Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 28.Marzo.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias

ultima hora 650x130

Plan Ágora-Recomercia

enviar a un amigo

 

Principios orientadores do Plan
 
O sector comercial ten unha importancia vital no desenvolvemento económico e social das cidades, vilas e pobos de Galicia. O comercio significa o 10,12% do Produto Interior Brutode Galicia1 e 45.000 comerciantes xeran máis de 110.000 postos de traballo2.
 
As empresas dedicadas ao comercio teñen un peso relevante sobre a estrutura empresarial de Galicia, representando o 30,6% do tecido empresarial. Este subsector engloba as empresas que desenvolven actividades de venda por xunto, polo miúdo e os intermediarios do comercio. O sector do comercio participa no 39% das empresas de servizos, sendo o sector terciario un 78% do tecido empresarial. Este sector inclúe todas as empresas dedicadas ao comercio, hostalaría, transporte e comunicacións, actividades inmobiliarias e de aluguer,servizos empresariais e servizos públicos.
 
O comercio ten unha alta relevancia para a economía de Galicia pero tamén desempeña outras funcións moi importantes como socialización e integración da poboación, cohesión e seguridade urbana. Así, o comercio supón un activo para as economías locais, tanto desde un punto de vista de calidade urbanística como de atracción turística ou de conservación dos centros históricos, converténdose nun sector estratéxico do sistema económico galego.
 
Por estes motivos, e considerando a actual conxuntura económica, o Goberno da Xunta de Galicia coa Consellería de Economía e Industria traballan para que o sector comercial supere a actual situación económica de crise e se reforce de cara ao futuro, a partir da implementación dun plan de dinamización do comercio de venda polo miúdo de Galicia “Plan Ágora Agora Re-comercia 2010-2013”.
 
Partindo da experiencia ofrecida por anteriores plans e programas existentes en materia de comercio, o Plan Ágora Agora Re-comercia 2010-2013, como instrumento de traballo, pretende:
-          Englobar todas as actuacións para desenvolver pola Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, e encamiñalas de xeito unitario na persecución dos obxectivos marcados para a mellora da competitividade do comercio galego.
-          Fomentar a cooperación e coordinación entre os diferentes axentes, tanto públicos como privados, implicados no sector comercial de venda polo miúdo.
-          Mellorar o deseño das liñas de actuación abertas e introducir outras novas adaptadas á realidade.
 
O Plan anticrise susténtase en tres grandes medidas enfocadas en apoiar ao sector comercial: poñer a disposición dos comerciantes produtos financeiros, incluíndo unha liña específica de créditos brandos e flexibles; un programa para mellorar a cualificación profesional dos traballadores do comercio, incidindo en aspectos como técnicas de venda, trato ao cliente, manexo das novas tecnoloxías e coñecemento de linguas estranxeiras para mellorar a atención e, polo tanto, incrementar as vendas aos turistas; e unha liña de axudas para a reforma dos establecementos e estender o uso de novas tecnoloxías para incrementar a competitividade dos pequenos e medianos establecementos.
 
Programas que configuran o Plan
 
-          Programa I: Creación do Observatorio de Comercio de Galicia e da Rede de Innovación do Comercio (REDIC).
-          Programa II: Mellora da competitividade do comercio.
-          Programa III: Dinamización do comercio galego.
-          Programa IV: Mellora do aprovisionamento das zonas rurais
-         Programa V: Adecuación da estrutura comercial ás características territoriais, sociais, culturais e económicas de Galicia.
 
 
 
Obxectivos principais do Plan e de cada Programa
 
Os obxectivos de cada Programa enmárcanse na liña de ofrecer unha batería de incentivos dirixidos ao sector comercial, co fin que os establecementos comerciais e a súa contorna se adapten ás esixencias actuais do consumidor, á vez que os comercios incorporan ferramentas de innovación necesarias para a mellora da xestión comercial e o apoio á formación.
En conxunto, preténdese contribuír a construír un sector comercial máis competitivo e dinámico.
 
Os obxectivos principais dos 5 programas que contén o Plan Ágora Agora Re-comercia 2010-2013 para o comercio de proximidade son:
 
PI: Creación do Observatorio de Comercio de Galicia e da Rede de Innovación do Comercio (REDIC)
Obxectivo: Estruturar, coordinar e dinamizar a actividade comercial na Comunidade Autónoma de Galicia a través de:
-          Crear a estrutura do Observatorio de Comercio de Galicia como órgano asesor, consultivo, de estudo e formación en materia de comercio; adscrito á Dirección Xeral competente en materia de comercio, cuxa organización e funcionamento se establecerá regulamentariamente.
-          Crear o Consello Galego de Comercio e a Comisión Consultiva como órganos consultivos en materia de ordenación comercial e integrada no Observatorio de Comercio de Galicia.
-          Crear a Rede de Innovación do Comercio (REDIC), adscrita á Subdirección Xeral deComercio, como instrumento de asesoramento e coordinación dos diferentes axentes do sector e dos dinamizadores comerciais.
-          Fomentar o asesoramento técnico no sector do comercio para promover a dinamización e innovación.
-          Impulsar o acceso á información mediante un portal informativo do sector comercial de venda polo miúdo dirixido a todos os axentes a través da REDIC.
-          Proporcionar aos axentes información precisa e de calidade sobre a situación do sector da distribución comercial, favorecendo con iso a toma de decisións empresariais.
PII: Mellora da competitividade do comercio
Obxectivo: Incrementar a competitividade do comercio de proximidade a partir de:
-          Modernizar e adecuar o comercio de venda polo miúdo co fin de que mellore a súa atracción comercial.
-          Adaptar o establecemento ás necesidades do consumidor actual e que o consumidor alcance o servizo desexado.
-          Incorporar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) no sector comercial, para a mellora da xestión comercial, tanto interna como na cadea de subministración.
-          Promover o alcance dun recoñecemento profesionalizado mediante o fomento da formación e a creación dunha formación regrada.
-          Fomentar a profesionalización do sector a partir de coordinar e impulsar as políticas de formación.
-          Mellorar a rendibilidade empresarial a través da promoción e creación de centrais de compra, así como mediante servizos sectoriais. que permitan alcanzar conxuntamente economías de escala e incrementar a dimensión das empresas.
-          Fomentar o comercio de calidade e a mellora da xestión da marca Galicia Calidade e Comercio Galicia Calidade.
P III: Dinamización do comercio galego
Obxectivo: Recuperar a atracción dos centros comerciais abertos a partir de:
-          Rehabilitar os centros comerciais abertos e adaptar a contorna dos mesmos para crear espazos confortables e pracenteiros para realizar compras.
-          Crear polos de atracción comercial nas cidades e vilas.
-          Modernizar os mercados municipais. Mellorar a xestión comercial dos centros comerciais abertos e dos mercados municipais mediante a figura da asociación comercial profesionalizada.
-          Adecuar o mix comercial das polaridades comerciais ás necesidades de compra, actuais e potenciais, baseándose na tipoloxía dos turistas, os visitantes e os residentes (por exemplo, atendendo á poboación de terceira idade, á inmigración etc.).
-          Implicar as administracións locais nas políticas de fomento, dinamización e mellora do comercio e da contorna urbana.
P IV: Mellora do aprovisionamento das zonas rurais
Obxectivo: Mellorar a accesibilidade da oferta ao consumidor residente en zonas rurais, a partir de:
-          Mellorar a competitividade do comercio rural a partir da modernización dos establecementos comerciais e a adaptación do comercio rural ás necesidades do consumidor.
-          Fomentar medios e novas fórmulas comerciais para a mellora do aprovisionamento en zonas rurais.
-          Apoiar a cooperación empresarial para fomentar estruturas con sistemas loxísticos compartidos que coordinen a distribución do produto en zonas tipificadas como rurais. Promover o comercio ambulante como distribuidor en zonas rurais.
P V: Adecuación da estrutura comercial ás características territoriais, sociais, culturais e económicas de Galicia.
Obxectivo: Estimular o comercio local a partir de:
-          Dinamizar o gasto comercial do turista e visitante.
-          Crear sinerxías con outros sectores de actividade comercial e xerar oportunidades de negocio.
-          Mellorar o grao de atracción de clientes potenciais a partir daqueles eventos locais existentes onde se desenvolva un acontecemento puntual, unha actividade económica singular ou ben onde haxa oferta comercial concentrada.
-          Fomentar a cooperación empresarial entre colectivos para equilibrar territorialmente as accións comerciais en todo o territorio galego.
Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
30/07/2010 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina