Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 17.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias

ultima hora 650x130

Tipo Xuros para o segundo semestre do 2011 para operacións co IGAPE

enviar a un amigo

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2011 pola que se publica o tipo de xuro para o segundo semestre de 2011 para as operacións acollidas a diferentes convenios e programas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Segundo se establece nos convenios de colaboración asinados entre o Instituto Galego de Promoción Económica e diversas entidades financeiras para operacións acollidas a eles, o tipo de xuro variará por semestres naturais e publicarase no Diario Oficial de Galicia; condición que tamén se establece en distintos programas de axuda do Instituto.

Polo que antecede, e unha vez verificados os datos relativos á evolución do mibor e euribor, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,

RESOLVO:

Primeiro. Os tipos de xuro de referencia para o segundo semestre de 2011 para as operacións acollidas aos seguintes convenios e programas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) serán os seguintes:

– Préstamos dos convenios de apoio financeiro ás pemes 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006: 1,707%.

– Préstamos do convenio de apoio financeiro ao sector pesqueiro de Galicia (DOG n.º 133, do 10 de xullo de 2001): 1,707%.

– Programa de apoio financeiro aos establecementos turísticos, hostalaría e comercio retallista nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (DOG n.º 194, do 5 de outubro de 2007): 1,707%.

– Programa de préstamos para financiar producións audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 87, do 7 de maio de 2002): 1,707%.

– Programa de préstamos para financiar proxectos emprendedores na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 63, do 31 de marzo de 2003): 1,707%.

– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG n.º 222, do 15 de novembro de 2004): 1,707%.

– Programa de préstamos para financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 84, do 3 de maio de 2005): 1,707%.

– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de armadores e agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG n.º 195, do 9 de outubro de 2006): 1,707%.

– Convenio entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para emprendedores (DOG n.º 195, do 9 de outubro de 2006): 1,707%.

– Convenio entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para proxectos de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 195, do 9 de outubro de 2006): 1,707%.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG n.º 101, do 28 de maio de 2007): 1,707%.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para producións audiovisuais e investimentos en bens de equipo a realizar por pemes do sector audiovisual galego, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG n.º 216, do 8 de novembro de 2007): 1,707%.

– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG n.º 244, do 19 de decembro de 2007): 1,707%.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG n.º 47, do 4 de marzo de 2008): 1,707%.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Programa Re-imaxina), liñas 2 e 3 (DOG n.º 148, do 30 de xullo de 2009): 1,707%.

– Bases reguladoras para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-invirte Ferrol) (DOG n.º 142, do 27 de xullo de 2010 e DOG n.º 40, do 28 de febreiro de 2011): 1,707%.

Segundo. As entidades financeiras deberán comunicarlles aos beneficiarios dos préstamos subvencionables a variación do tipo de xuro.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2011.

Francisco Javier Álvarez Barbeito
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
29/06/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina