Para o seu coñecemento, comunícolle que o DOG nº 25 de data 6 de febreiro de 2017 publica a Orde do 23 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2017.
O certame ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo ente o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
A presentación de solicitudes farase exclusivamente por vía telemática e o prazo de presentación remata o 30 de abril de 2017
Pode acceder ao texto publicado no DOG no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170206/AnuncioG0424-270117-0003_gl.pdf
feaga.org/uploads/CARTEL Cooperativismo no ensino.pdf
|