feaga cabecera ancho
Usuario - - Acceso de Usuarios
Martes - 22.Mayo.2012

Federación de Autónomos de Galicia
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
Convenios
Enlaces de Interés
                          leis Para o Autónomo
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos Lexislación
Noticias de Prensa
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Servicios para autonomos en Galicia
DESTINO EMPLEO
Programa Consolidación Emprendedores
CLUB DE EJECUTIVOS DE ASOCIACIONES KORAZZA
Punto Emprende
GALERIA
A VOZ DOS AUTÓNOMOS
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Enlace apoyo autonomos
Enlace caype
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
FEIRA DE MOSTRAS DA CORUÑA
FERIA DE MUESTRAS DE OURENSE
AMPAGA
LEY DE COMERCIO INTERIOR DE GALICIA
RED EMPLEALIA
REDE CORUÑA EMPREGA
RED TICOS
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias

ultima hora 650x130

PORTELO ELECTRONICO PARA O REXISTRO DE AUTONOMOS ECONOMICAMENTE DEPENDENTES

recomendar  contenido a un amigo

O INEM abre un portelo electrónico para o rexistro dos autónomos económicamente dependentes

O Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE, antigo INEM) puxo en marcha o pasado mes de abril un portelo electrónico para o rexistro dos contratos dos Traballadores Autónomos Economicamente Dependentes (TAED) que servirá como alternativa ao rexistro presencial nas Oficinas de Prestacións do SPEE, en funcionamento desde o pasado mes de febreiro.

Durante a presentación da nova ferramenta informática, á que se pode acceder desde o 2 de abril, o director xeral de Economía Social, Traballo Autónomo e Fondo Social Europeo, Juan José Barrera explicou que os contratos que os TAED asinen a partir de agora deberán rexistrarse "de forma obrigatoria" a través de calquera destes dous sistemas.

Mentres, os rubricados con anterioridade dispoñerán dun período transitorio ata a aprobación do regulamento que rixe o seu funcionamento.

A partir dese momento, os traballadores que aínda non rexistren o seu contrato terán un prazo de seis meses para solicitar o seu rexistro aos empresarios ou clientes aos que presten os seus servizos. Pola súa banda, estes dispoñerán dun máximo dun ano para aceptar estas novas condicións.

Neste sentido, Barrera explicou que só os sectores de transportes e seguros, os "máis importantes", contarán cun prazo de 18 meses para proceder ao rexistro.

Tanto a alternativa presencial como a electrónica permiten que o rexistro sexa realizado polo traballador, polo empresario ou por un representante.

Sen embargo, á hora de utilizar a versión 'online', os usuarios terán que dispoñer de sinatura electrónica e, no caso de que sexa o representante o que faga o trámite, unha autorización previa do empregado.

Respecto aos rexistros realizados ata o momento, o director xeral explicou que aínda non dispoñen de datos de inscrición a través de esta alternativa electrónica porque "algunhas comunidades autónomas estiveron rexistrando contratos pola súa conta ata este momento" e aínda teñen que facilitar as súas propias cifras.

Non obstante, calculou que "en torno a 300.000 traballadores", é dicir, arredor do 10% do total de autónomos, poderían estar rexistrados unha vez se aprobe o regulamento.

Por sectores, Barreira sinalou que os axentes de seguros de exclusividade e os transportistas serán os de maior presenza neste novo rexistro.

Preguntado polo calendario para a aprobación do regulamento que regulará a contratación dos TAED, Barreira comentou que "en breve" trasladarase un segundo borrador ás organizacións de autónomos e ao resto de axentes sociais.

Tralas súas observacións, o Ministerio de Traballo elaborará un documento definitivo, un trámite que, segundo o Director Xeral, podería durar de 25 a 30 días.

O seguinte paso será o trasladalo ao Consello de Estado, onde, segundo estimou, podería permanecer entre un mes e medio e dous meses. "Antes de irnos de vacacións queremos telo aprobado", engadiu.

Así mesmo, Barrera sinalou que o novo texto regulará, ademáis deste sistema de inscrición, a elaboración dos propios contratos do colectivo e a creación dun rexistro de asociacións de autónomos.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
09/04/2008 ir arriba

Novedades
Concello de Arteixo
Concello de A Coruña
Concello de Oroso
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
La banca teme que el Gobierno le pida más de 20.000 millones para el Fondo de Garantía
Lo + visto
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2011
PRESTACION POR DESEMPLEO PARA AUTONOMOS
Servicio Galego de Colocación
Página cofinanciada con fondos FEDER y cpor el Mº Industria Turismo y Comercio
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Rúa Sinforiano López, 55 Baixo - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.: 981 151 453
Produce i latina software, s.l. - posicionamiento en buscadores