feaga cabecera ancho
Usuario - - Acceso de Usuarios
Lunes - 06.Febrero.2012

Federación de Autónomos de Galicia
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
Convenios
Enlaces de Interés
                          leis Para o Autónomo
Noticias sobre los Autónomos
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Servicios para autonomos en Galicia
Servicios para Asociados FEAGA ASOCIADOS
Servicios Xerais Xerais
GALERIA
A VOZ DOS AUTÓNOMOS
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Enlace apoyo autonomos
Enlace caype
FEIRA DE MOSTRAS DA CORUÑA
FERIA DE MUESTRAS DE OURENSE
AMPAGA
LEY DE COMERCIO INTERIOR DE GALICIA
RED EMPLEALIA
REDE CORUÑA EMPREGA
RED TICOS
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Punto Emprende
Estás en: Servizos > Xerais

ultima hora 650x130

Servicio Galego de Colocación

recomendar  contenido a un amigo

Informe do Servicio de Orientación Laboral da Federación de Autónomos de Galicia

Desde o 1 de Xaneiro de 1.997 está funcionando o SERVICIO GALEGO DE COLOCACIÓN posto en marcha pola Xunta de Galicia a través dunha rede de 200 Centros en toda Galicia, destinado a que calquera desempregado ou traballador poida atopar un emprego ou mellorar o que xa ten, e a que as empresas atopen os traballadores máis axeitados para cubrir o posto que necesiten.

O Servicio Galego de Colocación ten dúas opcións: demandas e ofertas.

No primeiro caso o demandante (persoa que busca emprego) diríxese a un Centro Asociado onde lle van confecciona-lo seu Curriculum Vitae mediante unha entrevista persoal. Unha vez cuberto e asinado polo demandante, o currículo é introducido na base de datos do Servicio, onde automaticamente será emparellado con aquelas ofertas empresariais que se poidan axustar ás súas características.

En canto ás ofertas, calquera empresario pode solicitar a través deste Servicio un traballador que se adapte ás características do posto que se desexa cubrir. A introducción das ofertas na base de datos pódese facer mediante unha entrevista persoal ou telefonicamente, sempre e cando o empresario teña fax para asina-la solicitude.

O labor do Centro, unha vez que a base de datos emparella ofertas e demandas, é pór en contacto ó empresario con aquela persoa ou persoas que se axusten ó perfil solicitado, e facer un seguimento do proceso de selección ata a súa conclusión.

Se vostede necesita cubrir un posto de traballo pode achegarse á nosa oficina, previa cita, onde recibirémo-la súa oferta e introducirémo-la na base de datos, da que sairá un listado de demandantes que se axuste ó perfil solicitado. Ó mesmo tempo, se ten vostede un fillo ou familiar no paro, pode acudir á nosa oficina para cubri-lo seu currículo e introducirémolo na base de datos para axudalo a buscar emprego (Teléfono e Fax: 981151453).
Nuestra Asociación de Autónomos de Galicia, tiene la condición de Centro Asociado del Servicio Galego de Colocación. gracias a un Convenio firmado al efecto, con la Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. A través de este programa, desarrollamos tres tipos de actuaciones: en primer lugar, se introducen "curriculum vitae" de demandantes de empleo en la base de datos del Servicio, a fin de ayudar a estas personas a encontrar un puesto de trabajo. En segundo lugar, se introducen ofertas de empleo que recibimos por parte de empresas que necesitan cubrir un puesto de trabajo.

ORIENTACIÓN LABORAL A DEMANDANTES DE EMPREGO “POR CONTA ALLEA”

Neste apartado a Asociación de Autónomos de Galicia, a través do seu Técnico de Orientación Laboral, realiza entrevistas ocupacionais en profundidade ós demandantes de emprego co fin de ofrece-la opción máis axeitada a cada solicitante de emprego, tendo en conta o seu perfil. Desta maneira trátase de converte-los curricula vitae en algo activo, detectando as aptitudes, coñecementos, experiencias e actitudes dos demandantes fronte ó emprego, como instrumento para determina-las accións que se deben levar adiante e construír un itinerario de inserción laboral que debe culminar coa integración do demandante no mercado do traballo.

A través del Servicio Galego de Colocación llevamos a cabo también un servicio de Orientación Laboral, mediante entrevistas personalizadas con demandantes de empleo, en ls que se analiza el "curriculum vitae" de estas personas y se traza un itinerario profesional adecuado a sus cualidades personales y profesionales. Nuestro Orientador se ha entrevistado en el último año con más de trescientos demandantes de empleo. Recomendamos muy especialmente a nuestros asociados que tengan hijos demandantes de empleo, el inscribirse en este Servicio, ya que es un sistema gratuito y en muchos casos de gran eficacia para conseguir un puesto de trabajo.

O APOIO ÓS EMPRENDEDORES

Dentro das políticas activas de emprego e co obxecto de combate-lo paro, a Unión Europea dá unha especial relevancia ó asesoramento para o autoemprego, consciente de que a pequena e mediana empresa e concretamente o autoemprego individual ou colectivo (é dicir, os traballadores e traballadoras autónomos) van ser o motor principal de emprego. Por isto, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, puxo en marcha o ÁREA DE AUTOEMPREGO, coa que se pretende achegar ó cidadán tódolos medios dispoñibles para a realización do seu “PROXECTO EMPRESARIAL”. A Área de Autoemprego estructúrase nunha serie de Entidades Colaboradoras ás que se remiten os emprendedores para que se lles facilite o asesoramento necesario para definir e avaliar o seu proxecto de empresa e, unha vez definido, poder acceder a un Plan de Empresa co seu correspondente plan de viabilidade. Neste servicio colaboran distintas Entidades como asociacións empresariais, concellos, fundacións, cámaras de comercio, colexios profesionais, etc. Como é natural, a Federación de Autónomos de Galicia é unha desas Entidades colaboradoras, xa que desde sempre apostamos pola creatividade, a imaxinación, a libre iniciativa, a asunción dun risco, que son algúns dos valores que caracterizan ós autónomos.

Nos aspectos específicos de asesoramento a emprendedores (entendendo por emprendedor como aquela persoa física que teña vontade de crear, polo menos, o seu posto de traballo mediante a posta en marcha dunha actividade económica), o obxectivo é dobre: Avaliar as capacidades do emprendedor e avaliar a viabilidade do proxecto mediante a realización dun PLANO DE EMPRESA.

Analizaranse as diversas formas xurídicas que lle poden dar cobertura co fin de elixir a máis viable, estudiando os trámites de constitución e legalización, así como as obrigas sociais e bonificacións.

Por último infórmase ó emprendedor sobre as axudas que ofrecen as diversas administracións, en forma de subvencións e bonificación

A ÁREA DE AUTOEMPREGO pretende que todos aqueles que teñan un proxecto viable de empresa poidan poñelo en marcha. Este é un labor importantísimo no que a Federación de Autónomos de Galicia está decidida a colaborar de xeito firme e decidido, pois entendemos, e os datos así o proban, que os traballadores e traballadoras autónomos somos o principal instrumento de creación de riqueza e emprego en Galicia, España e Europa.

O servizo de asesoriamiento específico para o autoempleo, vai destinado a emprendedores que desexan establecerse como Autónomos, indicándolles a forma xurídica máis axeitada ao seu proxecto, así como as posibles axudas ás que poderían optar en cada caso, ademais de elaborar un proxectos de viabilidade do futuro negocio.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
10/11/2007 ir arriba

Novedades
Resolución de 26 de enero de 2012, de la Secretaría General de Industria y de la Pequeña y Mediana E
Resolución de 18 de enero de 2012, de la Secretaría General de Pesca, por la que se publican las sub
Resolución de 30 de diciembre de 2011, de la Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Inn
Cerceda: Convocatoria subvencións municipais para a realización de actividades culturais e deportiva
Modificación das bases reguladoras da concesión de subvencións para bolsas de colaboración en oficin
Lo + visto
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2011
PRESTACION POR DESEMPLEO PARA AUTONOMOS
Servicio Galego de Colocación
Página cofinanciada con fondos FEDER y cpor el Mº Industria Turismo y Comercio
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Rúa Sinforiano López, 55 Baixo - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.: 981 151 453
Produce i latina software, s.l. - posicionamiento en buscadores