Durante a súa participación no acto de clausura do IV Congreso Internacional de AJE Galicia, A directora xeral Comercio da Consellería de Economía e Industria ,Nava Castro, destacou a importancia dos emprendedores como “auténticos protagonistas da reactivación económica” Acto de clausura que tamén contou coa presenza da delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares
Nava Castro lembrou que “actualmente os emprendedores constitúen o activo máis eficaz, para lograr cadrar as contas da recuperación económica” e lembrou que a xeración de emprego, a través da potenciación de todas as vías de emprendemento e do crecemento orgánico corporativo, considéranse prioritarias tanto no Plan Estratéxico de Galicia 2010/2014, como no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento, 2011- 215 (i2C).
A directora xeral de Comercio sinalou que o apoio aos emprendedores e as pemes é unha “prioridade” no departamento que dirixe Javier Guerra e lembrou que nesta lexislatura o Instituto Galego de Promoción aprobou máis de 1.600 operacións de aval na Comunidade, para facilitar o financiamento de circulante a autónomos, microempresas, pemes e empresas, e permitiu o mantemento de máis de 16.000 postos de traballo.
|