creceu un 18% no último ano

  • O 57% dos traballadores por conta propia dispón de conexión á rede, a cifra máis alta dos últimos 4 anos
  • Increméntase a porcentaxe de autónomos que usa redes sociais ata o 33% mentres que diminúen os que empregan páxina web
  • Dous de cada tres autónomos con conexión a Internet empregou a rede para relacionarse coas Administracións Públicas, 6,3 puntos máis que o ano anterior

A porcentaxe de autónomos galegos con servizo de internet contratado elévase ao 57,1%, a cifra máis alta desde 2014. No último ano rexistrouse un incremento de preto do 18% no número de traballadores por conta propia que contrataron internet. Así se desprende do informe “A Sociedade da Información e os autónomos/as de Galicia”, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

O estudo sinala que en Galicia, existen 139.553 autónomos, que representan o 7,1% do total de autónomos en España. Aínda a maioría do colectivo son homes, existe unha significativa presenza de mulleres (42,1%). O sector dos servizos é o que aglutina o maior número de autónomos/as tanto en España como en Galicia, aínda que o peso da agricultura da Comunidade revirte nun 22,4% de afiliados/as á Seguridade Social en réxime de autónomos, 10,6 puntos porcentuais máis respecto ao resto do Estado.

Banda larga móbil e máis velocidade
Entre os autónomos con conexión a Internet, sete de cada dez opta pola banda larga móbil, medrando de xeito significativo no último ano, 11,2 puntos porcentuais, superando a porcentaxe media total das microempresas (69,2%) e formas societarias empresariais (66,9%).

O 59,6% dos autónomos galegos conta cunha velocidade de conexión a Internet superior aos 10 Mbps. Cabe salientar o incremento de 4 puntos porcentuais da contratación de velocidades de conexión a Internet superiores aos 30 Mbps, acadando xa ao 24,1% dos autónomos.

O informe tamén indica que preto da metade dos autónomos galegos (49,8%) utiliza o software libre para o seu labor empresarial. O uso do software libre aumentou no último ano, tanto entre os autónomos/as como nas formas societarias empresariais. No caso dos autónomos, rexistrouse un incremento de 6,2 puntos porcentuais no último ano.

Uso de redes sociais e servizos dixitais
Un de cada tres autónomos con conexión a Internet emprega as redes sociais, 10,3 puntos porcentuais máis que o ano anterior. O maior uso de redes sociais estase a traducir nun menor uso de páxinas web, que descenderon en 10 puntos no último ano.

O uso de Internet para relacionarse coas Administracións Públicas segue a aumentar entre as microempresas galegas, en xeral, e entre os autónomos, en particular, de xeito que dous de cada tres autónomos con conexión a Internet empregou a Rede para relacionarse coas Administracións Públicas, 6,3 puntos máis que o ano anterior.

Preto da metade dos autónomos con conexión a Internet utiliza a Rede para liquidar os seus impostos e preto dun 30% tamén realiza declaracións de contribucións. Estes indicadores medraron 8,4 puntos e 6,5 puntos, respectivamente no último ano.

Debilidades detectadas: factura electrónica, comercio electrónico e Cloud Computing
O OSIMGA detecta a necesidade dun forte impulso na comercialización dos seus produtos a través de Internet así como unha reducida implantación da compra de servizos Cloud computing entre os autonómo galegos.

A informatización da xestión empresarial, como por exemplo, o uso da factura electrónica, tamén presenta unha implantación baixa entre os autónomos galegos. Non obstante, cabe destacar o aumento no uso da factura electrónica entre os autónomos/as, que experimentou un aumento de 5,8 puntos no envío de facturas electrónicas e de 3,2 puntos na recepción.

Para mayor información pinchar en  el enlace:  feaga.org/uploads/autónomos e internet 2018.pdf

 

Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: FEAGA-FIRMA

Francisco Javier Pérez Bello

PRESIDENTE

FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA

Rúa) Costa da Unión (antes, Teniente General Gómez Zamalloa), 3, 1 º D.

15005-A CORUÑA

Tfno: 881 250 312

Móvil: 646.840.607

Mail: presidencia@feaga.org     Web: www.feaga.org

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
27/08/2018 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina