A Universidade de Vigo, a Cidade Universitaria así como a Fundación Universidade de Vigo teñen unha especial sensibilidade pola situación que atravesan as persoas que queren iniciar novos proxectos empresariais. Para fomentar o espíritu emprendedor no colectivo universitario, é preciso dotalo dun entorno de protección e asesoramento que permita maximizar as posibilidades de materialización das ideas en novos proxectos emprendedores. Con este espírito nace o proxecto de Pre-incubadora INCUVI que pretende impulsar as iniciativas emprendedoras de estudantes da Universidade de Vigo de xeito que as súas posibilidades de viabilidade real e futura sexan máximas.
Neste contexto e co obxecto de materializar o comenzo deste proxecto, a Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento, convoca a I Edición dos Premios INCUVI-Emprende, no que se premiarán ás ideas emprendoras dos estudantes ou recén titulados da Universidade de Vigo cunha estadía gratuita na Pre-incubadora.
OBXECTO
Promover e premiar a elaboración dunha idea de negocio creativa que poderá basearse en calquera das ramas do coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade Vigo. Poderán ser elaboradas individualmente ou en grupos dun máximo de catro estudantes, neste caso un dos estudantes actuará como coordinador.
DESTINATARIOS
- Estudantes ou titulados no curso 2008/09 ou posteriores.
- Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de catro
PRAZO
Ata o 1 de decembro de 2011, no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo dirixido ao Vicerreitor de Transferencia de Coñecemento.
Unha copia electrónica da idea empresarial enviarase a transferencia@uvigo.es.
DOCUMENTACIÓN
- Formulario de inscrición accesible na pagina web http://transferencia.uvigo.es/
- Resgardo de matrícula no caso de estudantes.
- Copia compulsada do título ou certificación de pagamento dos dereitos de expedición do mesmo no caso de titulados.
- Currículum Vitae de todos os solicitantes.
- Carta de interés na que os solicitantes xustifiquen a súa motivación na participación nesta edición así como as súas expectativas en caso de resultar gañadores.
Ademáis deberán achegar por correo electrónico ao enderezo transferencia@uvigo.es:
- Descrición da idea emprendedora cunha extensión máxima de 10 páxinas A4 en formato .pdf, facendo constar expresamente que se trata dunha proposta orixinal.
PREMIOS
6 premios, consistentes nunha subvención dos costes da estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos da preincubadora INCUVI.
A estancia suporá a dispoñibilidade dunha oficina de 15 metros cuadrados, acondicionada con mobeis de oficina e aire acondicionado individual, así como o servizo gratuito de electricidade, limpeza e ADSL
|