Usuario - - Acceso de Usuarios
Sábado - 31.Julio.2010

FEAGA
Obxectivos
Servizos
Convenios
Ofertas
Actividades
Noticias
A Revista
Asociarse
Estudos e Guías
Enlace apoyo autonomos
FEIRA DE MOSTRAS DA CORUÑA
Enlace caype
Estás en: Obxectivos

SEGURIDADE SOCIAL PARA OS AUTÓNOMOS

recomendar  contenido a un amigo

A equiparación do Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores Autónomos co Réxime Xeral, en materia de prestacións, é unha demanda unánime e urxentísima. Estas son algunhas das nosas propostas:

1. Dereito de percibi-lo seguro de desemprego para tódolos Autónomos no caso de peche da empresa, establecendo un sistema de cotizacións similar ó dos traballadores por conta allea.

2 Extensión do seguro de desemprego a cónxuxes, ascendentes e descendentes ata o 2º grao, que establezan contratos de traballo co Autónomo e paguen as cotas correspondentes.

3. Extensión das bonificacións nas cotas da Seguridade Social ós contratos de traballo celebrados por un Autónomo co seu cónxuxe ou parente ata o 2º grao.

4. Xubilación anticipada a partir dos 60 anos, nas mesmas condicións establecidas para os traballadores do Réxime Xeral. Neste punto, a última reforma (Lei 47/98, de 23 de decembro, B.O.E. do 29/12/98), vén empeora?la situación anterior ó esixir a aqueles que, sendo Autónomos na actualidade, desexen acceder á xubilación anticipada, que acrediten que unha cuarta parte das cotizacións efectuadas ó longo da súa vida laboral fosen a un réxime que contemple o beneficio da xubilación anticipada. Ata agora abondaba con cotizar un só día a algún deses réximes.
O Réxime de Autónomos non contempla a xubilación anticipada.

5. Consideración da prestación de Incapacidade Temporal como rendemento do traballo, a efectos da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, posto que desta forma tería un tratamento fiscal máis favorable que na súa actual consideración de rendemento empresarial. A prestación de incapacidade temporal que percibe un traballador por conta allea considérase rendemento de traballo e xera o correspondente dereito á deducción prevista por tal concepto.

6. As baixas presentadas fóra do prazo non teñen efectos en materia de prestacións, se ben deben ser ingresadas as cotizacións cos seus correspondentes recargas e sanción correspondente. Solicitamos que a partir do segundo recibo impagado, a Seguridade Social aplique de maneira automática a baixa, absténdose de pasar ó cobro novos recibos, sen prexuízo de que, se a falta de pagamento se debe a motivos distintos ó cese de actividade, o titular poida demostralo e pagar eses recibos fóra de prazo, coas recargas e sancións aplicables.

7. Acceso progresivo ó Réxime de Autónomos para todas aquelas persoas que inician unha actividade, como medida de fomento do emprego: o primeiro ano, exento de cotización; o segundo ano, 30% da Base mínima; o terceiro ano, 60% da base mínima; o cuarto ano, 100% da base mínima.
Posibilidade para tódolos Autónomos de se acoller á COTIZACIÓN A TEMPO PARCIAL, en función das horas realmente traballadas na actividade da que se trate, axustando o seu recibo de Autónomos e, polo tanto, a súa cotización á Seguridade Social ás horas realmente traballadas, igual que ocorre cos traballadores do Réxime Xeral.

8. No Réxime de Autónomos non colle o incremento do 20% da Base Reguladora pola incapacidade permanente total cualificada cando o traballador é maior de 55 anos. Solicitámo?la equiparación co Réxime Xeral neste punto (Aprobado recentemente).

9. Un Autónomo con 65 anos e 15 de cotización percibe unha pensión inferior ó Salario Mínimo Interprofesional. Solicitamos unha modificación no senso de que a pensión mínima no Réxime de Autónomos se equipare ó salario mínimo interprofesional.

10/11/2007 ir arriba
COMENTARIOS añadir comentario
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novedades
EL CONGRESO APRUEBA LA LEY QUE REGULA LA PRESTACIÓN POR CESE DE ACTIVIDAD DE LOS AUTÓNOMOS
Datos RETA mes de junio
La Xunta rebajará los impuestos para reactivar el sector de la viviendo
El senado aprueba el proyecto de ley que regula el paro de los autónomos
AGESTIC Y ASIMELEC presentan la propuesta HOGAR DIGITAL.
Ley 15/2010, que establece las medidas de lucha contra la morosidad en las operaciones comerciales
Datos R.E.T.A. mes de mayo
Axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia 2010
Subvencións para a producción e publicación de contidos dixitais
calendario laboral 2011
Creado con
GestionMax
novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. G-15.440.639 | Rúa Sinforiano López, 55 Baixo - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.: 981 151 453
Produce i latina software, s.l. - posicionamiento en buscadores